O 1º Congreso da FeMC-UGT de Galicia reelixe a Eladio Romero

Fecha: 18 Feb 2021

Os delegados e delegadas convocados ao 1º Congreso Rexional da Federación de empregadas e empregados dos Servizos para a Mobilidade e o Consumo, FeSMC-UGT,  de Galicia, reelixiron a Eladio Romero Ares para seguir liderando a Comisión Executiva co apoio do 92,85 por cento dos votos. O congreso, que se celebrou en Santiago de Compostela este 24 de febreiro,  tivo como lema "O cambio que precisamos”. A nova Comisión Executiva quedou formado polos seguintes compañeiros e compañeiras:

Sº Xeral

Eladio Romero Ares

Sª de Organización

Beatriz Meilán del Río

Sº de Administración e Comunicación

Daniel Antelo Pérez

Sª de Formación e Adxunta a Organización

Sonia Abeijón Melón

Sº de Acción Sindical e Saúde Laboral

Jesús Mosquera Rivas

Sª Igualdade e Asuntos Sociais

Cristina Calvo Espasandín

Sº de Políticas de Ocupación

Jesús Mª Álvarez Fernández

Neste Congreso, na apertura, interviñeron, entre outros, Ángel Iglesias, secretario xeral de UGT-A Coruña e Cee, Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias e Antonio Oviedo, secretaroio xeral de FeSMC-UGT de Madrid, quenes coincidiron en que é hora de darlle recoñecemento aos sectores que estiveron dando a cara e dando servizo ao conxunto da sociedade, Sectores como o sanitario ou as forzas de orde público cumpriron un papel esencial e moi visible durante a pandemia, pero detrás estiveron moitas traballadoras e traballadores que tiveron, e que teñen, que seguir traballando en condicións moi difíciles para que non quede paralizada a totalidade da sociedade.

Detrás están o sector do transporte, de mercadorías ou viaxeiros, o comercio, a limpeza, o sector de bancos e caixas de aforro, o de seguridade ou as telecomunicacións, entre tantos outros, que non pararon para que nada parara e que non tiveron o recoñecemento  que merecen.

Nesta mesma liña incidiron os intervintes no acto de clausura, José Antonio Gómez, secretario Xeral de UGT-Galicia, Miguel Ángel Cilleros, secretario xeral de FeSMC-UGT estatal e Eladio Romero, secretario xeral reelixido de FeSMC-UGT de Galicia.

José Antonio Gómez advertiu que a pandemia levou, polo ben xeral, a aparcar reivindicacións como a derrogación das leises que afondaban nos recortes sociais e economicos e agora sería o momento de volver a retomar estas reivindicacións, pero “hai que ter moito ollo, porque xa volven ás andadas” e temos que estar moi alerta para evitar que a pandemia se convirta en unha nova escusa para volver a recortar dereitos e condicións sociais e económicas.

Miguel Ángel Cilleros destacou o papel xogado polo sindicato durante esta crise pandémica, atendendo ao resto dos traballadores. Insistiu en que “non valen os aplausos a título póstumo” para o conxunto da clase traballadora que tando deu durante esta pandemia, senon que se ten que recoñecer xa, agora, na negociación colectiva, na recuperación dos dereitos, na urxente derrogación da reforma laboral na suba do SMI e que calquera modificación do actual sistema de pensións ten que pasar pola derrogación da reforma do ano 2013.

Tanto Gómez como Cilleros coincidiron en esixir que os fondos de recuperación da UE sexan aproveitados para apostar por un cambio e un novo modelo produtivo para o país.

Eladio Romero agradeceu o apoio recibido e sinalou que o obxectivo da nosa organización é o de dignificar o sector de servizos e darlle respostas adaptadas aos cambios tecnolóxicos e sociais.

Fuente: UGT-Galicia