Miles de persoas mobilízanse en Santiago contra a discriminación laboral na Xustiza galega

​Miles de persoas saíron ás rúas compostelanas o pasado día 24 para a denunciar a discriminación que sofren os traballadores da Xustiza galega en relación aos seus compañeiros dependentes doutras administracións autonómicas.

Reclaman que se iguales as súas condicións salariais e sociais xa porque a igual traballo iguales dereitos.

Os traballadores da Xustiza galega xa levan dende o 7 de febreiro secundando, de xeito masivo día tras día, a folga indefinida convocada por FeSP-UGT, xunto co resto dos sindicatos que os representan.

Os traballadores afirman que non decaerán no ánimo mobilizador ata que a Xunta non se sente a negociar cunha proposta seria por diante.