O 1º Congreso da FeSP-UGT Galicia reelixe a Delia Irene Martínez Conde

O Congreso da FeSP-UGT de Galicia insta a Xunta e o goberno estatal a que reforcen os servizos públicos no marco dos plans de reconstrución económica e social postpandemia e abran a negociación para dar continuidade o Acordo 2018-2020 e continuar coa recuperación gradual de salarios, emprego e dereitos das empregadas e empregados públicos.

O Congreso fai un recoñecemento os empregados e empregadas de servizos públicos esenciais, unha chamada a responsabilidade social e individual, a avanzar na vacinación universal e con criterios éticos, e unha denuncia do goberno estatal e autonómico que non tomaron medidas para afrontar a segunda nin a terceira onda COVID en mellores condicións.

 

Os delegados e delegadas convocados ao 1º Congreso Rexional da Federación de empregadas e empregados dos Servizos Públicos de Galicia, reelixiron á compañeira Delia Irene Martínez Conde para seguir liderando a Comisión Executiva Rexional co 98 por cento dos votos. O congreso, que se celebrou en Santiago de Compostela tivo como lema "O Público, o noso compromiso”. A nova Comisión Executiva quedou formado polos seguintes compañeiros e compañeiras:

Sª Xeral

Delia Irene Martínez Conde

Sº de Organización

Felipe Balboa Fernández

Sª de Coordinación Electoral e Afiliativa

Fina Martínez Bao

Sª de Administración e Formación

Antonio Díaz Seara

Sª de Igualdade

Susana Carballal Graña

Sª Sector da Administración Xeral do Estado

José Angel Carreira Martín

Sª Sector de Administración Autonómica

Lino Díaz Goas

Sª Sector de Administración Local

José Domingo Barros Montáns

Sª Sector Postal

Elvira Maceiras Piñeiros

Sª Sector de Saúde, Servizos Sociosanitarios e Dependencia

Javier Martínez Fente

Sª Sector de Ensino

Sandra Montero Nogareda

Sª Sector de Servizos á Comunidade

Juan Carlos Corredoira Barral

 

O Congreso fai un recoñecemento os empregados e empregadas de servizos públicos esenciais de primeira liña que na fai 1 ano enfrontaron esta batalla contra a COVID con recursos escasos polos recortes de anos precedentes, cunha gran incerteza sobre o inimigo a bater, e sen medios para evitar e tratar cun inimigo mortífero.

As GRAZAS se acompañan dun chamamentos a manter a responsabilidade social e individual, a avanzar na vacinación universal e con criterios éticos, e celebra os avances nos tratamentos, isto é a nosa esperanza para minimizar a mortalidade e a morbilidade desta pandemia.

Unha denuncia ao goberno estatal e autonómico que non tomaron medidas para a segunda nin a terceira onda COVID, e a esixencia de responsabilidades pola falla de medidas de seguridade e saúde e a afectación mortífera que desencadeou no persoal de atención sanitaria e nos maiores da residencias, maioritariamente privadas e demanda de recursos extraordinarios para permitir a maior compensación posible a persoas traballadores e empresas para protexer o emprego.

Mentres o Sindicato cumpre, estivemos, estamos e estaremos, atendendo, coas sedes abertas, asesorando, apoiando e demandando a todos os niveis unha saída xusta, unha reconstrución para as persoas, construíndo en igualdade.

O traballo realizado por FeSP-UGT abriu en 2018 o camiño da recuperación progresiva de parte dos dereitos recortados ao persoal empregado público e aos servizos fundamentais do Estado. A nosa campaña AGORA Salarios, Emprego e dereitos deu os seus froitos co Acordo estatal de Emprego, o Acordo galego de concertación, o Acordo de Ensino público e de Xustiza, que supuxeron avances importantes, retributivos, de emprego e dereitos recuperados.

O sindicato acadou con carácter de básico e común para todas e todos os empregados públicos, a recuperación da paga de IT o 100%, das pagas extras, e incrementos salariais entre 2018 e 2020 do 7%, que descontando o IPC representa unha recuperación real de poder adquisitivo do 5,5%, sen ter en conta os incrementos salariais por outros acordos de retribucións complementarias como carreira profesional e outros específicos de carácter sectorial.

Valóranse os avances tanxibles e certos e mantense a reivindicación e mobilización, o noso modelo é un modelo de proposta e negociación dende un positivismo innovador, cun discurso no que teñan sentido as nosas decisións e se ofrezan respostas  aos problemas e ás incertezas, un discurso que se debe acompañar coa ética do comportamento que impregna a nosa acción sindical, tanto nas propostas para expor como nos medios para conseguilos.

Ante a Xunta de Galicia e a nivel estatal, o Sindicato demanda un novo Acordo sindical para seguir recuperando dereitos, salarios e emprego, as negociacións comprometidas cos sindicatos asinantes do Acordo de emprego 2018-2020 para dar continuidade os mesmos cun novo Acordo están paralizadas.

No marco do Diálogo social confederal co goberno estatal e co goberno galego, o sindicato está comprometido e actúa en defensa do imprescindible o reforzamento das políticas e dos servizos públicos, no marco das medidas de recuperación económica e social postpandemia.

Ademais, temos que acadar que as leis estais e galegas en materia de simplificación administrativa e adaptación das administracións públicas, para a reactivación, non menoscaben e respecten dereitos laborais e o dereito a negociación colectiva das e dos empregados públicos.

En definitiva, “O Público, o noso compromiso”, traballo e compromiso para continuar recuperando dereitos, salarios e emprego, por unha reconstrución postpandemia xusta e que reforce os servizos públicos, con emprego de calidade e dereitos para todas e todos os empregados públicos de xestión pública ou privada.