Agora que se xera emprego de calidade (moi bo dato de contratación indefinida, 35,48%), a prioridade é acabar co desemprego

Fecha: 04 Oct 2022

UGT-Galicia advirte sobre o peor comportamento do desemprego en Galicia e sobre a difícil situación das persoas desempregadas, xa que máis da metade perciben prestacións non contributivas

Agora que se xera emprego de calidade (moi bo dato de contratación indefinida, 35,48%), a prioridade é acabar co desemprego

Cos orzamentos ás portas, tanto a nivel do Estado como en Galicia, urxe dotar aos Servizos Públicos de Emprego de recursos e impulsar verdadeiras políticas activas de emprego


 

Santiago, 4 de outubro de 2022.- Os datos de paro e de afiliación á Seguridade Social do mes de setembro publicados polo Servizo Público de Emprego (SEPE) rexistraron un aumento do número de persoas en desemprego, reflectindo a estacionalidade propia dun mes marcado polo fin da campaña de verán. Aínda que hai que precisar que os datos de Galicia, tanto mensualmente como interanualmente, son peores que os do resto do Estado.

Non obstante, o que si hai que resaltar como un dato moi positivo, un mes máis dende que se ten aprobado a reforma laboral, é o da contratación indefinida que chega ao 35,48%, cando hai un ano esta non superaba o 8,71%. En suma, segue creándose emprego de calidade e constátase que a reforma laboral está a cumprir coa súa finalidade.

Con todo, a pesar da mellora das condicións laborais, a situación socioeconómica das persoas traballadoras continúa véndose moi resentida como consecuencia dos efectos da guerra de Ucraína sobre a capacidade adquisitiva dos fogares. As altas taxas de inflación, o aumento dos tipos de interese e as moi moderadas subidas salariais combínanse para facer da clase traballadora a principal vítima da crise internacional.

A negativa da CEOE a asinar un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) que asegure subidas salariais xustas, como parte dun pacto de rendas que distribúa de maneira equilibrada os custos da situación actual, manifesta a falta de miras e a pouca responsabilidade da patronal para o bo devir da economía española.

É a hora de subir salarios

Nun momento difícil cun crecemento da inflación e do custo da vida desbocados, é fundamental reabrir as negociacións coa patronal para pechar os miles de convenios bloqueados e alcanzar un acordo xeral de salarios, para iso UGT e CCOO convocaron un calendario de mobilizacións que comezará o próximo 7 de outubro, continuará no outono e terá un punto de inflexión na gran mobilización do 3 de novembro en Madrid.

O Goberno tamén debe actuar e incentivar a subida dos salarios e ingresos dos fogares, comezando por elevar o SMI e, á vez, reforzar o escudo social, destinando máis medios a combater o aumento da desigualdade. Os ingresos extraordinarios que se pretenden obter a partir da nova reforma fiscal deben ir orientados nesta dirección, permitindo o financiamento de cantos programas de gasto e investimento sexan necesarios para blindar e ampliar o Estado de Benestar.

Os bos datos en materia de emprego non deben facernos esquecer a situación na que se atopan un gran número persoas que levan anos en situación de desemprego. Segundo a última EPA, en Galicia o 38% das persoas desempregadas levan máis dun ano buscando emprego e os datos de hoxe referidos á cobertura por desemprego indican que as prestacións contributivas non chegan nin á metade dos desempregados. O contrario, as prestacións non contributivas son de moita menor contía e sitúan aos seus perceptores e ás súas familias nunha moi difícil situación para chegar a fin de mes e, sobre todo, na actual conxuntura marcada polos altos prezos. Por iso, UGT-Galicia reivindica a importancia de dotar aos Servizos Públicos de Emprego de recursos necesarios para que poidan desenvolver o seu labor de maneira eficaz e impulsar Políticas Activas de Emprego con programas e servizos que se adapten ás necesidades específicas de cada persoa, brindándolles así a posibilidade real de lograr unha rápida e adecuada inserción laboral. E, ás portas da presentación das contas públicas, tanto do Estado como de Galicia, esta deben ser unha das prioridades dos novos orzamentos para o 2023.

