Galicia, entre as tres comunidades coa taxa de actividade dos mozos e mozas máis baixa do Estado e cunha taxa de desemprego de case 20 puntos

A reforma laboral fixo posible que a porcentaxe de contratos indefinidos entre os mozos pasase dos 7,7 puntos entre xaneiro e xullo de 2021 aos 31,1 no mesmo período deste ano 2022. UGT-Galicia aposta polo diálogo e concertación para chegar a novos acordos que melloren o resto das variables

Cunha inflación de máis de 10 puntos e unha fenda salarial dos máis mozos de 21 puntos, só cabe apostar pola suba salarial

 

Co gallo da celebración do Día internacional da Xuventude, que se conmemorará mañá, 12 de agosto, UGT-Galicia presenta unha radiografía do mercado laboral galego centrada nos máis mozos que amosa falta de oportunidades, a pesar de ter Galicia pouca poboación nesta franxa de idade, que se reflicte en taxas de actividade moi baixas, altos índices de desemprego e baixos salarios. A precariedade segue a ser tamén unha constante, aínda que a reforma laboral, froito do diálogo social, comeza a dar os seus froitos e, como se verá nas estatísticas que se adxuntan e analizan, está a facer posible que a contratación indefinida mellore tamén neste sector da poboación. Precisamente, UGT-Galicia considera que este é o camiño, o do diálogo e concertación para chegar a novos acordos que vaian na liña de mellora do mercado laboral en xeral e tamén dos máis mozos.

En termos poboacionais, Galicia ten cada ano que pasa menos mozos e mozas (de 16 a 35 anos), cun peso cada vez menor no conxunto de idades. Isto, inicialmente, podería levar a unha interpretación que resulta errónea. Ó existir menos poboación nesta franxa de idade as oportunidades no mercado laboral deberían ser máis e mellores pero isto non é así. Todo o contrario. Os máis mozos son o grupo diana das grandes eivas do mercado laboral galego.

 

Os mozos e mozas representan o 19,37% do total de idades. No 2022 rexístrase a porcentaxe máis baixa dos últimos anos. Contrasta co 27,2% do ano 2009

Hai en Galicia un total de 453.600 mozos e mozas (entre 16 e 35 anos), segundo os últimos datos da EPA, segundo trimestre de 2022. Esta cifra representa o 19,37% sobre o total de idades, a porcentaxe máis baixa dos últimos anos, que contrasta, por exemplo, cos datos do terceiro trimestre de 2009, cando este grupo de poboación representaba o 27,2% sobre o total. Esta porcentaxe, aínda que foi descendendo, mantívose por enriba dos 20 puntos ata o 2018 en que baixou deste limiar e xa non volveu a remontar ata chegar a este segundo trimestre marcando mínimos.

POBOACIÓN DE 16 E MÁIS ANOS POR GRUPOS DE IDADE. GALICIA. Miles de persoas

 

