Este Primeiro de Maio é unha homenaxe ós empregados dos sectores esenciais

Fecha: 01 May 2020

Neste Primeiro de Maio, que se conmemora nun contexto sen precedentes, UGT e CCOO queren render unha particular homenaxe aos traballadores e traballadoras dos servizos esenciais que, en moitos casos, arriscando a súa propia saúde, permitiron que a sociedade puidese manter o confinamento en mellores condicións.

Neste Día Internacional do Traballo, as organizacións sindicais recoñecen o papel primordial destes traballadores e traballadoras que son, a miúdo invisibles para a cidadanía pero que nesta crise sanitaria provocada polo COVID19 demostraron que son imprescindibles e que o seu traballo merece recoñecemento.

Son traballadores e traballadoras do sector sanitario, das residencias, de limpeza, transporte, comercio alimentario. Servizos funerarios, traballadores e traballadoras do campo, do sector postal ou o sector químico. Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e seguridade privada, prisións, enerxía ou telecomunicacións. Comunicación, Call Center, ensino, servizos financeiros, industria agroalimentaria… A todos eles, grazas!

As organizacións sindicais queren hoxe reivindicar o valor do seu traballo, agradecer o seu labor e renderlles unha cálida homenaxe.

Youtube
Fuente: UGT-Galicia