O 13 Congreso de UGT-Vigo reelixiu a Ernesto Fontanes como secretario Xeral

O 13 Congreso da Unión Comarcal de UGT de Vigo, celebrado hoxe,  elixiu a nova executiva que encabeza Ernesto Fontanes Blanco, que repite un novo mandato. A nova Comisión Executiva Comarcal queda composta por:

Secretario Xeral

Ernesto Fontanes Blanco

Secretario de Organización

Javier Castro Rodríguez

Secretaria de Política Social

Mónica Suárez Silva

Secretario de Administración

José Manuel Rodríguez Portela

Secretaria de Igualdade e Movementos Sociais

Alba Luz Moldes González

Secretaria de Saúde Laboral e Formación

Soledad Collado Paz

Secretaria de Comunicación e Xuventude

Concepción Martinez Rodríguez

 

Tanto o secretario xeral de UGT-Galicia como o reelixido secretario xeral de UGT-Vigo nas súas respectivas intervencións fixeron unha análise da situación actual e coincidiron en demandar a urxente derrogación da reforma laboral; a suba do SMI; que calquera modificación do actual sistema de pensións ten que pasar pola derrogación da reforma do ano 2013; apostaron porque os fondos de recuperación da UE sexan aproveitados para apostar por un cambio e un novo modelo produtivo para o país; e tamén coincidiron nun firme recoñecemento cara o papel dos traballadores e traballadoras nesta pandemia, sobre todo, aqueles que estiveron ó fronte nos momentos máis complexos, e tamén recoñeceron o traballo que están a facer na actual conxuntura os e as representantes do Sindicato.