UGT propón 20 medidas para regular un teletraballo digno

Fecha: 10 Jun 2020

Apostemos por un teletraballo digno

 

UGT ven de poñer en marcha a campaña "Apostemos por un teletraballo digno". Porque o deficinte desenvolvemento legal desta figura facilita relacións de teletraballo con xornadas excesivas, carencias no eido da prevención de riscos laborais, asunción de costes propios da empresa, dificultade para a conciliación e o respecto á intimidade e claros excesos do poder de dirección empresarial. Por elo, é imprescindible apostar por un teletraballo digno. 

Teletrabajo digno é aquel no que se potencia a eficacia da conciliación, no que se fomente a igualdade, no que se respecten os dereitos das persoas traballadoras, no que se protexa a seguridade e saúde, no que non se carga sobre a persoa traballadora os costes propios do posto de traballo e non que se impide o abuso con xornadas excesivas e no que se asegure o dereito á desconexión.

CAMPAÑA TELETRABALLO DIGNO EN PDF (VERSIÓN PARA IMPRIMIR)