Éxito da manifestación virtual

Fecha: 01 May 2020

A calor das rúas trasládase ás redes sociais con mensaxes de recordo e solidariedade cos falecidos e contaxiados polo Covid-19; mensaxes de orgullo ante o inestimable traballo dos empregados e empregadas dos sectores esenciais e mensaxes reivindicativas para aprender das leccións desta pandemia e saír desta crise cun modelo social e económico máis xusto e que priorice ás persoas

As redes sociais colapsáronse na manifestación virtual que comezou ás 13.30 horas con motivo do Primeiro de Maio. Miles de traballadores e traballadoras, afiliados e afiliadas, delegados e delegadas e dirixentes sindicais de toda España enarboraron a bandeira dun 1 de maio atípico, estraño, pero moi emotivo.

A calor das rúas transmitiuse nas redes sociais con mensaxes de recordo cara ás persoas falecidas e contaxiadas polo coronavirus; mensaxes de apoio, solidariedade e orgullo para os empregados e empregadas dos sectores esenciais, que realizaron un arduo labor en beneficio do ben común, en moitas ocasións, a risco da súa saúde ao carecer das medidas de protección adecuadas. E tamén mensaxes reivindicativas para esixir que a saída desta crise sexa unha oportunidade para ir cara a un modelo de crecemento económico máis xusto e sostible, con políticas que aseguren un futuro pensado nas persoas.

Baixo o hastag #YosoyPrimerodeMayo esiximos reforzar os servizos públicos, preservar o emprego, dignificar as condicións laborais con contratos estables e salarios dignos (moitos empregados/as dos servizos esenciais cobran soldos de miseria), blindar o noso Estado de Benestar e reforzar o escudo de protección social. Volveuse a esixir unha renda mínima vital que dea unha resposta inmediata aos preto dun millón de persoas que non perciben ningunha prestación. Demandamos máis e mellor industria, porque se viron as carencias do noso tecido produtivo; máis investimentos en I+D+i (incluídas no ámbito sanitario); en formación, etc.

E pedimos unha solución global, desde a unidade e xenerosidade, a unha crise que non coñece de fronteiras, ideoloxías, nin clases sociais. Unha crise da que temos que saír con máis igualdade e xustiza social.

Fuente: UGT-Galicia