As organizacións sindicais que constitúen o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal (UGT-Galicia, UGT-Portugal, CCOO de Galicia e CGTP-IN) establecen nos Estatutos do CSIr aprobados en 2006 as normas e órganos de goberno que son: Asamblea Xeral e Comisión Executiva.
Asemade están constituídas comisións e grupos de traballo para materias concretas completando así o desenvolvemento deste órgano de participación e acción sindical no ámbito da Eurorrexión.
Os principais obxectivos do CSIr Galicia-Norte de Portugal son os seguintes:
O estudo e valoración dos problemas económicos, socias e laborais, comúns de Galicia e do Norte de Portugal
A coordinación de accións de defensa e promoción que os intereses sociais, políticas económicos, profesionais e culturais das persoas traballadoras.
A participación no desenvolvemento e execución de actividades e labores tendentes a incrementar o benestar social, económico e intelectual das persoas traballadoras no ámbito da Eurorrexión.
A promoción da cooperación interrexional transfronteiriza e a solidariedade das persoas traballadoras de ambas rexións.
A aplicación e execución dos plans bianuais de actividades e das resolucións emanadas do propio CSIr e da Confederación Europea de Sindicatos.
A Presidencia do Consello Sindical Interrexional ten carácter rotatorio sendo elexido cada dous anos como presidente o Sº Xeral de cada un dos sindicatos que o compoñen. Na actualidade estase a desenvolver o Plan de Actividades do CSIr G-NP para 2015 que ten como contidos principais os seguintes:
-
Encontro das Inspeccións de Traballo e Autoridade para as Inspeccións de Traballo de Galicia e do Norte de Portugal
-
Xornada de Formación de colaboradores do servicio de EURES-T en sindicatos e asociacións empresariais
-
Encontro para estudio de obstáculos á mobilidade individual e colectiva
-
Foro de emprego para xovenes en Formación Profesional
-
Encontro multisectorial de delegados e delegadas dos sectores industriais
-
Encontro do grupo de traballo de seguridade social e asistencia sanitaria.
-
O Servicio de EURES e a empresa transfronteiriza
Estas xornadas celébranse alternativamente en cidades de Galicia e do Norte de Portugal.
Os Consellos Sindicais Interrexionais de Galicia-Norte de Portugal e Castela León-Veiras mantemos unha coordinación a través de encontros específicos e proxectos que se solicitan conxuntamente.
O día 20 de febreiro de 2015 foi asinado na cidade de Porto un Protocolo de Cooperación entre a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e o Consello Sindical Interrexional, que ten por obxecto a presentación de proxectos de actuación conxunta ante a Comunidade de Traballo, para que esta entidade os apoie en todos aqueles casos en que a súa execución repercuta nun beneficio social directo que faga mellorar as condicións laborais e asistenciais dos traballadores transfronteirizos potenciando o diálogo social e o achegamento á cidadanía.
Estes proxectos poderán contar con financiación de Fondos Europeos dentro do período de programación comunitaria 2014-2020.
Documentación:
ESTATUTOS DO CONSELLO SINDICAL INTERREXIONAL GALICIA/NORTE DE PORTUGAL
Conclusións do Encontro Multisectorial da Industria e da Innovación Tecnolóxica,