Manifesto do 8 de Marzo de 2020: “Construíndo e sumando pola Igualdade”

Fecha: 20 Feb 2020

UGT e CCOO difundiron o manifesto “Construíndo e sumando pola Igualdade”, con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo, no que fan un chamamento á participación activa das traballadoras e traballadores nos distintos actos, mobilizacións e manifestacións convocadas nesa xornada en favor da igualdade.

 

No mesmo ratifican o seu compromiso por seguir avanzando cara á igualdade real e efectiva e loitando pola erradicación de todo tipo de violencia de xénero e instan ao Goberno de coalición progresista a que poñan en marcha, con urxencia, desde o diálogo social, medidas prioritarias como:

 

  • Impulsar a negociación colectiva, incrementar as políticas activas de emprego, esixir o cumprimento dos plans de igualdade, acometer a plena equiparación das traballadoras do fogar, e en xeral, adoptar medidas de acción positiva dirixidas a eliminar a discriminación e a desigualdade no emprego e na protección social.

  • Reforzar e garantir os instrumentos e recursos de vixilancia, control e sanción da Autoridade Laboral para o cumprimento efectivo do principio de igualdade no ámbito laboral.

  • Adoptar medidas para a corresponsabilidade entre mulleres e homes nos coidados e responsabilidades familiares, e fortalecer a oferta pública de infraestruturas e servizos relacionados co coidado (dependencia, maiores, sanidade, servizos sociais) con emprego e recursos públicos accesibles e de calidade.

  • Deseñar unha lei de igualdade salarial que contribúa de forma eficaz a combater a brecha salarial eliminando a discriminación retributiva entre homes e mulleres.

  • Adoptar medidas e políticas dirixidas a lograr a representación paritaria en todos os órganos de representación e decisión, nas distintas estruturas políticas, sociais, académicas, científicas, culturais económicas e de calquera ámbito da sociedade española.

  • Impulsar unha reforma educativa baseada na coeducación que integre a educación na igualdade e no respecto a a diversidade, e estender as infraestruturas públicas para a atención e coidados de calidade, accesibles e adecuados, a toda a poboación de 0 a 3 anos.

  • Avanzar na eliminación das violencias machistas, garantindo o financiamento necesario e o estrito cumprimento das medidas acordadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero e dos compromisos adquiridos coa firma do Convenio de Istambul.

  • Ratificar o Convenio 189 da OIT sobre traballo digno das traballadoras do fogar e o Convenio 190 da OIT sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo.

 

Así mesmo, ambos os sindicatos reivindican políticas migratorias e de refuxio xustas e con perspectiva de xénero, nas que primen os dereitos das persoas migrantes e a igualdade no mercado de traballo.

MANIFESTO CONXUNTO UGT E CCOO 8 DE MARZO DE 2020

CARTEL 8 DE MARZO DE 2020

Fuente: UGT-Galicia