Total

de 16 a 19 anos

de 20 a 24 anos

de 25 a 29 anos

de 30 a 34 35 anos

De 16 a 35 anos

% sobre total idades

2009/III

2.407,6

97,2

143,3

188,4

226,8

655,7

27,2

2010

2.406,9

94,8

138,4

179,4

224,0

636,6

26,4

2011

2.403,5

91,8

133,5

168,9

218,0

612,2

25,5

2012

2.395,2

88,8

129,2

159,2

209,2

586,4

24,5

2013

2.382,3

85,6

125,3

150,3

198,2

559,4

23,5

2014

2.368,6

83,6

121,0

142,3

186,4

533,3

22,5

2015

2.358,2

83,2

117,1

136,3

175,6

512,2

21,7

2016

2.349,8

83,7

113,2

130,8

163,8

491,5

20,9

2017

2.341,9

84,8

110,3

126,8

154,3

476,2

20,3

2017/I

2.347,3

84,4

111,2

128,2

157,5

481,3

20,5

2017/II

2.343,9

84,7

110,6

127,3

155,4

478,0

20,4

2017/III

2.339,9

84,9

109,9

126,3

153,3

474,4

20,3

2017/IV

2.336,3

85,2

109,4

125,4

151,1

471,1

20,2

2018

2.334,0

85,9

108,4

124,2

146,9

465,4

19,9

2018/I

2.334,8

85,5

109,0

124,7

149,3

468,5

20,1

2018/II

2.333,5

85,7

108,6

124,3

147,7

466,3

20,0

2018/III

2.333,4

86,0

108,2

124,0

146,1

464,3

19,9

2018/IV

2.334,3

86,4

107,9

123,7

144,6

462,6

19,8

2019

2.335,3

87,4

108,0

122,2

141,5

459,1

19,7

2019/I

2.333,9

86,8

107,7

123,1

143,2

460,8

19,7

2019/II

2.334,3

87,2

107,9

122,5

142,0

459,6

19,7

2019/III

2.335,9

87,6

108,1

121,9

140,9

458,5

19,6

2019/IV

2.337,1

88,1

108,3

121,3

139,9

457,6

19,6

2020

2.339,0

89,0

109,4

120,1

137,5

456,0

19,5

2020/I

2.338,6

88,6

108,8

120,9

138,9

457,2

19,6

2020/II

2.338,8

88,9

109,2

120,4

138,0

456,5

19,5

2020/III

2339,0

89,2

109,6

119,9

137,0

455,7

19,5

2020/IV

2.339,6

89,4

110,0

119,3

136,1

454,8

19,4

2021

2340,9

92,1

110,7

117,8

134

454,6

19,4

2021/I

2341,3

91,3

110,4

118,8

135,3

455,8

19,5

2021/II

2340,5

91,7

110,5

118,1

134,4

454,7

19,4

2021/III

2340,9

93,1

110,7

117,4

133,6

454,8

19,4

2021/IV

2340,8

92,5

111,1

116,9

132,9

453,4

19,4

2022/I

2340,2

91,1

111,6

116,6

132,4

451,7

19,3

2022/II

2.341,6

92,9

112,1

116,5

132,1

453,6

19,37

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

 

Destes 453.600 mozos e mozas, 267.400 son activos, 214.800 son poboación ocupada menor de 35 anos, 52.700 persoas paradas e 186.100 son persoas inactivas.

 

POBOACIÓN DE 16 A 34 ANOS EN RELACIÓN CA ACTIVIDADE ECONÓMICA 2º TRIMESTRE 2022

Galicia

Total idades (en miles)

Menores 35 anos (en miles)

% s/ total idades

Total

2,341,6

453,6

19,4

Activos

1,244,7

267,4

21,5

Poboación ocupada

1,105,2

214,8

19,4

Poboación parada

139,4

52,7

37,8

Poboación inactiva

1096,9

186,1

17,0

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

 

Galicia está entre as tres comunidades autónomas coa taxa de actividade xuvenil máis baixa do Estado, do 59%, fronte ó 63,9% de media ou datos como os de Cataluña ou Madrid, por enriba do 67%

De aquí conclúese un dos datos máis destacable e negativo da análise que hoxe se fai pública. Segundo os datos da EPA deste segundo trimestre de 2022, Galicia rexistra a terceira menor taxa de actividade no Estado entre a súa poboación máis nova (de 16 a 35 anos), sendo menor tan só en Asturias e Cantabria. Mentres a media do Estado é do 63,9%, esta Comunidade rexistra un 59%, moi por debaixo de autonomías como Cataluña ou Madrid, por enriba do 67%.

