27 de marzo, manifestación polo futuro de Aluiberica

Na defensa do emprego, por un futuro industrial y contra a represión sindical

A  sucesión de despedimentos desde o mes de decembro na Sociedade Alu Ibérica, LC SL (antiga Alcoa A Coruña),  primeiro, dunha traballadora ese mesmo mes, e logo, en febreiro, de catro representantes  sindicais   —o  presidente   e  vicepresidente   do comité de empresa, un membro dese comité e un delegado  de sección sindical—, acredita un paso adiante na espiral de violencia empresarial,  que busca, sen máis,  o desmantelamento da factoría que o grupo Riesgo adquiriu mediante un proceso que hoxe está sendo investigado  polo ministerio fiscal e a Audiencia Nacional.

Demandamos  unha  solución  que  garanta  realmente  a continuidade industrial e dos postos de traballo. A cinco  meses do remate do prazo establecido nas condicións da venda da fábrica e de mantemento do emprego derivado da operación da venda por Alcoa, existe un risco clarísimo de desmantelamento e desaparición  da fábrica,  coa agravante de atopármonos nunha crise económica, derivada da crise sanitaria por mor da pandemia.

Polo tanto, CCOO,  UGT e CIG chamámoste a mobilizarte para protexer as persoas que loitan por salvar  a industria,  que é un sector estratéxico da economía e do emprego no país.