UGT advirte que a posible tensión electoral para adiantar nun mes o aboamento das débedas das pagas extras do persoal da Xunta podería xerar demoras en agosto
Fecha: 12 Ago 2016

A posible tensión electoralista desencadeou desde o pasado xoves 4 de agosto unha situación inédita e absurda en relación coa execución do aboamento das pagas subtraídas ao persoal da Xunta de Galicia, e que se recuperaron, en parte polo Acordo sindical asinado o pasado 2 de xuño. A Federación galega de Servizos Públicos (FeSP-UGT-Galicia) considera que o dito apresuramento de adiantar nun mes ao inicialmente previsto as cantidades adebedadas podería podería xerar demoras do aboamento da extra de 2012 para algúns colectivos.
Na Mesa Xeral de Negociación do pasado xoves a Dirección Xeral da Función Pública responde, diante dos rumores do adianto do pago, que non se teñen noticias ao respecto pero que se dará unha resposta oficial o martes 9 na Comisión de Persoal. Pero a realidade era ben distinta, xa que algunhas habilitacións responsables do seu abono xa recibiran as instrucións o pasado martes para proceder ao seu pago coa nómina do mes de agosto. Confirmar que na pasada Comisión de Persoal do día 9, ante a pregunta realizada por UGT ao respecto do aboamento do acordado, Función Pública da a calada por resposta, sendo CSIF a que, de xeito descarado, tendencioso e de xeito xocoso alude a esta cuestión.
No mes de marzo, cando a previsión dos comicios electorais era para outubro, a Consellería de Facenda asumiu o compromiso de realizar o pagamento no mes de setembro e nada se comunicou ao respecto en xuño cando entra en vigor a Lei 7/2016 e se acorda cos sindicatos un calendario de devolución do 25% da paga adicional do ano 2012 e da paga extraordinaria devengada do ano 2013 (meses xaneiro e febreiro de 2013), asegurándose o seu pagamento antes de finalizar o ano 2016. Pero foi a partir do luns pasado cando a Administración, de xeito chapuceiro e desorganizado, move a súa maquinaria para converter este tema nunha medida electoralista.
UGT advirte que a falta de comunicación entre a Dirección Xeral de Orzamentos e as consellerías, derivada dunha execución acelerada desta decisión política, está ocasionando problemas para o pagamento da nómina deste mes nalgún departamento da Xunta e espera que as noticias, non oficiais, publicadas nos medios por algún sindicato, non derivaran dunha información privilexiada por motivos de afinidade política. Nestes momentos podemos confirmar que algunha Xefatura Territorial non dispón das instrucións necesarias para proceder ao pagamento do acordado sobre a extra do 2012.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O RESPONSABLE DE AUTONÓMICA DA FEDERACIÓN GALEGA DE SERVIZOS PÚBLICOS (FeSP-UGT-GALICIA), LINO DÍAZ GOÁS. TELÉFONO: 686574021.