A UXP conmemora o Día internacional das persoas maiores baixo o lema “Maiores con dereitos”

UGT reivindica unha Lei Integral de Dereitos para as Persoas Maiores

UGT reivindica unha Lei Integral de Dereitos para as Persoas Maiores

A UXP conmemora o Día internacional das persoas maiores baixo o lema “Maiores con dereitos”

É esencial establecer medidas para erradicar o edadismo, as brechas de xénero, os estereotipos asociados coa idade ou a violencia cara as persoas maiores



 

Santiago, 1 de outubro de 2025.- Neste 1 de outubro, Día internacional das persoas maiores, a Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT-Galicia (UXP) denuncia o abandono, discriminación e precariedade que sofren os máis maiores. 

Dependencia

Concretamente, denuncia as carencias en materia de dependencia, un sistema que debería garantir unha vida digna e autónoma ás persoas maiores pero que, sen embargo, atravesa unha crise profunda. Ao respecto, a UXP esixe a reactivación inmediata do financiamento público, tanto estatal como da Xunta, con criterios de equidade e suficiencia; a eliminación do chamado “limbo da dependencia” mediante procedementos áxiles, transparentes e universais; e unha revisión profunda do modelo de atención, priorizando os servizos profesionais e o coidado no fogar, os centros comunitarios e a dignificación do traballo dos coidados.

Pensións

As pensións deben ser máis que un ingreso, son un dereito que deben garantir o sustento, a autonomía e a dignidade. A mellora lograda na última reforma, no marco do diálogo social, posibilitou que as pensións mínimas e non contributivas, percibidas maioritariamente por mulleres, conten cunha garantían automática que as sitúa por enriba do umbral da pobreza. Sen embargo, as brechas de xénero acumuladas durante toda a vida laboral persisten. Ante isto, a UXP de UGT reclama a culminación da aplicación efectiva da garantía de suficiencia acordada na reforma de 2023 e que debe culminar no 2027; un sistema de compensación das desigualdade de xénero; e unha visión interxeneracional da Seguridade Social que asegure a sostibilidade do sistema, contendo e reforzando elementos de equidade, xustiza e redistribución.

Vivenda

En canto á vivenda, a UXP considera que é un dereito que envellece mal e que hai que garantir que as persoas maiores vivan nunha contorna segura. Para o cal, urxe un plan nacional de vivenda que garanta o acceso á vivenda social para as persoas máis vulnerables e vivenda asequible para o conxunto da poboación; políticas que garanan a adaptación da vivenda para a súa accesibilidade; protección legal contra os desafiuzamentos; e o desenvolvemento de contornas amigables e accesibles con servizos de proximidade.

Edadismo

Un ano máis, neste 1 de outubro, hai que denunciar que o edadismo segue a ser unha discriminación que mata. Para loitar contra este xeito de violencia estrutural, urxe un compromiso cunha sociedade interxeneracional, inclusiva e diversa, onde o valor das persoas non dependa da súa idade; tamén é necesario garantir a incorporación activa das persoas maiores nos espazos de participación e decisión pública; e erradicar o edadismo da linguaxe institucional, a publicidade e a atención sanitaria.

Neste contexto xa resulta inaprazable unha Lei de Defensa e Garantía dos Dereitos das Persoas Maiores que recoñeza a este sector da poboación como titulares de dereitos plenos; estableza mecanismos de defensa xurídica específica ante situacións de maltrato, neglixencia ou abuso institucional; que articule unha estratexia integral de envellecemento activo, protección social e atención sanitaria; e que xenere un marco legal para a coordinación territorial e presupostaria sobre coidados.

Contra o xenocidio en Palestina

Nesta data a UXP de UGT-Galicia tamén quere alzar a voz pola paz como dereito e horizonte e contra o xenocidio en Palestina.


 



 



 



 

Fuente: UGT-Galicia