A mellora da calidade do emprego debe traer consigo o aumento dos salarios

A mellora da calidade do emprego debe traer consigo o aumento dos salarios

A EPA do primeiro trimestre de 2022 reflicte o continuo aumento das persoas con contratos indefinidos, 22.800 máis respecto ó trimestre anterior e no ano 38.900 máis

Santiago, 28 de abril de 2022.- Os datos da EPA do primeiro trimestre do ano, publicados hoxe polo INE, mostran unha cifra total de 141.000 desempregados en Galicia, un 4,4% máis que no trimestre anterior, situando a taxa de paro en 11,4%. Pola súa banda, o número de ocupados mantense.

O descenso do emprego é un fenómeno habitual nos primeiros trimestres do ano, debido a que veñen precedidos da etapa do Nadal, onde a actividade económica é maior e, por tanto, aumenta a contratación. Con todo, xa se poden apreciar melloras en canto á calidade do emprego, froito dos cambios introducidos pola nova a reforma laboral. Así pois, constátanse cambios de tendencia nalgúns problemas crónicos do noso mercado laboral –ao reducirse a taxa de temporalidade e rotación laboral-, aínda que haberá que esperar algúns meses máis para poder avaliar e certificar a consolidación destas dinámicas.

A Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores considera que, a pesar destes datos positivos, non debemos baixar a garda na nosa máxima de protexer o emprego. Un obxectivo que se ve comprometido polo incerto contexto internacional, que provocou unha revisión á baixa das predicións de crecemento; e polo grave problema económico e social que supón a alza dos prezos, que seguirán alcanzando cotas elevadas nos próximos meses.

Por iso, UGT manifesta a necesidade de seguir despregando as medidas que sexan necesarias para apoiar ao noso tecido produtivo e reforzar a actividade económica, estendendo así o ciclo de creación de emprego. Este, ademais de apoiarse nun maior predominio da contratación indefinida, debe vir acompañado tamén dunha política salarial que, sen comprometer a viabilidade económica e financeira das empresas, garanta un incremento salarial adecuado para que a clase traballadora preserve así o seu poder de compra. Non hai que esquecer que a protección das rendas supón unha tarefa crave para soster a demanda interna, a principal panca de crecemento do noso país.

Para UGT, este Primeiro de Maio temos que falar do futuro. E para que este sexa digno, debemos subir os salarios e as pensións conforme ao IPC, conter os prezos e asentar as bases dunha sociedade máis igualitaria. Así mesmo, o sindicato reivindica tamén a necesidade de seguir impulsando a seguridade e saúde no traballo e abordar a transición cara a unha xornada laboral de 32 horas semanais, que permita unha mellora xeneralizada da calidade de vida. Nas nosas mans está conquistar o presente para gañar o futuro.

Radiografía da EPA en Galicia

Os datos amosan que hai en Galicia 31.600 ocupados máis con respecto ó mesmo trimestre do ano anterior (un 3%) e, en relación ó cuarto trimestre de 2021, hai unha mellora da actividade, con 6.000 persoas máis, pero, ollo, porque practicamente o total destas novas incorporacións ó mercado laboral van ó desemprego. Non obstante, en relación ó ultimo trimestre de 2021, a ocupación en Galicia mantívose, algo lóxico porque este estivo influído pola temporada de Nadal, o que fai difícil mellorar as cifras.

É dicir, aínda que a EPA amosa, sobre todo en relación ó ano anterior, unha certa remisión dos efectos da pandemia, Galicia segue presentando peculiaridades dun mercado laboral pouco dinámico, cunha taxa de actividade de tan só o 52,7%, fronte ó 58,5% do resto do Estado.

Interanualamente, o paro caeu en 17.300 persoas, o que supón o 10,9%. E, en relación ó trimestre anterior, o paro subiu un 4,4%.

Así, a taxa de paro queda en Galicia, con 141.000 persoas desempregadas, no 11,4%. No caso dos homes esta taxa é do 10,1% e do 12,9% no caso das mulleres. Entre os menores de 25 anos esta sube ata o 32%.

