No Día internacional da xuventude UGT-Galicia denuncia que a mellora da situación económica tampouco está chegando aos máis mozos e mozas que sofren máis desemprego, máis temporalidade e menores salarios

Fecha: 06 Nov 2019

As mozas e osmozos galegos, a pesar do seu bo nivel formativo, soportan taxas deparo superiores ao resto da poboación, fortísimas perdas depoboación activa polo efecto desánimo, altas taxas de parcialidadee temporalidade e salarios moito máis baixos. Isto conduce a unhasituación de vulnerabilidade que urxe corrixir co fin de consolidarun mercado laboral máis xusto para todos e todas, áxil e eficiente.Sobre todo, nun contexto de crecemento económico, é necesario queeste chegue a todos e todas, incluídas as persoas máis mozas que,finalmente, son o futuro do país e as que marcarán o rumbo domercado laboral de cara aos vindeiros anos.

Estasson as principais conclusións do informe realizado pola Secretaríade Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia sobre omercado laboral das persoas máis mozas en Galicia, con motivo dacelebración hoxe, día 12 de agosto, do Día internacional daxuventude.

BAIXAO PARO EN 10.700 MOZOS E MOZAS PERO BAIXA A POBOACIÓN ACTIVA EN11.400 MENORES DE 35 ANOS, AÍNDA MÁIS QUE O PROPIO DESEMPREGO NESTESECTOR DA POBOACIÓN

Entrandode cheo no informe, que está elaborado en base aos datos da EPA dosegundo trimestre de 2019, en comparación co mesmo período do ano2018, constátase unha diminución do desemprego entre as persoasmáis mozas (menores de 35 anos) en 10.700 persoas no último ano,aínda que este dato, que nun principio debería ser positivo, quedamatizado e totalmente absorbido pola alarmante perda de poboaciónactiva neste mesmo período e nesta mesma franxa de idade, en 11.400persoas menos.

Así,a baixada a poboación activa nesta franxa de idade aínda ésuperior á baixada do desemprego, o que amosa que non hai lugar acelebración nin positivismo de ningún tipo.

ATAXA DE PARO XUVENIL É DO 16%, 4,7 PUNTOS SUPERIOR AO RESTO DEIDADES

Oinforme arroxa unha realidade certamente preocupante cunha taxa deparo xuvenil en Galicia do 16%, 4,7 puntos superior ao do resto dapoboación, e unha taxa de actividade que se contrae nun punto e seisdécimas no último ano, pasando do 62,2 por cento no 2018 ao 60,7por cento actual.

Estaperda de actividade entre a mocidade está relacionada, non só coenvellecemento da poboación, senón tamén co efecto desánimo dasmozas e dos mozos galegos que, vendo poucas perspectivas de emprego,deciden continuar formándose retomando os seus estudos ou optar polaemigración cara outros contextos con maiores oportunidades.

DendeUGT-Galicia insístese en que esta realidade, a relación que existeentre a baixada do desemprego e a perda de de poboación activa, éobviada sistematicamente polo Goberno galego cando publicita os datosmes a mes do desemprego en Galicia.

Ademais,aínda que o desemprego diminúa, non se pode esquecer a lacra doparo de longa duración, é dicir, aquelas persoas que levan máisdun ano no paro. En Galicia o 28% das persoas desempregadas menoresde 35 anos xa están nesta situación.

O24,4% DAS PERSOAS DESEMPREGADAS MENORES DE 30 ANOS TEÑEN EDUCACIÓNSUPERIOR

Preocupaun dato que arroxan as estatísticas. O 24,4% por cento das persoasdesempregadas menores de 30 anos no Estado teñen educación superior(non existen datos a nivel de Galicia), subindo en relación ao anoanterior, cando era un 22,2. Era coñecido que a menor nivelformativo as dificultades para acceder ao mercado laboral tamén eranmaiores, de feito esta taxa aumenta ata o 35,1% no caso daqueles queteñen, como moito, a primeira etapa de educación secundaria ousimilar.

Porsectores, o 73,8% dos e das menores de 35 anos atópanse no sectorservizos, caracterizado por unha maior precariedade.

Outrodato que subliña o estudo é que o 85,3% das mozas e dos mozosgalegos están afiliados ao réxime xeral e o 11,7% ao de autónomos.Neste último caso, constátase unha baixada de case un punto depersoas menores de 35 anos nun ano, a pesar de que unha gran partedos incentivos, axudas e subvencións das administracións vandirixidas ao fomento deste tipo de emprego. Para UGT-Galicia, éevidente que basear as políticas activas de emprego nestes termosnon é garantía de dinamización do mercado laboral.

