Hai que manter os ERTE mentres o emprego o requira e acelerar a vacinación para recuperar plenamente a actividade

Fecha: 06 Abr 2021

Por mor da COVID-19, por segundo ano consecutivo, Galicia rompe a tendencia á diminución interanual do desemprego que se mantiña dende o 2014

Hai que manter os ERTE mentres o emprego o requira e acelerar a vacinación para recuperar plenamente a actividade

34.759 persoas en ERTE en Galicia, das cales, máis de 20.000 son mulleres. A pandemia cébase máis coas mulleres

Santiago, 6 de abril de 2021.-Os datos de paro publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE), correspondentes ao mes de marzo, mostran un descenso do paro de 4.509 persoas (59.149 en todo o Estado), o que supón unha baixada do 2,43% en Galicia. Isto sitúa a cifra total de persoas desempregadas en 180.719, 3.949.640 en todo o Estado. Este descenso débese ás menores restricións que houbo en marzo respecto a febreiro e ao comezo da Semana Santa, ademais de ser un mes tradicionalmente favorable para o emprego.

Para UGT-Galicia, as medidas restritivas deben continuar ata alcanzar a inmunidade colectiva. Evitar unha cuarta onda de contaxios, que induza a novas paralizacións da actividade e someta a máis tensión á economía, é clave se se pretende que a tempada de verán sexa un éxito, esencial para a economía.

Para iso, o sindicato considera imprescindible acompañar nestas dificultades aos fogares e ás empresas que están en peores situacións, reforzando e ampliando as vías de axuda existentes e non deixando a ninguén atrás. Os ERTE han de seguir mentres sexa necesario, mantendo as rendas das persoas que non puideron volver recuperar a actividade no seu posto de traballo.

Ademais, ante o maior risco de paro de longa duración, sobre todo entre colectivos máis vulnerables (hai que ter en conta que un 57,5% das persoas en desemprego son mulleres e que 55.956 xa están nunha situación de paro de longa duración, dato de febreiro, aínda non se publicou o de marzo), é necesario acelerar a reforma das políticas activas de emprego, reforzando urxentemente os Servizos Públicos de Emprego, á vez que se garante a protección social. E tamén haberá que dotar dos recursos dispostos para axudar ás empresas coa maior prontitude posible para evitar a destrución do noso tecido produtivo, que será esencial para a recuperación.

UGT considera que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia debe ser o punto de inicio no que se cimente unha conversión do noso modelo laboral e produtivo a unha contorna co emprego de calidade como protagonista.

Ademais, para alcanzar un modelo económico distinto, o sindicato manifesta a necesidade de acometer cambios profundos, comezando por derrogar a reforma laboral de 2012, polos seus efectos lesivos sobre os traballadores e traballadoras, e negociando un novo marco regulatorio que estableza unhas condicións máis favorables para a persoa empregada.

Datos de interese

Entrando de chego nos datos, sitúase a cifra de desemprego en Galicia no mes de marzo de 2021 en 180.719, cae con respecto ao mes anterior en 4.509, 2,43% (evolución de contracción máis acusada que no Estado no que cae un 1,48%).

En termos interanuais danse aumentos do desemprego en 6.238 persoas, o 3,6% máis, en Galicia e 401.328 parados máis no Estado. Máis acusada a porcentaxe de incremento na media estatal, o 11,31%. As cifras falan por si mesmas, 180.719 persoas desempregadas en Galicia e preto de 4 millóns, 3.949.640 no Estado.

En Galicia o desánimo leva a que o desemprego non reflicta as cifras en toda a súa magnitude, cando se analizou a EPA viuse a forte tendencia á inactividade da poboación en Galicia cando non hai emprego.

Por segundo ano consecutivo, esta crise leva ao aumento en Galicia en termos interanuais do desemprego, como se comproba no cadro de evolución seguinte. Sitúase nos volumes de crecemento da crise anterior, rómpese a tendencia de caída interanual pola recuperación que había dende 2014.