 

TAXA DE ACTIVIDADE DOS MENORES DE 35 ANOS. 2º TRIMESTRE 2022

    Total Nacional

63,9

    01 Andalucía

61,3

    02 Aragón

64,4

    03 Asturias, Principado de

53,2

    04 Balears, Illes

67,2

    05 Canarias

62,6

    06 Cantabria

57,6

    07 Castilla y León

61,7

    08 Castilla - La Mancha

63,2

    09 Cataluña

69,2

    10 Comunitat Valenciana

62,7

    11 Extremadura

62,5

    12 Galicia

59,0

    13 Madrid, Comunidad de

67,5

    14 Murcia, Región de

60,3

    15 Navarra, Comunidad Foral de

61,4

    16 País Vasco

62,8

    17 Rioja, La

63,0

Fonte: Encuesta de Población Activa. Instituto Nacional de Estadística – INE

 

A taxa de paro xuvenil sube en Galicia ata o 19,7%, moi afastada do 11,2% do conxunto de idades. Pero é que esta sube ata o 55.2% no grupo de 16 a 19 anos

Outro dos indicadores máis devastadores do mercado laboral galego é a taxa de paro xuvenil, que se sitúa no 19.7%, moi afastada do 11.2% do total de idades.

 

 

 

Total idades

Menores 35 anos

Taxa de actividade

53,2

59,0

Taxa de emprego

47,2

47,4

Taxa de paro

11,2

19,7

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

Unha análise máis polo miúdo por tramos de idade apunta a que canto máis se baixa en idade, máis se sube en taxa de desemprego. Chegando ao 55.2% no tramo de 16 a 19 anos e ao 31.3% no de 20 a 24 anos.

 

TAXA DE DESEMPREGO POR GRUPOS DE IDADE DOS MENORES DE 35 ANOS

de 16 a 19 anos

55,2

de 20 a 24 anos

31,3

de 25 a 29 anos

17,1

de 30 a 34 anos

14,4

Menores 35 anos

19,7

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

 

A dependencia do sector servizos dos máis mozos é do 71.6%. O sector máis azoutado pola crise

Por sectores, destaca a gran dependencia do sector servizos na ocupación para a mocidade, o 71.6%. Hai que lembrar que o de servizos foi un sector moi azoutado pola crise, do cal se deduce que esta crise golpeou especialmente aos máis mozos. Dos datos adxuntos, tamén se deduce a falta de relevo xeracional no sector primario e na construción.

 

POBOACIÓN OCUPADA POR GRUPO DE IDADE E SECTOR ECONÓMICO.  Galicia II Trimestre 2022

 

Total (en miles)

% s/ total idades

Menores 35 anos (en miles)

% s/ Menores 35 anos

% Menores 35 anos s/ total idades

Total

1.105,2

100,0

214,8

100,0

19,4

Agricultura, gandaría, caza e silvicultura

44,4

4,0

6,5

3,0

14,6

Pesca e acuicultura

20,0

1,8

3,0

1,4

15,0

Industria

168,4

15,2

36,7

17,1

21,8

Construción

73,8

6,7

14,9

6,9

20,2

Servizos

798,6

72,3

153,8

71,6

19,3

 

 

 

 

 

 

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

 

O 19.2% dos mozos traballan a tempo parcial, máis de 5 puntos por enriba do conxunto de idades. Pero a parcialidade chega aos 49 puntos no grupo de 16 a 19 anos

A parcialidade tamén tingue o mercado laboral dos máis mozos en Galicia. De feito, o 19.2% da mocidade traballa a tempo parcial, fronte ao 14% do conxunto de idades. E isto hai que contextualizalo nunhas porcentaxes de parcialidade involuntaria do 50.4% (dato estatal porque non se dá a nivel de Galicia). A parcialidade faise máis evidente no grupo de 16 a 19 anos, subindo ata o 48.7%, e no de 20 a 24, do 35.2%.

 

POBOACIÓN OCUPADA POR TIPO DE XORNADA E GRUPOS DE IDADE. GALICIA.

II Trimestre 2022 Miles de persoas

 

Total

Completa

Parcial

% parcial

Total

1.105,2

950

155,2

14,0

de 16 a 19 anos

3,9

2

1,9

48,7

de 20 a 24 anos

33

21,4

11,6

35,2

de 25 a 29 anos

79

63,8

15,2

19,2

de 30 a 34 anos

98,9

86,3

12,6

12,7

16 a 34 anos

214,8

173,5

41,3

19,2

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

 

Outra variable que amosa o precario mercado laboral que se atopan os mozos e mozas galegos é a temporalidade na contratación. Se o 21.4% de toda a poboación asalariada é menor de 35 anos, de toda a poboación asalariada con contrato temporal, un 42,5% son mozos. Dos 192.700 asalariados e asalariadas menores de 35 anos, o 40% teñen contratos temporais, o 20.1% no conxunto de idades.

