As medidas, froito da concertación destes dous últimos anos, van a supoñer un antes e un despois na loita pola igualdade real

Cristina Antoñanzas intervén en Santiago nunha asemblea na que se analiza “O impacto da reforma laboral na muller”

Cristina Antoñanzas intervén en Santiago nunha asemblea na que se analiza “O impacto da reforma laboral na muller”

As medidas, froito da concertación destes dous últimos anos, van a supoñer un antes e un despois na consecución da igualdade real


 

Santiago, 11 de marzo de 2022.- A vicesecretaria xeral de UGT, Cristina Antoñanzas, interviu hoxe na asemblea de delegados e delegadas que UGT organizou en Santiago para analizar “O impacto da reforma laboral na muller”, no marco dos actos do 8M que se celebraron ó longo de toda a semana.

Na súa intervención, que foi precedida pola presentación da secretaria de Igualdade de UGT-Galicia, Trinidad Campos, que destacou a labor a prol da igualdade do Sindicato nos seus 130 anos de historia, fixo fincapé no impacto das reformas lexislativas, dentro do contexto do diálogo social, sobre a igualdade real e efectiva de homes e mulleres. Neste senso, puxo en valor o diálogo social e os seus froitos.

Abriu o relatorio de medidas co modelo de ERTE`s aprobados a raíz da pandemia, que afectaron a más de 3,5 millóns de traballadores e traballadoras, que serviron para protexer o emprego, neste caso, de máis mulleres que homes. Sempre foron máis traballadoras que traballadores os que estiveron ó amparo de ERTE`s e agora mesmo tamén, o que está a amosar que lles está custando máis saír da situación.

Destacou tamén a Lei do Teletraballo que deixou claro que teletraballar non é conciliar e que esta nova modalidade laboral tiña que ser regulada para evitar certos abusos empresariais.

No seu relatorio de medidas aprobadas ó abeiro do diálogo social, están os dous reais decretos, o 901 e o 902, que están a supoñer un antes e un despois na igualdade deste país. O primeiro, desenvolve os plans de igualdade que van a darnos unha fotografía clara e concreta do que hai nas empresas, dende a clasificación profesional, formación, excedencias, casos de acoso e como está recollido... e todo isto separado por sexos.

En canto ó 902, no que se entra de chego na igualdade retributiva, vanse saber dunha vez por todas as diferenzas salariais detalladas por sexos, non só no relativo ós salarios base, senón en todo o referente ó resto dos conceptos salariais, como os complementos.

Tamén adiantou que hai unha guía acordada cos empresarios sobre a valoración dos postos de traballo nas empresas que sairá á luz nos vindeiros días e que tamén vai constituír unha ferramenta básica en prol da igualdade real e efectiva.

Aclarou que a partir deste luns, xa son obrigatorios os plans de igualdade nas empresas de máis de 50 traballadores e traballadoras pero é que estas tiveron dende 2019 xa un prazo de tres anos para poñerse ó día e hoxe, das 25.000 empresas afectadas, só unhas 4.500 teñen este plan.

As progresivas subas do SMI tamén están a dar os seus froitos, xa que afectan ós salarios máis baixos, sobre todo a mulleres e mozos. De feito, nos dous últimos anos a brecha salarial reduciuse en dous puntos e agárdase que coa última suba, que aínda non está rexistrada na última análise de brecha que se fixo en base a datos de 2019, esta aínda se reduza máis.

Pero é que o ano 2022 vai constituír o ano da maior inflexión, a reforma laboral que, ademais dos cambios na contratación, trae a recuperación da ultraactividade, que vai beneficiar e moito ás mulleres; a recuperación da prevalencia do convenio de sector fronte ó de empresa; e, finalmente, a obrigatoriedade de que as contratas e subcontratas apliquen o convenio de sector da actividade desenvolvida. Isto vai acabar cos abusos das multiservizos, que actúan, sobre todo, en sectores altamente feminizados, polo que, de novo, as mulleres vanse a ver beneficiadas.

De feito, neste último punto, calcúlase que as mulleres poderían recuperar ata 7.000 euros ó ano.

Finalmente, reiterou o punto de inflexión que van a supoñer todas estas medidas no eido da igualdade e apelou a que todos os cambios e medidas que se implementen se fagan con perspectiva de xénero. Por exemplo, cos fondos de reestruturación, as administracións teñen que incidir en que ningún dos pasos que se de pode acrecentar as brechas xa existentes.

8M