 

Ano

Marzo

Var. Mensual 

Var. Interanual

2007

159.886

-0,6

-9,2

2008

160.180

-1,0

0,2

2009

211.484

2,4

32,0

2010

236.449

1,0

11,8

2011

249.246

0,4

5,4

2012

276.795

0,8

11,1

2013

291.187

-0,6

5,2

2014

276.463

-1,3

-5,1

2015

252.137

-2,1

-8,8

2016

231.797

-1,5

-8,1

2017

210.056

-0,9

-9,4

2018

185.103

-1,6

-11,9

2019

170.841

-1,7

-7,7

2020

174.481

5,0

2,1

2021

180.719

-2,4

3,6


 

 

 

Galicia

Estado

2020/Marzo

180.719

3.949.640

Variación absoluta mes anterior

-4.509

-59.149

Variación relativa

-2,43

-1,48

Variación absoluta mismo mes del año anterior

6.238

401.328

Variación relativa

3,58

11,31


 

Son 7.998 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, caendo no mes o paro o 5,23% e tamén no ano un 5,7%, evolución contraria ao total de idades no ano.

As mulleres seguen a ser as máis prexudicadas

Evolución de caída do desemprego no mes nos homes, o 3,2%, fronte á menor caída das mulleres, o 1,9%. No ano, o aumento do desemprego afecta tanto aos homes, 1,8%, como ás mulleres, o 4,93%. Pero como se pode observar moito máis a estas últimas.

En termos estruturais, as mulleres seguen a representar nada menos que o 57,5% do total de desemprego en Galicia, afecta a un total de 103.850 mulleres, fronte a 76.869 homes. 26.981 mulleres desempregadas máis.

2020/Marzo

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

7.998

76.869

103.850

Variación absoluta mes anterior

-441

-2.551

-1.958

Variación relativa

-5,23

-3,21

-1,85

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-482

1.362

4.876

Variación relativa

-5,68

1,80

4,93

No mes, ao analizar por sector de actividade, hai unha considerable caída no primario, 4,72%; na construción, 3,37% de contracción; nos servizos, 2,73%; e no colectivo de sen emprego anterior, o 0,62%. Con menor intensidade na industria, o 0,31% (sector menos suxeito á estacionalidade).

No ano, todos os sectores aparecen prexudicados, salvo a construción, no que se contrae o desemprego nun 7,6%. Destaca en termos relativos o aumento no primario, nun 7,3%, e o aumento en termos absolutos no sector servizos, 5.799 persoas desempregadas máis, o 4,8%. Na industria aumenta no ano en case 1.000 persoas.

En Galicia hai máis de 125.000 persoas en situación de desemprego no sector servizos

Xa só as cifras de desemprego nos servizos por si mesmas son preocupantes, 127.405 persoas en situación de desemprego neste sector. Na industria nada menos que 19.975, na construción 13.345, no colectivo de sen emprego anterior 13.610 e no primario 6.384.

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2021/Marzo

180.719

6.384

19.975

13.345

127.405

13.610

Variación absoluta mes anterior

-4.509

-316

-63

-465

-3.580

-85

Variación relativa

-2,43

-4,72

-0,31

-3,37

-2,73

-0,62

Variación absoluta mismo mes del año anterior

6.238

434

930

-1.098

5.799

173

Variación relativa

3,58

7,29

4,88

-7,60

4,77

1,29

 

En termos provinciais todas teñen a mesma evolución, caída no mes e medra no ano en todas as provincias. No ano, fortes crecementos en todas, nas que máis: 6,1% en Lugo, 4,9% en Ourense, 4.0% en Coruña e 2,2% en Pontevedra.

