A mellora do emprego esixe unha suba xeneralizada dos salarios

Fecha: 02 Jun 2022

A pesar dos bos datos, UGT advirte que os indicadores en Galicia son peores que no resto do Estado e que urxen políticas activas de emprego máis eficaces

A mellora do emprego esixe unha suba xeneralizada dos salarios

Os datos do paro do mes de maio corroboran a importancia da reforma laboral no impulso á calidade do emprego. Os contratos fixos en Galicia xa supoñen o 38% do total


 

Santiago, 2 de xuño de 2022.- Os datos de paro do mes de maio publicados hoxe polos Servizos Públicos de Emprego (SEPE) mostran novamente unha evolución positiva do emprego, cunha porcentaxe de contratación indefinida que segue sendo moi elevada, e unha afiliación que mantén as súas taxas de crecemento anual. Uns datos moi valorables, consecuencia en gran medida da Reforma Laboral, que se enmarcan, con todo, nun contexto económico que reflicte dúas preocupacións crecentes: dun lado, a elevada inflación, que se situou nun 8,7% anual no mes de abril; e doutro, a incerteza derivada do conflito en Ucraína e da escaseza de subministracións e alimentos que xa está a xerar.

UGT-Galicia destaca a influencia da reforma laboral no mantemento dun ritmo de creación de emprego tan elevado como o actual e, sobre todo, a mellora da súa calidade, que reforza mes tras mes a orientación da reforma consensuada. Neste mes, o 37,96% do total de contratos asinados foi de carácter indefinido (44,5% no resto do Estado). Así, a contratación indefinida aumenta un 313% en relación a hai un ano. Isto, ademais, débese non só a un forte aumento da contratación indefinida, senón ao descenso da contratación temporal, do 28,26%, sobre todo daqueles contratos de menor duración, os máis precarios, tras a eliminación da figura dos contratos de obra e servizo o pasado 31 de marzo, que se viñan utilizando de maneira fraudulenta.

Para o sindicato, nun momento no que se segue creando emprego e onde existen uns niveis de inflación tan altos, é fundamental subir os salarios das persoas traballadoras. En abril de 2022, a media da subida salarial en convenio no que vai de ano alcanzaba o 2,4%, mentres que a media da taxa anual do IPC no mesmo período situábase no 8%, o que está a impactar moi negativamente nos petos dos traballadores e traballadoras e, en consecuencia, sobre o conxunto da economía.

A pesar de que se adoptaron medidas para paliar as tensións sobre os prezos enerxéticos, estas non foron todo o efectivas que se esperaba. A inflación segue desbocada, e a negativa da patronal para asinar un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva xera unha indesexable situación de tensión nas empresas. Pero as persoas asalariadas non poden ser as pagás desta crise, mentres as empresas aumentan as súas marxes sen parar. Por iso, UGT mobilizarase o 9 de xuño para lograr que a patronal acepte incluír as cláusulas de revisión salarial nos convenios colectivos e así protexer aos traballadores e traballadoras da perda de poder adquisitivo.

UGT esixe Políticas Activas de Emprego máis eficaces

Para UGT-Galicia, queda moito camiño por percorrer para reconducir a precariedade laboral do mercado de traballo. Ademais, existen outros problemas estruturais que seguen sen atacarse adecuadamente, como sucede co desemprego de longa duración. Segundo os datos do primeiro trimestre da EPA hai 57.200 parados en Galicia que levan máis dun ano buscando emprego, practicamente a metade do total. O paro de longa duración trunca a vida laboral dun gran número de persoas, afundindo a capacidade de consumo e a calidade de vida de centos de miles de fogares, como reflicten estas cifras.

Por iso, o sindicato esixe unhas Políticas Activas de Emprego máis eficaces para adaptarse á realidade de cada persoa, que sexan capaces de solucionar os problemas de cada unha delas, para así lograr a reinserción laboral. En particular, UGT está a esixir que para a nova Lei de Emprego se estableza un proceso de avaliación destas políticas, así como unha mellora no financiamento para que sexa adecuada e suficiente, pero cuns criterios vinculantes para a súa aplicación en cada territorio.

Análise dos datos

Continuando coa análise dos datos, estes indican que hai en Galicia un total de 146.120 persoas en situación de desemprego, dende o ano 2007 non se rexistraban cifras tan baixas. No Estado esta cifra é de 2.922.991 persoas.

Así, o paro baixa no mes nun 2,98% en Galicia, aínda que dun xeito máis acusado no Estado, nun 3,29%. En relación a hai un ano, o paro baixa o 11,61%, de novo, unha contracción menos acusada que no resto do Estado, onde a baixada é do 22,70%.