 

POBOACIÓN ASALARIADA SEGUNDO GRUPOS DE IDADE E TIPO DE CONTRATO. GALICIA.

II Trimestre 2022 Miles de persoas

 

Total

de 16 a 34 anos

 

 

 

Total

899,5

192,7

Contrato indefinido

718,5

115,8

Contrato temporal

181

76,9

Taxa de temporalidade

20,1

39,9

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

 

Evolución taxa de temporalidade e reformas laborais

 

Total idades

<menores 35 anos

2010

25,0

41,2

2010/I

24,1

40,1

2010/II

24,6

40,3

2010/III

26,1

43,5

2010/IV

25,1

41,1

2011

24,5

42,3

2011/I

23,6

40,5

2011/II

24,3

41,8

2011/III

25,7

44,2

2011/IV

24,3

42,5

2012

22,9

39,9

2012/I

22,4

40,9

2012/II

22,1

38,6

2012/III

24,2

41,3

2012/IV

22,9

38,8

2013

22,8

41,2

2013/I

21,8

38,7

2013/II

22,4

40,9

2013/III

24,4

43,7

2013/IV

22,5

41,7

2014

23,5

43,3

2014/I

21,4

40,2

2014/II

23,8

43,2

2014/III

24,6

45,2

2014/IV

24,1

44,5

2015

25,4

46,6

2015/I

23,6

44,3

2015/II

25,0

46,9

2015/III

27,5

48,9

2015/IV

25,5

46,2

2016

26,2

48,2

2016/I

25,0

46,7

2016/II

25,8

46,8

2016/III

27,4

49,5

2016/IV

26,7

49,8

2017

27,0

52,1

2017/I

25,8

50,2

2017/II

27,2

52,7

2017/III

28,1

54,3

2017/IV

26,8

50,9

2018

26,6

49,3

2018/I

26,7

50,3

2018/II

26,8

50,9

2018/III

26,8

49,5

2018/IV

26,0

46,3

2019

26,5

48,4

2019/I

25,8

46,9

2019/II

26,7

50,2

2019/III

27,4

50,0

2019/IV

25,9

46,7

2020

24,0

44,4

2020/I

25,1

45,4

2020/II

22,1

42,9

2020/III

24,6

45,8

2020/IV

24,3

43,5

2021

24,5

48,8

2021/I

23,3

44,1

2021/II

24,2

49,6

2021/III

26,0

52,8

2021/IV

24,3

48,3

2022/I

22,5

44,1

2022/II

20,1

39,9

 

 

A reforma laboral pretende recuperar un futuro digno para a xuventude. Entre xaneiro e xullo de 2021 o 7,7% dos contratos rexistrados entre os mozos eran indefinidos e no mesmo período de 2022 este indicador sobe ata o 31,14%

Cos datos de contratación rexistrada no SEPE nos sete primeiros meses do ano 2022, compróbase un claro repunte da contratación de modalidade indefinida, especialmente significativa no caso dos menores de 30 anos. Así, neste colectivo, se entre xaneiro e xullo de 2021, dos case 155.000 (154.817) contratos rexistrados, un 7,7% eran indefinidos, entre xaneiro e xullo deste ano a porcentaxe elevouse ao 31,14% dos preto de 165.000 (164.890) contratos rexistrados. Unha mellora substancial.

 

A fenda salarial para os menores en Galicia (de 25 a 34 anos) é de case 21 puntos

Unha das consecuencias máis evidentes destas variables son os baixos salarios, o que dificulta afrontar o día a día cunha inflación xa por enriba dos 10 puntos, polo que, como no conxunto de idades, urxe unha mellora dos salarios e, se cabe, entre os máis mozos aínda dun xeito máis incisivo. As persoas menores de 25 anos perciben de media ao ano un salario de 12.693,72 euros, fronte aos 25.165,51 euros que perciben o conxunto das idades, o que supón unha diferenza de 12.471,79 euros e da lugar a unha brecha salarial do 49,6%.

