UGT alerta que o incremento do paro interanual no mes de xaneiro en Galicia achégase ós niveis da crise anterior
Fecha: 02 Feb 2021

Derrogar a Reforma Laboral, “Agora Si Toca”
UGT alerta que o incremento do paro interanual no mes de xaneiro en Galicia achégase ós niveis da crise anterior
A afiliación á Seguridade Social continúa en caída libre, tanto no ano como no mes
Santiago, 2 de febreiro de 2021.- Os datos de desemprego feitos públicos hoxe, aínda que en Galicia se rexistre un lixeiro descenso no mes, reflicten un pésimo comportamento do mercado laboral, cunha suba do paro no ano de case o 11% (10,9) e con cifras que xa se achegan ós crecementos interanuais da crise anterior. De feito, interanualmente o desemprego en xaneiro en Galicia viña baixando dende o 2014, o que contrasta coa forte suba que se fai pública hoxe. UGT-Galicia tamén alerta sobre os malos datos de afiliación á Seguridade Social rexistrados. No mes en Galicia, segundo a media, esta sitúase en 992.338, baixando tanto no mes, nun 1%, como no ano, nun 1,4%.
As grandes eivas do mercado laboral galego e do estatal e as súas fraxilidades e debilidades, que en momentos de crise como o actual os fan especialmente vulnerables, obrigan a revisar a normativa actual e a acometer a derrogación xa da Reforma Laboral de 2012. Reivindicación na que UGT insiste ás porta do aniversario desta reforma. Hai que lembrar que as negociación nesta liña, sobre todo sobre os aspectos máis lesivos, quedaron paralizadas en marzo do pasado ano e urxe retomalas. Así como as negociación cara a suba do SMI. Dous dos asuntos que motivan as mobilización do 11 de febreiro, xunto á esixencia da derrogación da reforma das pensións de 2013.
Ademais, UGT esixe impulsar as políticas activas de emprego e máis recursos para os Servizos Públicos de Emprego procedentes do Plan de Recuperación e Resiliencia. Un Plan que debe contar coa participación activa dos axentes sociais.
Por outra banda, UGT volve a poñer en valor a prórroga dos ERTES, un elemento fundamental que frea os estragos sobre o emprego e a actividade dunha crise sen precedentes e pide reforzar e ampliar o escudo de protección social, máis aló incluso da pandemia.
Nunha análise concreta dos datos facilitados polo Ministerio de Traballo e Economía Social e polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións compróbase que estamos lonxe de mitigar a desfavorable evolución provocada pola crise sanitaria causada pola COVID-19 no emprego e na economía, en xeral.
Sitúase a cifra de desemprego en Galicia no mes de xaneiro de 2021 en 185.984, cae con respecto ao mes anterior en 3.603, -1,9% (evolución contraria ao Estado no que medra o 1,96%). En termos interanuais o desemprego aumenta en 18.229 persoas, o 10,9% máis, en Galicia, e 710.500 parados máis no Estado. As cifras falan por si mesmas, 185.984 desempregados en Galicia e case 4 millóns, 3.964.353 no Estado.
O aumento en Galicia en termos interanuais, como se comproba no cadro de evolución seguinte, sitúase nos volumes de crecemento da crise anterior.
Ano |
Xaneiro |
Var. Mensual |
Var. Interanual |
2007 |
163.583 |
1,8 |
-9,8 |
2008 |
161.162 |
4,0 |
-1,5 |
2009 |
201.316 |
6,0 |
24,9 |
2010 |
231.628 |
3,9 |
15,1 |
2011 |
245.831 |
3,6 |
6,1 |
2012 |
271.284 |
5,1 |
10,4 |
2013 |
290.790 |
4,3 |
7,2 |
2014 |
281.077 |
3,7 |
-3,3 |
2015 |
259.002 |
2,8 |
-7,9 |
2016 |
236.447 |
3,3 |
-8,7 |
2017 |
212.078 |
3,0 |
-10,3 |
2018 |
189.886 |
2,6 |
-10,5 |
2019 |
174.800 |
3,3 |
-7,9 |
2020 |
167.755 |
1,5 |
-4,0 |
2021 |
185.984 |
-1,9 |
10,9 |
|
Galicia |
Estado |
2020/Xaneiro |
185.984 |
3.964.353 |
Variación absoluta mes anterior |
-3.603 |
76.216 |
Variación relativa |
-1,90 |
1,96 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
18.229 |
710.500 |
Variación relativa |
10,87 |
21,84 |
Son 8.574 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, caendo considerablemente o paro, o 7,2%, pero medrando o 9,5% no ano.
