A mellora da situación económica non chega aos máis mozos

As mozas e os mozos galegos, a pesar do seu bo nivel formativo, soportan taxas de paro superiores ao resto da poboación, fortísimas perdas de poboación activa polo efecto desánimo, altas taxas de parcialidade e temporalidade e salario moito máis baixos. Isto conduce a unha situación de vulnerabilidade que urxe corrixir co fin de consolidar un mercado laboral máis xusto para todos, áxil e eficiente. Sobre todo, nun contexto de crecemento económico, é necesario que este chegue a todos, incluídas as persoas máis mozas que, finalmente, son o futuro do poaís e as que marcarán o rumbo do mercado laboral de cara aos vindeiros anos.