25N Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

25N Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

UGT-Galicia, co gallo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, manifesta o seu compromiso activo, determinante e irrevogable de erradicar todas as violencias machistas e as causas que as orixinan ou favorecen; unha violencia que, nas súas diferentes manifestacións, impídelles ás mulleres o exercicio pleno dos seus dereitos, entre outros, o dereito á liberdade, a seguridade, a autonomía, a igualdade e a dignidade; que, ademais, afectan gravemente á saúde, condicións laborais e de vida, xerándolles numerosas secuelas físicas, sexuais, psicolóxicas, económicas e sociais.

E, tantas veces, custándolles a propia vida. UGT condena enerxicamente esta violencia que, na súa expresión máis dramática, materialízase no asasinato de decenas de mulleres e menores no transcurso do anos, deixando gravemente lesionadas a centenares.

En coherencia cos nosos principios e valores, asumindo a nosa funcións mobilizadora e correctora de desigualdades, UGT invita ás persoas traballadoras e á cidadanía en xeral a secundaren os distintos actos e mobilizacións que se realizan en todas as cidades e vilas neste 25 de novembro de 2021. UGT sinala a importancia de coñecer, detectar e actuar contra as distintas formas de violencia machista dirixida ás mulleres, que ademais de constituír unha violación grave dos dereitos humanos e constitucionais, supón a manifestación máis dramática das desigualdades e discriminacións por razón de sexo-xénero que persisten nunha sociedade de raíces patriarcais. Manifestamos que se trata dunha violencia sistémica, concretada nas súas diferentes manifestacións físicas, psicolóxicas, sexuais, económicas... por homes con crenzas patriarcais que non recoñecen os dereitos e autonomía das mulleres e que pretenden mantelas baixo o seu control e suxeición, impedíndolles con acción e violencia o exercicio plenos dos seus dereitos fundamentais. 

PARA ACCEDER Ó MANIFESTO COMPLETO, PREME AQUÍ