Deste total, 5.776 son menores de 25 anos e, en relación ó mes anterior, o paro entre os máis mozos baixou nun 9,82% e en relación a hai un ano nun 7,09%.

Por sexos, o paro baixou entre as mulleres no mes nun 2,58% e un 3,52% entre os homes. No ano a contracción foi do 11,73% no caso dos homes e dun 11,51% entre as mulleres. Estruturalmente, as mulleres seguen a representar o 58,24% do total do desemprego rexistrado en Galicia, 85.094 mulleres, fronte a 61.026 homes.

Por sectores, no mes o desemprego cae en todos. Na industria, nun 3,33%; nun 1,37% no primario; o 2,85% na construción; o 3,11% nos servizos; e o 2,13% no colectivo de sen emprego anterior. No ano baixa o paro considerablemente en todos os sectores. O 7,67% no primario; o 16,01 na industria; o 12,84% na construción; o 12,05% nos servizos; e o 0,97% no colectivo de sen emprego anterior.

En termos provinciais, baixa en todas. En Ourense, 3,32%; un 2,55% na Coruña; o 1,78% en Lugo; e o 3,59% en Pontevedra. No ano a contracción é forte en todas, do 12,83% na Coruña; 13,53% en Lugo; 10,21% en Ourense; e do 10,26% en Pontevedra.

En materia de contratación indefinida os datos son moi bos e poden cualificarse de históricos, cunha porcentaxe que chega ó 38%. Esta porcentaxe sube ata o 64,5% no caso da agricultura, ó 75% na construción; e é o 28% na industria; e do 37% no sector servizos.

En canto á cobertura por desemprego, a taxa sitúase no 60,42%, con 83.668 beneficiarios.

No mes a afiliación á Seguridade Social é en Galicia de 1.040.748, medrando un 0,65%. No ano este incremento foi do 2,99%.


 


 

 

TOTAL

Indef

Conv

Temp

% Conv

total

% indef

2022/Maio

26.407

6.517

43.150

24,68

69.557

37,96

Variación absoluta mes anterior

-772

-2.557

6.033

-9

5.261

-4

Variación relativa

-2,84

-28,18

16,25

-26,08

8,18

-10,19

Variación absoluta mismo mes del año anterior

20.022

3.495

-16.998

-23

3.024

28

Variación relativa

313,58

115,65

-28,26

-47,86

4,55

295,60


 

Evolución % contratación indefinida (iniciais e conversións)

2021/Xaneiro

10,30

2021/Febreiro

11,46

2021/Marzo

14,87

2021/Abril

11,37

2021/Maio

9,60

2021/Xuño

8,62

2021/Xullo

6,92

2021/Agosto

7,65

2021/Setembro

8,71

2021/Outubro

8,87

2021/Novembro

13,45

2021/Decembro

9,46

2022/Xaneiro

16,08

2022/Febreiro

23,13

2022/ Marzo

29,26

2022/Abril

42,27

2022/Maio


 

37,96


 


 

GALICIA

maio 2022

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

146.120

-4.482

-3,0

-19.186

-11,6

* homes

61.026

-2.225

-3,5

-8.113

-11,7

* mulleres

85.094

-2.257

-2,6

-11.073

-11,5

* mozos e mozas < 25 anos

5.776

-629

-9,8

-441

-7,1

Por sectores*

* agricultura

5.406

-75

-1,4

-449

-7,7

* industria

15.952

-549

-3,3

-3.041

-16,0

* construción

10.447

-307

-2,9

-1.539

-12,8

* servizos

102.459

-3.293

-3,1

-14.041

-12,1

* sen emprego anterior

11.856

-258

-2,1

-116

-1,0

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (abril)

83.668

 

(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (abril)

60,4

Por provincias

A Coruña

57.849

-1.514

-2,6

-8.514

-12,8

Lugo

13.995

-253

-1,8

-2.190

-13,5

Ourense

16.781

-577

-3,3

-1.909

-10,2

Pontevedra

57.495

-2.138

-3,6

-6.573

-10,3

CONTRATACIÓN

Nº contratos

69.557

5.261

8,2

3.024

4,5

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

26.407

-772

-2,8

20.022

313,6

* temporais

43.150

6.033

16,3

-16.998

-28,3

(%) contratos indefinidos

37,96

 

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.040.748

6.751

0,7

30.220

3,0

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 

Fuente: UGT-Galicia