UGT reivindica un plan de choque polo emprego de calidade para unha reconstrución social xusta

Fecha: 02 Jul 2020

UGT reivindica un plan de choque polo emprego de calidade para unha reconstrución social xusta

Se ben é certo que os datos do mes apuntan a unha tímida recuperación en Galicia, esta non se pode facer a base de contratos temporais, a tempo parcial, precarios e subemprego

Santiago, 2 de xullo de 2020.- Os datos de paro do mes de xuño publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego e pola Seguridade Social corroboran o cambio de tendencia apuntado o pasado mes de maio e o proceso de desescalada e reapertura económica marcan unha mellora nas cifras de afiliación, de desemprego e un menor volume de traballadores e traballadoras en ERTE. Non obstante, UGT-Galicia advirte que se esta recuperación se fai con contratos temporais e a tempo parcial, como se fixo na crise anterior, isto pode ser o foco de precariedade e pobreza laboral e esconder subemprego e economía somerxida.

Por iso, o Sindicato insta ao Goberno central e á Xunta a que estean vixiantes e tomen medidas para evitar unha recuperación baseada na precariedade e o subemprego, e negocien cos axentes sociais un plan de choque polo emprego de calidade para unha reconstrución social xusta.

Ademais, UGT-Galicia reclama a necesidade de derrogar a reforma laboral de 2012, que á a que construíu o actual modelo laboral tan precario e fomentou o despedimento, a desregularización laboral e a implantación xeneralizada dos contratos temporais. Os ERTE demostraron que hai mecanismos de flexibilidade que preservan o emprego e que fan inútil a reforma laboral.

Así, o número de desempregados e desempregadas en Galicia sitúase en 184.654, caendo, coa volta á normalidade, no mes as cifras en 6.428 persoas, o que supón unha contracción do 3,4% con respecto a maio. Non obstante, no ano rexístrase un incremento do desemprego dun 18,9% (cifras que non se tiñan rexistrado dende o ano 2009), un incremento do paro en 29.405 persoas. No resto do Estado no mes o paro medra en 5.107 persoas, un 0,13%, e en termos interanuais o aumento é dun 28,1%.

Provincialmente, o desemprego baixa no mes en todas a unidades territoriais. Na que máis en Pontevedra, nun 4,9%; 2,7% en Ourense; un 2,5% na Coruña; e un 1,5% en Lugo. No ano resultan destacables os aumentos superiores ao 21% na Coruña e en Lugo.

Por idades, os menores de 25 anos volven a ser os máis prexudicados polo decorrer do mercado laboral galego. Aínda que o paro baixa nestas idades nun 2,22%, faino en menor medida que no resto de idades. E no ano medra no 36%.

As mulleres tamén son as que máis sofren o negativo comportamento do mercado laboral en Galicia. Se o paro baixa no mes entre os homes nun 4,7%, no caso das mulleres faino nun 2,3%. En termos estruturais, as mulleres seguen a representar o 56,7% do total do desemprego.

Por sectores de actividade, o paro no mes baixa en todos, salvo no colectivo de sen emprego anterior. Destaca, en termos absolutos, a caída no sector servizos, con 5.243 persoas desempregadas menos, e na construción e industria en termos relativos, con baixadas do 5,96 e do 3,68, respectivamente.

No ano o máis prexudicado foi o sector dos servizos, co 22% máis de desemprego, achegando nada menos que 23.279 persoas desempregadas. Medra en case 3.000 (2.763) na industria, o 15,72%, e nun 15% na construción, 1.922 máis. Tamén aumenta nada menos que o 12,46% o primario (695 desempregados máis) e o menor incremento dáse co 5,5% no colectivo sen emprego anterior, 746 desempregados máis.

En termos de contratación, obsérvase que tan só se realizaron 54.414 contratos en xuño, baixando no ano en 44.371. A afectación do mercado laboral é clara. En xuño do ano 2019 realizábanse 98.785 contratos.

A taxa de cobertura supera o 100% debido a que no numerador da fórmula se contabiliza a persoas que están percibindo prestación contributiva por ERTE, pero que non están incluídas no denominador, ó non ser parados rexistrados ao permanecer en alta laboral. A cobertura de desemprego é do 136% en maio (último dato dispoñible). Aumentaron os beneficiarios de prestacións de desemprego a 241.045.

Analizando a afiliación, hai un aumento nas cifras de afiliación, chegando a 985.842 no último día do mes. A afiliación sitúase en Galicia no mes de xuño, de media, en 986.642, medra nun 1,1% no mes pero cae con respecto a hai un ano nun 3,8%. En Galicia e no Estado, e nas provincias, hai unha forte caída da afiliación, en termos interanuais, dun 3,76% en Galicia e do 4,58% no Estado.

En canto ás cifras de ERTE. En Galicia, por forza maior, a 30 de xuño hai 64.471 traballadores, na media do mes foron afectados por forza maior 87.154.

UGT-Galicia insiste en que esta é unha medida de contención de desemprego que está paliando as dificultades das familias galegas.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS. TELÉFONO: 638033482.


 


 


 


 


 


 

GALICIA

xuño /2020

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

184.654

-6.428

-3,36

29.405

18,9

* homes

79.955

-3.976

-4,74

15.057

23,2

* mulleres

104.699

-2.452

-2,29

14.348

15,9

* mozos e mozas < 25 anos

9.371

-213

-2,2

2.469

35,8

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.271

-21

-0,3

695

12,5

* industria

20.338

-777

-3,7

2.763

15,7

* construción

14.668

-930

-6,0

1.922

15,1

* servizos

128.986

-5.243

-3,9

23.279

22,0

* sen emprego anterior

14.391

543

3,9

746

5,5

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (maio)

241.045

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (maio)

136,00

Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (maio)

-49.963

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

74.895

-1.922,0

-2,5

13.010,0

21,0

Lugo

18.180

-277,0

-1,5

3.306,0

22,2

Ourense

20.162

-552,0

-2,7

2.507,0

14,2

Pontevedra

71.417

-3.677,0

-4,9

10.582,0

17,4

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

54.414

23.541

76,3

-44.371

-44,9

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

0

-3.272

-100,0

-7.497

-100,0

* temporais

54.414

26.813

97,1

-36.874

-40,4

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

986.642

10.268

1,1

-38.550

-3,8

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social


 

Fuente: UGT-Galicia