Agora toca derrogar as reformas laborais e crear emprego decente e con dereitos

Fecha: 29 Abr 2021

Nun ano 20.000 empregos temporais menos en Galicia. As reformas laborais configuraron un mercado de traballo no que destruír o emprego temporal é o máis doado

Agora toca derrogar as reformas laborais e crear emprego decente e con dereitos

UGT-Galicia reitera a falta de dinamismo do mercado laboral galego. No último ano 21.700 persoas pasan á inactividade nesta Comunidade


 

Santiago, 29 de abril de 2021.- Para UGT-Galicia, os datos da EPA feitos públicos hoxe reflicten, claramente, os efectos da pandemia e, no caso concreto de Galicia, o pouco dinamismo do seu mercado laboral.

Así, nesta Comunidade, tanto en termos trimestrais como interanuais, rexístrase unha evolución moi negativa da actividade e da ocupación, cun aumento do desemprego e da inactividade. De feito, o efecto desánimo na busca de emprego e a falta de expectativas, leva a que a variable que máis se incrementa en Galicia sexa a inactividade.

Tras o Nadal, no primeiro trimestre de 2021, segundo os datos da EPA, a ocupación cae en 21.100 persoas e o paro sube en 15.700.

Pero que en termos interanuais, os efectos da pandemia son máis evidentes aínda. Caen os activos en 21.700, subindo así a inactividade en Galicia nun total de 24.400 persoas.

Interanualmente, o paro medra en 1.500 persoas, un 1%, unha porcentaxe moito máis baixa que no resto do Estado, precisamente, por esa saída de 21.700 galegos cara a inactividade.

De feito, os ocupados no trimestre caen en Galicia un 2%, fronte ó 0,7% do resto do Estado.

As taxas de paro quedan no 13% en Galicia (158.300 parados) e no Estado no 15,98% (3.653.900 persoas desempregadas).

De novo, a maior tendencia á actividade no resto do Estado explica tamén unha taxa de paro máis elevada que en Galicia. O paro medra no ano no Estado no 10,3% e en Galicia o 1%. Reflexo da tendencia á inactividade, falta de expectativas e menor dinamismo do mercado laboral galego.

A taxa de paro entre as mulleres e máis de dous puntos superior á dos homes e no caso dos máis mozos escala ata o 38%

As mulleres e os máis mozos, menores de 25 anos, lévanse, de novo, a peor parte do mercado laboral galego. A taxa de paro entre os homes é dun 11,8% e no caso das mulleres sube ata o 14,3%. No caso dos máis mozos escala ata o 38%. As grandes debilidades do mercado laboral galego seguen a ser as mulleres e os máis mozos.

23.200 empregos perdidos nun ano, dos que 22.400 foron na industria

Interanualmente, a perda de emprego é moi elevada. 23.200 empregos perdidos. En todos os sectores, pero 22.400 na industria, un 11,7% de caída. Na construción, 6.200, baixada do 8,1%; no primario, 1.700 (2,5% menos); e tan só medra no sector servizos, con 7.000 emprego máis, un 0,9%.

No trimestre, a perda do emprego, tras o Nadal, tamén foi xeneralizada. 5.300 menos na construción, unha caída do 7%; 4.400 no primario, 6,2%; 5.800 na industria, 3,3%; e 5.600 no sector servizos, un 0,7% menos.


 

En miles

Total

Agricultura e pesca

Industria

Construción

Servizos

I Trimestre 2021

1.059.800

66.300

168.500

70.200

754.800

Variación trimestre anterior

- 21.100

- 4.400

- 5.800

- 5.300

- 5.600

Variación relativa

-2,0

-6,2

-3,3

-7,0

-0,7

Variación absoluta mismo trimestre anterior

- 23.300

- 1.700

- 22.400

- 6.200

7.000

Variación relativa

-2,2

-2,5

-11,7

-8,1

0,9

 

Hai en Galicia 851.800 persoas asalariadas, diminuíndo no primeiro trimestre, con respecto ó anterior, en 19.900. No ano a caída foi de 20.300 persoas asalariadas.

