UGT reclama a extensión dos ERTE durante a desescalada

Fecha: 28 Abr 2020

A taxa de incremento do desemprego en Galicia dobra á suba estatal

UGT reclama a extensión dos ERTE durante a desescalada

A EPA do primeiro trimestre xa apunta á necesidade de medidas de protección social e unha renda mínima, con 57.200 fogares con todos os activos no paro e 32.700 nos que non entran ingresos, sen esquecer ós 55.400 desempregados de longa duración

Santiago, 28 de abril de 2020.- A Enquisa de Poboación Activa (EPA), correspondente ao primeiro trimestre de 2020, publicada hoxe polo INE, revela a desaceleración da actividade e do emprego causada pola incerteza xerada polo COVID-19 e as medidas de confinamento desde mediados de marzo, e xa apunta á necesidade de medidas de protección social.

O número de ocupados sitúase en Galicia en 1.083.000 persoas, 13.000 menos que no trimestre anterior, o que supón unha baixada dun 1,2%. Pola súa banda, a cifra total de desempregados subiu en 11.000 persoas (7,56%), moi por enriba do 3,79% do resto do Estado. Así, o número total de desempregados é en Galicia, segundo a EPA, de 156.800. Queda así a taxa de paro en Galicia no 12,6%.

Esta crise non finalizará co fin do Estado de Alarma. Para UGT-Galicia, é imprescindible continuar aplicando medidas económicas e laborais que protexan ás persoas que perderon o seu emprego, non poden acceder a un ou víronse afectadas por unha redución de ingresos. É urxente poñer en marcha unha renda mínima conxuntural e extraordinaria que de cobertura ás familias que quedaron fóra do escudo de protección social e ata que se faga realidade unha Lei de ingreso mínimo vital.

Ademais, resulta imprescindible soster o apoio ás empresas, en especial ás pemes, co fin de evitar a destrución do tecido produtivo e do emprego. Por iso, UGT-Galicia esixe a extensión e favorecer as medidas de axuste temporal (ERTE) para salvagardar a existencia das empresas e dos empregos durante a desescalada. Se non é así, todo o esforzo realizado irase polo sumidoiro e destruirase o emprego que conseguimos preservar e as empresas desaparecerán.

O diálogo social, tanto a nivel estatal como en Galicia, debe avanzar no deseño dun plan de reconstrución que considere un cambio de modelo produtivo

A maiores disto, UGT-Galicia considera que o diálogo social debe avanzar no deseño dun plan de reconstrución para o impulso económico e social, que considere a recuperación como unha oportunidade para mudar o modelo produtivo e o modelo de benestar social, tomando como marco o piar europeo de dereitos sociais e os obxectivos de desenvolvemento sostible.

A EPA aínda non reflicte completamente o COVID-19. Só considera os datos da primeira semana de confinamento

De todos os xeitos, UGT lembra que a EPA, principal instrumento de análise do mercado laboral, aínda non reflicte completamente o COVID-19 porque require dun tempo para recompilar a información de xeito preciso, polo que os datos trimestrais que se ofrecen hoxe unicamente consideran a primeira semana do período do confinamento.

Os temporais, os grandes prexudicados. Cae o emprego temporal en 10.000 persoas

Igual que sucedeu na pasada crise, o número de asalariados temporais sufre o maior descenso. Así, a taxa de temporalidade é do 25,1%, manténdose na cuarta parte da poboación asalariada, aínda que diminúe, continúa presente e iso que o emprego temporal cae en 10.000 persoas no trimestre respecto ao anterior. En termos interanuais tamén se produce unha baixa do emprego temporal. Moitos empregos temporais non puideron acollerse ás medidas aplicadas para conter a caída do emprego, sendo unha das principais debilidades do mercado laboral, a forte inestabilidade que sofren a causa da reforma laboral os traballadores e traballadoras con contratos temporais.

O Sindicato tamén amosa a súa preocupación polos datos do paro de longa duración, 55.400 persoas nesta situación en Galicia. Unha situación que se pode agravar aínda máis coa presente crise. A isto hai que engadirlle os 57.200 fogares en Galicia nos que todos os seus activos están no paro e os 32.700 que non perciben ningún tipo de ingreso. Cifras que, de seguro, tamén se van facer máis incisivas.