 

Marzo/ 2021

Var. Absoluta mes

Var. % mes

Var. Absoluta ano

Var. % ano

A Coruña

72.176

-2.403

-3,2

2.771

4,0

Lugo

18.088

-545

-2,9

1.035

6,1

Ourense

20.265

-231

-1,1

943

4,9

Pontevedra

70.190

-1.330

-1,9

1.489

2,2


 

Datos mínimos de contratación, 62.004 en Galicia

Cos datos de marzo compróbase que tan só se realizaron 62.004 contratos, cifra mínima, xa no ano anterior neste mes as cifras foron mínimas polo comezo da pandemia.

 

Total contratos

Total Temporais

marzo / 2021

62.004

52.783

Variación absoluta mes anterior

12.830

9.242

Variación relativa

26,09

21,23

Variación absoluta mismo mes del año anterior

6.087

3.257

Variación relativa

10,89

6,58


 

A taxa de cobertura en febreiro 2021 (último dato dispoñible) sitúase nun 69,5% (62,92% no Estado). As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego sitúanse en 119.211. Destas, hai un considerable número de persoas beneficiarias de prestación contributiva 62.962, o 52,8%. Isto indica que hai unha considerable perda de empregos que estaban cotizando, e cotizando por desemprego, non constan aqueles que non tiveran cotización por desemprego.


 

Febreiro 2021

Prestación contributiva

subsidio

renda activa de inserción

Totais

GALICIA

62.962

48.993

7.256

119.211

 


 

A evolución nas cifras de afiliación resulta pésima. Preto de 4.000 cotizantes menos no ano

Pésima evolución nas cifras de afiliación á Seguridade Social (media mensual). Sitúase en Galicia no mes en 998.734. Medra no mes só no 0,47% e a contracción no ano é do 0,39%, 3.890 afiliados cotizantes menos.

2021/Marzo

Galicia

Estado

998.734

18.920.902

Variación absoluta mes anterior

4.704

20.632

Variación relativa

0,47

0,11

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-3.890

-85.858

Variación relativa

-0,39

-0,45


 

34.759 persoas en ERTE en Galicia, das cales, máis de 20.000 son mulleres. A pandemia cébase máis coas mulleres

En canto ós ERTE, no Estado marzo remata con 743.628 persoas en ERTE, en Galicia remata o mes con 34.759.

Por sexos utilizando os datos do último día do mes, xa que non se ofrecen datos de media mensual por sexos, son 14.394 homes e 20.365 mulleres. A pandemia non afecta por igual a homes e mulleres.

Estamos a falar en total de 743.628 persoas en ERTE e 3.949.640 desempregados no Estado. En total case 4,7 millóns de persoas afectadas. En Galicia 34.759 persoas en ERTE e 180.719 desempregados. Máis de 215.000 afectadas

GALICIA

mar-21

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

180.719

-4.509

-2,43

6.238

3,6

* homes

76.869

-2.551

-3,21

1.362

1,8

* mulleres

103.850

-1.958

-1,85

4.876

4,9

* mozos e mozas < 25 anos

7.998

-441

-5,2

-482

-5,7

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.384

-316

-4,7

434

7,3

* industria

19.975

-63

-0,3

930

4,9

* construción

13.345

-465

-3,4

-1.098

-7,6

* servizos

127.405

-3.580

-2,7

5.799

4,8

* sen emprego anterior

13.610

-85

-0,6

173

1,3

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (febreiro)

119.211

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (febreiro)

69,50

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

72.176

-2.403,0

-3,2

2.771,0

4,0

Lugo

18.088

-545,0

-2,9

1.035,0

6,1

Ourense

20.265

-231,0

-1,1

943,0

4,9

Pontevedra

70.190

-1.330,0

-1,9

1.489,0

2,2

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

62.004

12.830

26,1

6.087

10,9

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

9.221

3.588

63,7

2.830

44,3

* temporais

52.783

9.242

21,2

3.257

6,6

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

998.733,39

4.704

0,5

-3.890

-0,4

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 

Fuente: UGT-Galicia