Mobilización polo futuro de Alu Ibérica

Fecha: 24 Mar 2021

Os tres sindicatos maioritarios de Galicia convocan unha manifestación pola defensa do emprego, por un futuro industrial y contra a represión sindical na que participará o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez

 

A  sucesión de despedimentos desde o mes de decembro na Sociedade Alu Ibérica, LC SL (antiga Alcoa A Coruña),  primeiro, dunha traballadora ese mesmo mes, e logo, en febreiro, de catro representantes  sindicais   —o  presidente   e  vicepresidente   do comité de empresa, un membro dese comité e un delegado  de sección sindical—, acredita un paso adiante na espiral de violencia empresarial,  que busca, sen máis,  o desmantelamento da factoría que o grupo Riesgo adquiriu mediante un proceso que hoxe está sendo investigado  polo ministerio fiscal e a Audiencia Nacional.

Na conferencia de prensa celebrada en A Coruña polos secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento e Paulo Carril de CIG, fíxose un chamamento á toda a cidadanía para mobilizarse na defensa da salvar  a industria, que é un sector estratéxico da economía e do emprego no país e polo futuro de Alu Iberica e dos postos de traballos que conleva. A esta mobilización asistirá o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, para dar así máis visibilidade á importancia que ten o futuro de una industria estratéxica para A Coruña, Galicia e España.

José Antonio Gómez, na súa intervención denunciou “a indecencia de Alu Ibérica, o seu comportamento mafioso cos seus traballadores, o impago de salarios e o incumprimento dod requisitos formulados no contrato de vende da planta dea antiga ALCOA a Alu Ibérica”.

Incidiu Gómez en que “aquí hai responsabilidades, de ALCOA, do Goberno de España e responsabilidades do Goberno da Xunta de Galicia. As Administracións públicas non poden permanecer quietas diante do que está a suceder en Alu Ibérica en A Coruña e Avilés, diante das accións do Grupo Riesgo que vulneran dereitos fundamentais, polo que xa foron repetidamente condenados”.

O secretario Xeral de UGT-Galicia sinalou que esta movilización “é un punto de partida e pedimos a i9mplicación de todas as administracións, tamén dos concello e da Deputación, xa que non podemos esquecer a perda de 18.200 postos de traballo na industria de A Coruña desde o ano 2018, polo que as Administracións públicas deven intervir e dar solucións para que o tecido industrial e seus postos de traballo non se perdan”.

Os tres sindicatos demandaron  unha  solución  que  garanta  realmente  a continuidade industrial e dos postos de traballo. A cinco  meses do remate do prazo establecido nas condicións da venda da fábrica e de mantemento do emprego derivado da operación da venda por Alcoa, existe un risco clarísimo de desmantelamento e desaparición  da fábrica,  coa agravante de atopármonos nunha crise económica, derivada da crise sanitaria por mor da pandemia.

Fuente: UGT-Galicia