Datos desemprego setembro Galicia

Baixando a análise concreta dos datos, estes indican que o desemprego en Galicia tivo un peor comportamento que no resto do Estado. No mes medrou en ambos contextos pero máis nesta Comunidade, nun 1,55%, fronte ao 0,6% do Estado. No ano sucedeu o mesmo, a contracción foi do 5,84% en Galicia e do 9,7% no Estado. De novo, o mercado laboral amosa aínda estar moi estacionalizado e máis en Galicia que no resto do Estado.

Entre os máis mozos, menores de 25 anos, o desemprego, sen embargo, tivo un mellor comportamento. Baixou no mes nun 2,69% e tamén diminuíu dun xeito máis acusado no ano, nun 12,82%.

Por sexos, o paro subiu en ambos casos, nun 1,66% no caso dos homes e nun 1,47% no caso das mulleres. No ano a contracción foi do 6,23% no caso das mulleres e do 5,29% no caso dos homes. Non obstante, en termos estruturais, as mulleres representan o 59% do total do desemprego en Galicia.

Mensualmente, o desemprego medrou en todos os sectores, salvo entre o colectivo de sen emprego anterior, onde baixou o 1,41%. O aumento máis destacado, polo fin da temporada estival, foi no servizos, cunha suba do 2,21%, de feito, a gran maioría das persoas que entran no desemprego, 2.227, son deste sector. Na industria o aumento foi do 0,61%; do 0,26% na construción; e do 0,32% no sector primario.

No ano a contracción é considerable en todos, destacando a industria, cunha baixada do 12,22%; na construción, do 8,3%; no primario, do 5,24%; do 5,1% no colectivo sen emprego anterior; e do 4,7% nos servizos.

Territorialmente, o aumentou rexistrouse no mes en todas as provincias. En Lugo subiu un 0,87%; en Ourense, nun 0,27%; na Coruña, nun 1,53%; e nun 2,13% en Pontevedra. No ano rexistrouse contracción en todas elas. Na contorna do 7% en Lugo e Coruña e do 4% nas outras dúas provincias.

Como xa se apuntaba en parágrafos precedentes, un mes máis, dende a aprobación da reforma laboral, dáse un excelente dato de contratación indefinida, do 35,48%, aínda que por debaixo do resto do Estado onde esta chega ao 46,7%. Realízanse menos contratos, 81.005, que no ano anterior pero de moita máis calidade.

Por sectores, destaca a porcentaxe de contratación indefinida na construción, do 74,8%; do 32,8% no primario; do 36,4% nos servizos; e do 23,4% na industria.

En canto ás cifras de afiliación á Seguridade Social, en Galicia a media mensual é de 1.049.346, baixando non 0,57%, mentres que no Estado aumenta nun 0,15%.


 

GALICIA

setembro 202

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

144.109

2.197

1,5

-8.945

-5,8

* homes

59.078

965

1,7

-3.298

-5,3

* mulleres

85.031

1.232

1,5

-5.647

-6,2

* mozos e mozas < 25 anos

5.344

-148

-2,7

-786

-12,8

Por sectores*

* agricultura

4.776

15

0,3

-264

-5,2

* industria

15.048

91

0,6

-2.095

-12,2

* construción

9.945

26

0,3

-900

-8,3

* servizos

102.974

2.227

2,2

-5.075

-4,7

* sen emprego anterior

11.366

-162

-1,4

-611

-5,1

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (agosto)

82.930

 

(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (agosto)

62,5

Por provincias

A Coruña

57.432

863

1,5

-4.353

-7,0

Lugo

13.851

120

0,9

-1.113

-7,4

Ourense

16.808

45

0,3

-799

-4,5

Pontevedra

56.018

1.169

2,1

-2.680

-4,6

CONTRATACIÓN

Nº contratos

81.005

9.222

12,8

-15.610

-16,2

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

28.744

7.871

37,7

20.330

241,6

* temporais

52.261

1.351

2,7

-35.940

-40,7

(%) contratos indefinidos

35,48

 

% Indefinidos primario

32,78

% Indefinidos industria

23,38

% Indefinidos construción

74,77

% Indefinidos servizos

36,38

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.049.346

-5.985

-0,6

15.118

1,5

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 


 


 

Fuente: UGT-Galicia