É preciso frear a pandemia e asegurar a reincorporación dos traballadores e traballadoras con seguridade

Fecha: 02 Sep 2020

Paro agosto 2020

Urxe reverter a reforma laboral, unha política económica expansiva e reformar as políticas activas de emprego

Os datos de desemprego rexistrado publicados hoxe polo Ministerio de Traballo mostran a magnitude dos efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19 no emprego e na economía, en xeral, truncando a tímida recuperación, nun mes que é, tradicionalmente, bó para o emprego.

Para que se poida crear emprego é preciso frear a pandemia e asegurar a reincorporación dos traballadores e traballadoras con seguridade, evitando así un novo desplome da actividade ademáis de prolongar os ERTEs e estender a protección aos parados sen ingresos e pagar xa as prestacións do IMV e das empregadas do fogar.

UGT-Galicia insiste en reivindicar o inicio do Diálogo Social para establecer un plan de choque polo emprego de calidade para unha reconstrución social xusta e cambiar a lexislación laboral para primar o emprego indefinido e con dereitos, derrogando as reformas laborais.

En Galicia sitúase a cifra de desemprego no mes de agosto en 176.951 persoa desempregadas, aumentando con respecto ao mes anterior en 1.640 desempregados, o que representa un 0,94 por cento en termos relativos. Preocupantes datos se temos en conta que estamos en plena campaña de verán. Unha situación que non sofríamos desde a anterior crise.

Pero a comparación é aínda peor se a facemos co mesmo mes do ano anterior, xa que sube o incremento do desemprego en 23.131 persoas e, en termos relativos, sube o 15,04 por cento.

As cifras non difieren moito do que ocorre no conxunto do estado. Así, con respecto ao mes anterior, sube o desemprego neste escenario un 0,79 por cento e, con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o 24,04 por cento

O aumento en Galicia interanual como se comproba no cadro de evolución seguinte incluso supera a de 2012.

Ano

Agosto

VAR. Mensual 

Var. Interanual

2008

152.437

2,1

8,7

2009

195.241

1,2

28,1

2010

211.532

0,8

8,3

2011

224.582

0,7

6,2

2012

257.267

-1,1

14,6

2013

257.524

-1,4

0,1

2014

236.939

-1,4

-8,0

2015

213.732

-1,2

-9,8

2016

193.045

-1,2

-9,7

2017

181.125

-0,4

-6,2

2018

164.424

0,6

-9,2

2019

153.820

1,9

-6,4

2020

176.951

0,94

15,04


 

 

Galicia

Estado

2020/ Agosto

176.951

3.802.814

Variación absoluta mes anterior

1.640

29.780

Variación relativa

0,94

0,79

Variación absoluta mismo mes del año anterior

23.131

737.010

Variación relativa

15,04

24,04


 

Mulleres e mozos seguen sendo os colectivos máis perxudicados

Son 8.768 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, aumentando no mes o paro con máis incidencia que no conxunto de idades, o 2,17 por cento fronte ao 0,94 por cento e medrando nada menos que o 30,63 por cento no ano, duplicando así o crecemento do conxunto das idades.

Mellor evolución do desemprego no mes no colectivo masculino, o 0,47 por cento fronte o 1,29 por cento das mulleres. No ano os aumentos son realmente preocupantes, afectando neste caso máis aos homes 18,61 por cento de aumento de desemprego masculino e 12,54 por cento do feminino.

En termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 57.5 por cento do total. O desemprego en Galicia afecta a un total de 101.826 mulleres fronte a 75.125 homes.

 

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

2020/Agosto

8.768

75.125

101.826

Variación absoluta mes anterior

186

348

1.292

Variación relativa

2,17

0,47

1,29

Variación absoluta mismo mes del año anterior

2.056

11.788

11.343

Variación relativa

30,63

18,61

12,54


 

Datos por sectores de actividade

No mes, ao analizar por sector de actividade, hai aumento en todos os sectores, salvo en agricultura e construción. Destaca en termos absolutos o aumento do desemprego na Industria con 417 novos desempregados, Servizos con 633 e o epígrafe de Sen Emprego Anterior con 732 persoas desempregadas máis.

No ano, todos os sectores aparecen prexudicados, destacando o sector primario cun 20,29 por cento de incremento. O resto se moven entre un incremento de entre o 11 e o 15 por cento.

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2020/Agosto

176.951

6.041

19.774

13.724

122.005

15.40

Variación absoluta mes anterior

1.640

-4

417

-138

633

732

Variación relativa

0,94

-0,07

2,15

-1,00

0,52

4,99

Variación absoluta mismo mes del año anterior

23.131

1.019

2.380

1.380

16.375

1.977

Variación relativa

15,04

20,29

13,68

11,18

15,50

14,72


 

Baixada na contratación

Cos datos de agosto compróbase que tan só se realizaron 64.399 contratos, caendo con respecto ao mesmo mes do ano anterior en -29.230 contratos. Con estes datos é clara a afectación no mercado laboral.

 

Total contratos

2020/agosto

64.399

Variación absoluta mes anterior

-22.008

Variación relativa

-25,47

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-29.230

Variación relativa

-31,22


 

Cobertura de desemprego

A taxa de cobertura por desemprego sitúase nun 93,5 por cento, debido a que en o numerador da fórmula se contabiliza ás persoas que están percibindo prestación contributiva por ERTEs, pero que no están incluídas no denominador, ao non ser parados rexistrados por continuar a súa relación laboral coa empresa e permanecer en alta laboral.

Os beneficiarios de prestacións de desemprego se sitúan en 150.178

UGT insiste na ineludible necesidade de prolongar os ERTEs, ampliar a protección por desemprego e pagar xa as prestacións do IMV e das empregadas do fogar.


 

Afiliación e cotización á SS

A afiliación á Seguridade Social sitúase en Galicia no mes de agosto en 1.012.794 persoas, polo que medra nun 0,71 por cento no mes pero cae, con respecto a hai un ano, nun 2,32 por cento.

Galicia

2020/agosto

1.012.794

Variación absoluta mes anterior

7.126

Variación relativa

0,71

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-24.106

Variación relativa

-2,32


 

 

Agosto /2020

Var. Absoluta mes

Var. por cento mes

Var. Absoluta ano

Var. por cento ano

A Coruña

429.795

2.614

0,61 por cento

-12.095

-2,74 por cento

Lugo

122.835

1.293

1,06 por cento

-3.337

-2,64 por cento

Ourense

102.580

913

0,90 por cento

-2.076

-1,98 por cento

Pontevedra

357.584

2.306

0,65 por cento

-6.598

-1,81 por cento

GALICIA

1.012.794

7.126

0,71 por cento

-24.106

-2,32 por cento

Estado

18.792.376

6.822

0,04 por cento

-527.851

-2,73 por cento


Tanto nos casos de Galicia, do Estado e das provincias hai unha forte caída da afiliación, en termos interanuais, dun 2,32 por cento en Galicia e do 2,73 por cento no Estado.