Por sexos, o paro baixa no mes o 2% no caso dos homes e un 1,8%, menos acusado, no das mulleres. No ano, os aumentos son realmente preocupantes, 11,5% de aumento de desemprego masculino e 10,4% do feminino.
En termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 56,6% do total de desemprego en Galicia, afecta a un total de 105.305 mulleres en Galicia fronte a 80.679 homes.
2020/ Xaneiro |
Menores 25 anos |
Homes |
Mulleres |
8.574 |
80.679 |
105.305 |
|
Variación absoluta mes anterior |
-663 |
-1.670 |
-1.933 |
Variación relativa |
-7,2 |
-2,0 |
-1,8 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
740 |
8.292 |
9.937 |
Variación relativa |
9,5 |
11,5 |
10,4 |
No mes, ao analizar por sector de actividade, hai caída en todos, sen excepcións. Caída acusada no colectivo sen emprego anterior 10,16% menos, no primario, 6,66%, na industria 2,83%, na construción 2,5% e leve contracción nos servizos, 0,43%.
No ano, todos os sectores aparecen prexudicados, destacando os servizos, co 12,5% máis, tamén o primario con 11,9% máis, considerable aumento tamén en industria e sen emprego anterior, con 8,3% e 7,8% de aumento, respectivamente, e no que menos aumenta é na construción, cun 3% de crecemento.
En termos absolutos o desemprego ten maior incidencia nos servizos, 14.536 desempregados máis no ano, 12,5% máis nun ano. Xa só as cifras de desemprego nos servizos son preocupantes, 130.717; na industria nada menos que 19.880; na construción 14.259; no colectivo de sen emprego anterior 14.235; e no primario 6.893.
|
Paro total |
Agricultura / Gandería |
Industria |
Construción |
Servizos |
Sen emprego anterior |
2020/Xaneiro |
185.984 |
6.893 |
19.880 |
14.259 |
130.717 |
14.235 |
Variación absoluta mes anterior |
-3.603 |
-492 |
-579 |
-359 |
-564 |
-1.609 |
Variación relativa |
-1,90 |
-6,66 |
-2,83 |
-2,46 |
-0,43 |
-10,16 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
18.229 |
732 |
1.517 |
413 |
14.536 |
1.031 |
Variación relativa |
10,87 |
11,88 |
8,26 |
2,98 |
12,51 |
7,81 |
En termos provinciais todas teñen o mesma evolución, caída no mes e medra no ano en todas as provincias. Na que máis cae no mes en termos absolutos é en Pontevedra, con 1.522 menos e tamén en relativo, o -2,1%. No ano, fortes crecementos en todas, nas que máis: 14,1% en Lugo, 12,3% en Ourense, 11,5% en Coruña e 9% en Pontevedra.
|
Xaneiro / 2021 |
Var. Absoluta mes |
Var. % mes |
Var. Absoluta ano |
Var. % ano |
A Coruña |
74.853 |
-1.458 |
-1,9 |
7.727 |
11,5 |
Lugo |
18.742 |
-186 |
-1,0 |
2.320 |
14,1 |
Ourense |
20.781 |
-437 |
-2,1 |
2.278 |
12,3 |
Pontevedra |
71.608 |
-1.522 |
-2,1 |
5.904 |
9,0 |
En relación a xaneiro de 2020 realizáronse en Galicia 25.377 contratos menos. Nin a contratación temporal se está utilizando porque esta cae en máis de 23.000
Cos datos de xaneiro compróbase que tan só se realizaron 60.479 contratos, contraéndose con contundencia con respecto ás cifras prepandemia. En relación a xaneiro do ano 2020 realizáronse 25.377 contratos menos.
|
Total contratos |
Xaneiro / 2021 |
60.479 |
Variación absoluta mes anterior |
3.007 |
Variación relativa |
5,23 |
Variación absoluta mesmo mes do ano anterior |
-25.377 |
Variación relativa |
-29,56 |
Se nun ano cae a contratación temporal en 23.046 contratos, da unha idea de que nin a contratación temporal estase utilizando.