Por sectores, o emprego mellora na construción, cunha suba da ocupación dun 5,9%, e no sector servizos, cun aumento do 0,6%. Pola contra, baixa esta na agricultura e pesca, nun 6,1%, e na industria, nun 2,7%.

Hai en Galicia un total de 892.200 asalariados, mellorando con respecto ó trimestre anterior e ó ano.

A reforma laboral segue a dar os seus froitos cunha taxa de temporalidade que mellora. Cae ata o 22,5% cun fortísimo aumento no trimestre da poboación asalariada con contrato indefinido, do 3,4%, e unha caída dos temporais, dun 6,9%. No ano tamén comeza a notarse a estabilidade do emprego, aumentando a poboación asalariada con contrato indefinido nun 6% e tan só nun 0,8% a temporal.

O que si hai que salientar é o aumento da parcialidade, cunha taxa do 14,3%, subindo tanto en relación ó trimestre anterior, do 13,6, como ó mesmo trimestre do ano anterior, do 13,4. E, ademais, hai que salientar que a taxa de parcialidade involuntaria tamén é moi alta, do 77,9%.

Difícil situación para moitos fogares e máis de 57.000 persoas que levan máis dun ano no desemprego

Outro dos nubarróns da radiografía da situación do emprego en Galicia é a situación dos fogares e o paro de longa duración. Ambas situacións levan á vulnerabilidade de moitas familias.

Hai en Galicia un total de 50.700 fogares con, polo menos, unha persoa activa e nos que todos os seus membros activos están en desemprego. E 27.300 fogares que non perciben ingresos.

Das 141.000 persoas que están no desemprego, 57.200 levan máis dun ano nesta situación.


 

 

 

2002 I Trimestre

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.340,2

-0,6

0,0

-1,1

0,0

Inactivos

1.107,7

-6,7

-0,6

-15,5

-1,4

Homes

480,2

-1,6

-0,3

-8,2

-1,7

Mulleres

627,6

-5,1

-0,8

-7,2

-1,1

Activos

1.232,4

6,0

0,5

14,3

1,2

Homes

640,4

2,4

0,4

7,6

1,2

Mulleres

592,0

3,7

0,6

6,7

1,1

Ocupados

1.091,4

0,1

0,0

31,6

3,0

Homes

575,7

0,8

0,1

17,6

3,2

Mulleres

515,7

-0,7

-0,1

14,1

2,8

Asalariados

892,2

7,9

0,9

40,4

4,7

Con contrato indefinido

691,9

22,8

3,4

38,9

6,0

Homes

367,8

17,3

4,9

22,5

6,5

Mulleres

324,1

5,5

1,7

14,6

4,7

Con contrato temporal

200,4

-14,8

-6,9

1,6

0,8

Homes

90,6

-9,2

-9,2

-3,5

-3,7

Mulleres

109,8

-5,6

-4,9

5,1

4,9

Parados

141,0

5,9

4,4

-17,3

-10,9

Homes

64,7

1,6

2,5

-10,0

-13,4

Mulleres

76,4

4,4

6,1

-7,2

-8,6

Menores 25 anos

17,5

-1,3

-6,9

1,8

11,5

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

65,9

-4,0

-6,1

-4,4

-6,6

Industria

173,5

-4,6

-2,7

0,4

0,2

Construción

71,4

4,2

5,9

5,4

7,7

Servizos

780,5

4,5

0,6

30,2

4,0

%

2022/I

2021/IV

2021/I

 

 

Taxa actividade

52,7

52,4

52,0

 

 

Homes

57,1

57,0

56,4

 

 

Mulleres

48,5

48,2

48,0

 

 

Taxa ocupación

46,6

46,6

45,3

 

 

Homes

51,4

51,3

49,8

 

 

Mulleres

42,3

42,3

41,1

 

 

Taxa desemprego

11,4

11,0

13,0

 

 

Homes

10,1

9,9

11,8

 

 

Mulleres

12,9

12,2

14,3

 

 

Menores de 25 anos

31,9

35,6

37,1

 

 

Taxa temporalidade

22,5

24,3

23,3

 

 

Homes

19,8

22,2

21,5

 

 

Mulleres

25,3

26,6

25,3