No conxunto do Estado as persoas de entre 25 e 34 anos cobran ao ano de media 20.090,90 euros, 5.074,61 euros menos que o conxunto das idades, unha brecha de 20,2%. En Galicia cos datos do tramo de 25 a 34 anos a fenda é do 20,5%. As persoas menores de 25 a 34 anos perciben de media ao ano un salario de 18.156,40 euros, fronte aos 22.834,66 euros que perciben o conxunto das idades, o que supón unha diferenza de 4.678,26 euros e da lugar a unha brecha salarial do 20,5%.

 

GANANCIA MEDIA ANUAL

2021

Salario medio anual

Diferenza sobre todas as idades

Brecha

Todas as idades  (dato Estado)

25.165,51

 

 

Menos de 25 anos

12.693,72

-12.471,79

-49,6

De 25 a 34 anos

20.090,90

-5.074,61

-20,2

Todas as idades  (dato Galicia)

22.834,66

 

 

Menos de 25 anos  (dato Galicia)

Non dispoñible

 

 

De 25 a 34 anos

18.156,40

-4.678,26

-20,5

Fonte: Enquisa anual de estrutura salarial. INE

 

A resignación non é unha opción. Traballando, hai posibilidades de mellora do mercado laboral xuvenil, e así o está a demostrar a reforma laboral

Un ano máis, este 12 de agosto, e todos os días do ano, hai que denunciar que os mozos e mozas galegas soportan dun xeito máis incisivo que o conxunto de idades as grandes lacras do mercado laboral galego, desemprego, baixas taxas de actividade, baixos salarios e precariedade. Non obstante, UGT-Galicia insiste en que a resignación non é unha opción e hai posibilidades de mellora, como así o está a demostrar a reforma laboral, froito do diálogo social, que está a dar os seus resultados no conxunto de idades diminuíndo a temporalidade e tamén entre os máis mozos. Así, como xa se apuntaba en parágrafos precedentes, entre os sete primeiros meses de 2021 o 7,7% dos contratos rexistrados entre os mozos eran indefinidos e no mesmo período de 2022 este indicador sobe ata o 31,14%.

Por todo isto, UGT-Galicia apela ao diálogo social, tanto a nivel estatal como en Galicia, para seguir abrindo vías de traballo que permitan chegar a acordos que vaian na mesma liña para mellorar as taxas de emprego, a actividade dos máis mozos e os seus salarios. O que demostran as estatísticas é que as políticas de emprego que se viñeron desenvolvendo foron deficientes e non conseguiron reverter un mercado laboral xa mancado que está a afrontar con moitas dificultades esta  crise por mor da COVID-19 e a guerra en Ucraína, aínda máis entre os máis mozos.

En relación cos baixos salarios, fan falta políticas máis contundentes para conter a inflación e protexer as rendas salariais, iniciando un proceso de diálogo urxente para repartir os custos da maneira máis xusta posible, sen que iso tampouco supoña un lastre para a actividade económica das pequenas empresas.

No relativo ao desemprego, resulta evidente que urxen Políticas Activas de Emprego, das que ten competencia a Xunta, realmente eficaces e personalizadas en función das necesidades particulares das persoas desempregadas.

En canto á nova Lei de Emprego, esta debería ser capaz de regular e establecer un sistema de financiamento adecuado e suficiente, dotando aos Servizos Públicos de Emprego do persoal técnico necesario para que poidan desempeñar o seu labor con eficacia.

Ademais, requírense actuacións complementarias en materia de xustiza social, ampliando a contía e cobertura das prestacións sociais para evitar abrir novas brechas de desigualdade e pobreza. Políticas que son necesarias non só no plano social, senón tamén no económico, ao soster a demanda interna da economía e a actividade das empresas creando un escenario favorable para que a reforma laboral poida espremer ao máximo todo o seu potencial xerando emprego estable e de calidade.

Fuente: UGT-Galicia