EURES transfronteirizo Galicia/Norte de Portugal

EURES é unha rede creada pola Comisión Europea, con representantes en todos e cada uno dos Estados membro, co fin de prestar servizos de información, asesoramento e colocación destinados aos traballadores e aos empresarios, sobre o mercado de traballo no Espazo Económico Europeo.


Dentro da Rede EURES atópase o Servizo EURES Transfronteirizo, que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresários.


Ata o momento, existen en toda Europa doce EURES Transfronteirizos, un dos cales recibe o nome de Galicia-Norte de Portugal por actuar precisamente nesta rexión fronteiriza.


O Servizo EURES TRANSFRONTEIRIZO Galicia-Norte de Portugal foi creado para dar información específica ligada á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios nesta Eurorrexión.


A través de EURES Transfronteirizo G-NP poderá

  • Divulgar ofertas de emprego na Eurorrexión.

  • Obter información sobre os tramites a realizar na contratación transfronteiriza.

  • Consultar ofertas de emprego de Galicia e o Norte de Portugal.

  • Ter información sobre lexislación dos dous países en materia laboral, fiscal, social…aplicada á mobilidade transfronteiriza.

  • Coñecer oportunidades de formación e prácticas transfronteirizas.

 

https://www.eures-norteportugal-galicia.org/

 

CONCLUSIÓNS DE XORNADAS:

Conclusión Xornada Información Transfronteiriza.

Conclusión Xornada Rede colaboradores.

Conclusión Grupo Inspeccións Laborais.

Conclusión Grupo Seguridade Social.