O22,5% DAS PERSOAS MENORES DE 35 ANOS TEÑEN CONTRATO A TEMPO PARCIAL.ESTA TAXA DISPÁRASE AOS 31,7 PUNTOS NAS PERSOAS ENTRE OS 20 E 24ANOS E AOS 44,2 ENTRE OS 16 E OS 19 ANOS

Unhaanálise da contratación das mozas e dos mozos galegos evidencia queo 22,5% dos menores de 35 anos teñen contratos a tempo parcial,fronte ao 14,5% do conxunto de idades e o 54,8% din que teñen estetipo de contrato porque non foron capaces de atopar un traballo axornada completa (este último dato do Estado porque non existe anivel de Galicia).

Éevidente que a parcialidade leva consigo máis precariedade, xa quesupón menos xornada e, polo tanto salario, sobre todo cando esta éinvoluntaria.

ParaUGT-Galicia, a temporalidade é un desequilibrio básico do mercadode traballo, xa que a maioría da xuventude, para acceder ao emprego,o fai por medio da contratación temporal, sendo alarmante que istoestea asumido pola sociedade como algo normal.

Anteeste problema, que xa é estrutural, as administracións dedicáronsea desenvolver políticas baseadas en incentivar a contratación decarácter indefinido, con axudas á contratación totalmenteineficaces.

ATAXA DE TEMPORALIDADE ENTRE AS PERSOAS MÁIS MOZAS XA É DE CASE 51PUNTOS, FRONTE AO 26,7% DO CONXUNTO DE IDADES

Aspersoas menores de 35 anos teñen unha taxa de temporalidade enGalicia do 50,2% por cento, fronte ao 26,7% por cento que se rexistrano conxunto de idades.

O31,8% DAS PERSOAS MENORES DE 30 ANOS TEÑEN UN CONTRATO CUNHADURACIÓN INFERIOR A SEIS MESES

Aduración dos contratos é outra das grandes lacras do mercadolaboral xuvenil. O 31,8% das persoas menores de 30 anos (datoestatal, non existe en Galicia) teñen un contrato cunha duracióninferior a seis meses e un 46,1% descoñece a duración da súacontratación. Isto amosa unha gran vulnerabilidade para estecolectivo.

Taménse constata que a xuventude realiza un maior número de horasextraordinarias que o resto da poboación, un 7,9%, fronte a un 6,5%,a pesar de ter un maior número de contratos a tempo parcial. A istohai que engadirlle que se se analiza o número de persoas querealizan horas extras, o 29% son menores de 35 anos.

OSTRABALLADORES E TRABALLADORAS DE 25 A 34 ANOS PERCIBEN SALARIOS UN21,6% INFERIORES AO RESTO DE IDADES

Aofinal, todas estas variables tradúcense en precariedade laboral e ensalarios máis baixos. De feito, as mozas e os mozos galegos, entre25 e 34 anos, perciben salarios un 21,6% inferiores ao resto deidades.

Ademais,entre o 2010 e o 2017 (último dato dispoñible) as persoas entre 25e 34 anos viron reducido o seu salario nun 3,5%, mentres que noconxunto de idades neste mesmo período medrou o 6,7%.

CONCLUSIÓNS.A PRECARIEDADE NO EMPREGO XUVENIL

Anteos datos expostos, non podemos senón cualificar a situación domercado laboral da xuventude en Galicia como precario, inestable esen dereitos. A precariedade é un conxunto de condicións quedeterminan unha situación de desvantaxe ou desigualdadecaracterizada por:

Curtaduración dos contratos.

Elevadosíndices de temporalidade.

Reduciónsde xornadas non desexadas.

Brechaxeracional.

Excesode horas extras, con ou sen remuneración, case sempre de realizaciónobrigatoria.

Riscospara a saúde laboral, debido á falta de formación e información.

Vemoscomo estas variables definen perfectamente a situación actual domercado de traballo das mozas e mozos galegos, segundo os datosanalizados neste informe.

Oalto nivel de desemprego e a mala calidade do emprego son osprincipais trazos que definen a precariedade laboral da xuventude. Aspolíticas de emprego que se viñeron desenvolvendo foron deficientese a posta en marcha da garantía xuvenil non está a ter os efectosesperados, sobre todo, cando se sinala que se ofrecerá á xuventudeun emprego de calidade.

NOTA:A VOCEIRA DESTE TEMA É A SECRETARIA DE IGUALDADE, XUVENTUDE EMOVEMENTOS SOCIAIS DE UGT-GALICIA, MÓNICA RODRÍGUEZ. TELÉFONO:628470657.​

Fuente: UGT-Galicia