A taxa de cobertura por desemprego en decembro 2020 (último dato dispoñible) sitúase nun 68,8% (63,3% no Estado).
As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego sitúanse en 119.464. Destas, hai un considerable número de persoas beneficiarias de prestación contributiva 62.317, o 52,2%. Isto indica que hai unha considerable perda de empregos que estaban cotizando, e cotizando por desemprego, non constan aqueles que non tiveran cotización por desemprego.
Decembro 2020 |
Prestación contributiva |
subsidio |
renda activa de inserción |
Totais |
GALICIA |
62.317 |
50.283 |
6.864 |
119.464 |
Tamén se rexistra unha pésima evolución nas cifras de afiliación á Seguridade Social (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 992.338. Perda no mes e no ano, do -1% e -1,4%, respectivamente.
2021/Xaneiro |
Galicia |
Estado |
992.338 |
18.829.480 |
|
Variación absoluta mes anterior |
-9.823 |
-218.953 |
Variación relativa |
-0,98% |
-1,15% |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
-14.168 |
-335.014 |
Variación relativa |
-1,41% |
-1,75% |
Case 30.000 traballadores en ERTE e o 57,1% son mulleres
En canto ós ERTE, hai en Galicia no mes de xaneiro de 2021 (media mensual) 29.739 traballadores e traballadoras en ERTE, deles 19.411 (RDL30/2020). Por sexos, utilizando os datos do último mes, xa que non se ofrecen datos de media anual por sexos: homes 13.422 e 17.886 mulleres, 57.1%. 2.776 traballadores están afectados por ERTES de “non forza maior”; 7.552 de “forza maior”; e un total de 19.411, relativos ó RDL30/2020.
GALICIA |
Xaneiro 2021 |
VARIACIÓN SOBRE |
|||
Mes anterior |
Mesmo mes ano anterior |
||||
nº |
% |
nº |
% |
||
DESEMPREGO |
|||||
Nº persoas paradas |
185.984 |
-3.603 |
-1,90 |
18.229 |
10,9 |
* homes |
80.679 |
-1.670 |
-2,03 |
8.292 |
11,5 |
* mulleres |
105.305 |
-1.933 |
-1,80 |
9.937 |
10,4 |
* mozos e mozas < 25 anos |
8.574 |
-663 |
-7,2 |
740 |
9,4 |
Por sectores* |
|
|
|
|
|
* agricultura |
6.893 |
-492 |
-6,7 |
732 |
11,9 |
* industria |
19.880 |
-579 |
-2,8 |
1.517 |
8,3 |
* construción |
14.259 |
-359 |
-2,5 |
413 |
3,0 |
* servizos |
130.717 |
-564 |
-0,4 |
14.536 |
12,5 |
* sen emprego anterior |
14.235 |
-1.609 |
-10,2 |
1.031 |
7,8 |
Persoas beneficiarias prestación por desemprego (decembro) |
119.104 |
|
|||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (decembro) |
69,66 |
||||
Por provincias |
|
|
|
|
|
A Coruña |
74.853 |
-1.458,0 |
-1,9 |
7.727,0 |
11,5 |
Lugo |
18.742 |
-186,0 |
-1,0 |
2.320,0 |
14,1 |
Ourense |
20.781 |
-437,0 |
-2,1 |
2.278,0 |
12,3 |
Pontevedra |
71.608 |
-1.522,0 |
-2,1 |
5.904,0 |
9,0 |
CONTRATACIÓN |
|
|
|
|
|
Nº contratos |
60.479 |
3.007 |
5,2 |
-25.377 |
-29,6 |
* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) |
6.230 |
1.067 |
20,7 |
-2.331 |
-27,2 |
* temporais |
54.249 |
1.940 |
3,7 |
-23.046 |
-29,8 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
|
|
Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) |
992.338 |
-9.823 |
-1,0 |
-14.168 |
-1,4 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones |