En Galicia, no mes de decembro, sube o paro e baixa a afiliación á SS

Remata o mes de decembro de 2015 con 228.808 desempregados en Galicia, medrando o 1,62% con respecto ao mes anterior, 3.650 desempregados máis. Evolución contraria  ao sucedido no Estado, no que cae o desemprego o -1.34% No Estado a cifra de desempregados sitúase en 4.093.508 persoas.

En Galicia a variación interanual foi de baixada do desemprego do 9,2%, 23.110 desempregados menos; no Estado a baixada foi do 7,96%.

No mes de decembro a variación mensual é habitual que sexa de aumento de desemprego. Este é o terceiro ano consecutivo con caída do desemprego interanual no período de crise e con maior contundencia.

DecembroVariación mensualVariación interanual
20071,5-3,5
20085,022,5
20092,817,3
20102,46,5
20111,98,8
20120,88,0
20130,1-2,8
20141,3-7,1
20151,6-9,2

A crise expulsou fora a persoas en idade de traballar

Sen embargo, é de destacar que hai unha contracción na poboación en idade de traballar pola saída de poboación cara fóra e o retorno de inmigrantes cara países de orixe. De feito segue a caída do desemprego dos estranxeiros, esta caída é de 5,2% de diminución interanual en Galicia; hai unha saída de persoas que formaban parte do noso mercado laboral que contribúe a dar aparencia de que a creación de emprego é maior, pero en realidade é que o número de persoas en idade de traballar é menor.

Datos por sexos, provincia e idades

Por sexos, no mes, o desemprego cae nas mulleres levemente, un 0.38% menos, e medra con contundencia nos homes, o 4.01%. En termos interanuais cae en ambos sexos, pero neste caso beneficia máis aos homes, que contraen a cifra de desempregados nun 12% menos fronte á menor caída, o 6,54% menos, no caso das mulleres. O mercado laboral ao retomar unha senda de mellora beneficia moito máis aos homes, polo que a desigualdade segue presente.

Provincialmente, no mes, o desemprego medra en todas elas. Na que máis medra é na de Coruña, nun 1.96%, seguida do 1.64% en Pontevedra e do 1.36% en Lugo. Na que menos medra, nun 0.59%, é Ourense.

En termos interanuais, o desemprego contráese en todas; na que menos Ourense nun 7.63% menos, e na que máis Pontevedra cun 9.43% menos, seguida de Coruña cunha diminución do 9.38% e Lugo co 9.01% menos.

Por idades o paro para os menores de 25 anos sitúase en 11.360 persoas, ao contrario que no conxunto de idades contráese no mes nun 2.3%. No ano, o desemprego cae nun 13,43%, o que representa 1.762 persoas desempregadas menos; as razóns desta caída podemos atopala na saída de efectivos da nosa comunidade así como ao cambio poboacional.

A construción e a industria supoñen case o 94% do desemprego xerado no mes

No mes, por sectores, medra en todos eles, salvo no colectivo Sen Emprego Anterior, cun 1.8% menos. No que máis medra é na Construción co 8.04% de aumento. En termos absolutos, no mes, no sector que máis medra o paro tamén é no sector Construción con 2.095 desempregados máis, o 57% do total de incremento de paro do mes dáse neste sector.  É tamén destacable o aumento na Industria con 1.318 parados máis, cun 4.8% de aumento.

No ano, prodúcense fortes caídas en todos os sectores produtivos, destacando o 17.71% e  o 16.23%  de diminución na Construción e na Industria, respectivamente.

Os contratos que se crean son cada vez máis temporais e de peor calidade

No mes medra a contratación un 0,85%., pola contra, no Estado cae nun 0,62%. Diminúen os indefinidos un 16,6% e medran nun 2,31% os temporais. No ano hai unha evolución favorable, aumentan os contratos o 16.16%, pero caen os indefinidos nun 0,88% e medran con intensidade os temporais,nada menos que un 17,6%. A porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total no mes de decembro é só do 6,42%, cunha caída de máis dun punto respecto ao mesmo mes do ano 2014 ( o 7,52%). En Galicia formalizáronse 68.646 contratos en tan só nun mes, o que está claro é a precariedade destes contratos que non se consolidan e os altos niveis de rotación laboral.

