FeSP-UGT denuncia que a residencia de Portazgo, onde se detectaron varios contaxios por COVID-19, carecese de mascarillas, medio básico de protección

As administracións teñen que esixir que se habiliten todas as medidas e hai que comezar a pedir responsabilidades

FeSP-UGT denuncia que a residencia de Portazgo, onde se detectaron varios contaxios por COVID-19, carecese de mascarillas, medio básico de protección

Nunha alta porcentaxe de centros de maiores existen carencias en termos de protección, a pesar da vulnerabilidade dos seus usuarios

A Coruña, 25 de marzo de 2020.- FeSP-UGT denuncia as numerosas carencias en materia de prevención que se rexistran nas residencia de maiores. Na do Portazgo (A Coruña), na que se rexistraron varios contaxios por COVID-19, recoñece o centro que carecían dun dos medios máis básicos de protección, as mascarillas.

A carencia de representación sindical neste centro fixo que esta impunidade á hora de non facilitar medidas de protección se prorrogase no tempo e só se coñecese publicamente cando saíron á luz os casos de contaxios.

A autoridade sanitaria ten que verificar que o centro de Portazgo ten os medios estruturais e materiais para cumprir os protocolos derivados do COVID-19

Por isto, FeSP-UGT urxe á autoridade sanitaria competente a que verifique que o centro reúne as condicións estruturais e os medios materiais necesarios para cumprir todas as normativas que se deben aplicar nesta conxuntura: estratificación de residentes, hixenización, test rápidos, material de protección e EPI`s. Ademais, neste mesmo senso, o Sindicato esixe que se vele polo cumprimento dos protocolos establecidos para combatelo COVID-19, pero non só neste centro, senón en todos os de Galicia, tanto de titularidade pública como os de titularidade privada.

O Sindicato lembra que nestes centros de maiores existe unha maior vulnerabilidade que choca, á súa vez, coa menor protección e prevención que se detecta. O goteo de noticias a raíz desta situación de pandemia da fraxilidade e falta de medidas é continuo, polo que FeSP-UGT demanda que se poñan todos os medios enriba da mesa e que se esixan as responsabilidade que en cada caso sexan necesarias.


 


 


 


 

Fuente: UGT-Galicia