En relación á ocupación, cuxos datos se analizaban en parágrafos precedentes, a pesar de que si baixou, esta diminución non inclúen os ERTE de suspensión porque, segundo a metodoloxía da EPA, estes considéranse ocupados mentres dita suspensión sexa inferior aos tres meses.

En cambio, a suspensión ou a redución de xornada dos traballadores afectados por un ERTE, xunto coa influencia doutros tipos de ausencias ao traballo, si tivo reflexo nas horas efectivas de traballo realizadas, que diminuíron un 4,25% respecto ao cuarto trimestre de 2019. En Galicia caen as horas efectivas de traballo, nun 5%.

En canto á análise dos datos por sexos, de novo, detéctase que as mulleres son as grandes prexudicadas, cunha taxa de paro do 14,3%, fronte ao 11,1% dos homes, e os máis mozos tamén se levan a peor parte cunha taxa de desemprego que xa chega ao 28%.

Por sectores, obsérvase unha forte contracción do emprego nos servizos, 23.500 ocupados menos con respecto ao trimestre precedente e 32.200 menos con respecto ao mesmo trimestre anterior, nos restantes non se comproba caída da ocupación, nin no trimestre nin en termos interanuais. Era evidente que o modelo produtivo baseado na estacionalidade e temporalidade, cunha clara incidencia no sector servizos, ía facer que este fose o máis afectado polo crise actual.


 

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS. 638033482.

 

2020 / I trimestre

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.338,6

1,5

0,1

4,7

0,2

Inactivos

1.098,8

3,4

0,3

-0,9

-0,1

Homes

471,2

-2,8

-0,6

-7,1

-1,5

Mulleres

627,6

6,2

1,0

6,2

1,0

Activos

1.239,8

-1,9

-0,2

5,6

0,5

Homes

646,7

3,3

0,5

9,0

1,4

Mulleres

593,1

-5,3

-0,9

-3,4

-0,6

Ocupados

1.083,0

-13,0

-1,2

2,8

0,3

Homes

574,8

-2,3

-0,4

14,6

2,6

Mulleres

508,2

-10,7

-2,1

-11,8

-2,3

Taxa parcialidade

13,9

0,0

 

-0,9

 

%Parcialidade involuntaria

53,0

-0,7

 

-2,8

 

Asalariados

872,1

-11,2

-1,3

7,0

0,8

Con contrato indefinido

653,3

-1,1

-0,2

11,8

1,8

Homes

345,9

4,1

1,2

19,1

5,8

Mulleres

307,4

-5,3

-1,7

-7,3

-2,3

Con contrato temporal

218,8

-10,1

-4,4

-4,8

-2,1

Homes

101,5

-5,8

-5,4

-4,7

-4,4

Mulleres

117,2

-4,4

-3,6

-0,2

-0,2

Parados

156,8

11,0

7,5

2,9

1,9

Homes

71,9

5,7

8,6

-5,6

-7,2

Mulleres

84,9

5,4

6,8

8,4

11,0

Menores 25 anos

15,4

-0,2

-1,3

-0,4

-2,5

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

68,0

1,3

1,9

4,4

6,9

Industria

190,9

7,5

4,1

19,3

11,2

Construción

76,4

1,9

2,6

11,3

17,4

Servizos

747,8

-23,5

-3,0

-32,2

-4,1

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

32,7

2,60

8,6

6,50

24,8

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

57,2

4,90

9,4

2,20

4,0

 

 

 

 

 

 

%

2020/I

2019/IV

2019/I

 

 

Taxa actividade

53,0

53,1

52,9

 

 

Homes

57,8

57,6

57,1

 

 

Mulleres

48,6

49,1

49,0

 

 

Taxa ocupación

46,3

46,9

46,3

 

 

Homes

51,4

51,6

50,2

 

 

Mulleres

41,6

42,5

42,7

 

 

Taxa desemprego

12,6

11,7

12,5

 

 

Homes

11,1

10,3

12,2

 

 

Mulleres

14,3

13,3

12,8

 

 

Menores de 25 anos

28,0

27,4

31,5

 

 

Taxa temporalidade

25,1

25,9

25,8

 

 

Homes

22,7

23,9

24,5

 

 

Mulleres

27,6

28,0

27,2

 

 

Fonte: Elaboración propia UGT Galicia a partir dos datos da EPA do IGE


 

Fuente: UGT-Galicia