Por un cambio de rumbo que free a violación de dereitos das persoas migrantes e refuxiadas
Fecha: 21 Jun 2016

As políticas europeas de migración e asilo, lonxe de dar unha resposta solidaria, baseada no respecto aos dereitos humanos das persoas migrantes e refuxiadas, puxeron en grave risco as vidas de miles de persoas, moitas delas mulleres e nenos, convertendo o mar Mediterráneo na maior fosa común no mundo onde morreron máis de 25.000 persoas nos últimos 15 anos.
O pasado 18 de marzo, os líderes europeos asinaron unha declaración con Turquía que, ademais de ser vergonzosa e ilegal, pon nun maior risco a estas persoas xustificando a súa devolución a un país como Turquía que demostrou que non garante os dereitos humanos e a adecuada protección que merecen.
LOCALIDADE | ACTO | DÍA | HORA | LUGAR |
A Coruña | Manifestación | 19 xuño | 12:00 | Orzán |
Compostela | Manifestación | 19 xuño | 12:00 | Alameda |
Ferrol | Manifestación | 19 xuño | 12:00 | Praza España |
Lugo | Manifestación | 20 xuño | 20:00 | Edificio da Xunta |
Ourense | Manifestación | 20 xuño | 20:30 | Subdelegación do Goberno |
Pontevedra | Concentración | 19 xuño | 12:00 | Praza da Peregrina |
Vigo | Manifestación | 19 xuño | 11:30 | Cruce da Doblada |