UGT-Galicia denuncia o fácil que resulta expulsar o emprego temporal do mercado laboral galegos, polas reformas impostas

A taxa de temporalidade mantense en case a cuarta parte da poboación asalariada, no 23,3%. Cae no trimestre, o que amosa o fácil que resulta expulsar o emprego temporal do mercado laboral, sobre todo, tras as reformas laborais impostas. Nun ano, 20.000 empregos asalariados con contratos temporal menos, fronte a preto de 300 no caso do indefinido.

Pero é que dos 20.000 empregos perdidos, 12.500 afectaron a mulleres con contrato temporal. Ante unha crise de emprego como a que se está a vivir, o temporal e o feminino, os máis afectados.

 

Taxa de temporalidade

Total

Homes

Mulleres

2019/I

25,8

24,5

27,2

2019/IV

25,9

23,9

28,0

2020/I

25,1

22,7

27,6

2020/II

22,1

19,7

24,6

2020/III

24,6

23,4

26,0

2020/IV

24,3

22,8

25,8

2021/I

23,3

21,5

25,3

Fonte: Elaboración propia UGT Galicia a partir dos datos da EPA do IGE


 

 

2021/I Trimestre (En miles)

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.341,3

1,7

0,1

2,7

0,1

Inactivos

1.123,2

7,1

0,6

24,4

2,2

Homes

488,4

6,3

1,3

17,2

3,7

Mulleres

634,8

0,8

0,1

7,2

1,1

Activos

1.218,1

-5,4

-0,4

-21,7

-1,8

Homes

632,8

-3,9

-0,6

-13,9

-2,1

Mulleres

585,3

-1,5

-0,3

-7,8

-1,3

Ocupados

1.059,8

-21,1

-2,0

-23,2

-2,1

Homes

558,1

-13,3

-2,3

-16,7

-2,9

Mulleres

501,6

-7,9

-1,6

-6,6

-1,3

Asalariados

851,8

-19,9

-2,3

-20,3

-2,3

Con contrato indefinido

653,0

-7,3

-1,1

-0,3

0,0

Homes

345,3

0,3

0,1

-0,6

-0,2

Mulleres

309,5

-5,8

-1,8

2,1

0,7

Con contrato temporal

198,8

-12,6

-6,0

-20,0

-9,1

Homes

94,1

-7,9

-7,7

-7,4

-7,3

Mulleres

104,7

-4,7

-4,3

-12,5

-10,7

Parados

158,3

15,7

11,0

1,5

1,0

Homes

74,7

9,3

14,2

2,8

3,9

Mulleres

83,6

6,3

8,2

-1,3

-1,5

Menores 25 anos

5,2

-10,3

-66,5

-10,2

-66,2

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

66,3

-4,4

-6,2

-1,7

-2,5

Industria

168,5

-5,8

-3,3

-22,4

-11,7

Construción

70,2

-5,3

-7,0

-6,2

-8,1

Servizos

754,8

-5,6

-0,7

7,0

0,9

%

2021/I

2020/IV

2020/I

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

Taxa actividade

52,0

52,3

53,0

Homes

56,4

56,9

57,8

Mulleres

48,0

48,1

48,6

Taxa ocupación

45,3

46,2

46,3

Homes

49,8

51,1

51,4

Mulleres

41,1

41,7

41,6

Taxa desemprego

13,0

11,7

12,6

Homes

11,8

10,3

11,1

Mulleres

14,3

13,2

14,3

Menores de 25 anos

38,0

33,5

28,0

Taxa temporalidade

23,3

24,3

25,1

Homes

21,5

22,8

22,7

Mulleres

25,3

25,8

27,6


 

Chegou o momento de aplicar medidas que recuperen os dereitos perdidos. O aumento do SMI, derrogación da reforma laboral e reforzo das políticas activas de emprego

Para UGT-Galicia, é o momento de aplicar medidas que recuperen os dereitos laborais perdidos, avanzando na axenda política aínda pendente. O aumento do SMI e a derrogación da reforma laboral, así como o reforzo inmediato das políticas activas de emprego, deberán ser obxecto de atención canto antes. Sen estas decisións aínda por adoptar, os investimentos proxectados no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, non chegarán ós que máis as precisan.

 


 

Fuente: UGT-Galicia
EPA