A cifra de persoas con algunha prestación en Galicia segue en mínimos

A cifra de beneficiarios con prestacións en Galicia en novembro (último dato dispoñible), é de 110.815 persoas. O carácter contributivo desta prestación está en mínimos, tan só 45.279 son beneficiarios de prestación contributiva, o 41% do total; hai 52.757  beneficiarios de subsidio, 11.839 de RAI e 940 do Programa  de Activación de Emprego. A taxa de cobertura é do 53.61% (55,3% no Estado). A cobertura por desemprego pasou a ser xa de carácter asistencial, xa que as modalidades de prestación maioritariamente son subsidios asistenciais.

A contía media bruta da prestación contributiva percibida por beneficiario durante novembro de 2015 en Galicia foi de 775,20 euros, moito menos que no resto de España, onde a media é de 807,5 euros. As contías medias das prestacións asistenciais (subsidios, renda activa de inserción e PAE), é do 80% do IPREM, é dicir, 426'00€ (14,20 € x 30 días)

Pero, por outra banda, é tremendamente preocupante que hai 114.343 parados sen ningún tipo de cobertura, desempregados e desempregadas galegas que non perciben ningunha axuda estando en fortísimo risco de exclusión social. A taxa de cobertura de desemprego está en mínimos históricos, por moito que baixe o desemprego a situación das persoas no desemprego empeora.

En Galicia estamos lonxe do número de afiliados á SS de antes da crise

A media de afiliados á Seguridade Social é en Galicia de 946.122, cae no mes nun 0,32% menos, o que representa un total de 3.008 afiliados menos. Evolución contraria ao que acontece no Estado, no que medra levemente, o 0.50% máis. Interanualmente en Galicia hai unha subida do 2,12%, é dicir, 19.641 afiliados máis, pero no Estado o crecemento foi moi superior, o 3,18%. No Estado supéranse os 17 millóns de afiliados (17.308.400),  mentres que en Galicia seguimos moi lonxe do millón de afiliados de antes da crise. 

Tamén no ano anterior, neste mesmo mes houbo unha caída da afiliación pero menos acusada con respecto a novembro, 2.178 persoas afiliadas menos.

En conclusión, a rotación, a temporalidade e a estacionalidade existente no mercado laboral galego plásmanse nestas cifras.

 

 

GALICIA

Decembro 2015

 

 

VARIACIÓN SOBRE
Mes anteriorMesmo mes ano anterior
%%
DESEMPREGO
Nº desempregados rexistrados228.8083.6501,6-23.110-9,2
* homes106.8244.1154,0-14.568-12,0
* mulleres121.984-465-0,4-8.542-6,5
Nº parados mozos < 25 anos11.360-268-2,3-1.762-13,4
Nº desempregados estranxeiros11.492850,8-626-5,2
Nº desempregados por sectores* 
* agricultura9.2294595,2-174-1,9
* industria28.8521.3184,8-5.590-16,2
* construción28.1412.0958,0-6.055-17,7
* servizos144.4701140,1-9.615-6,2
* sen emprego anterior18.116-336-1,8-1.676-8,5
Beneficiarios prestación por desemprego (novembro)110.815 
Taxa de cobertura prestación por desemprego (novembro)53,61
Parados totais sen ningún tipo de prestación (novembro)114.343
CONTRATACIÓN 
Nº contratos68.6465760,89.55216,2
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)4.405-874-16,6-39-0,9
Nº contratos temporais64.2411.4502,39.59117,5
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL 
Nº afiliados (datos provisionais)946.122-3.008-0,319.6402,1

 

Fuente: UGT-Galicia