UGT presenta o Primeiro de Maio en Galicia e chama á cidadanía a participar nos actos convocados

Fecha: 25 Abr 2023

UGT presenta o Primeiro de Maio en Galicia e chama á cidadanía a participar nos actos convocados

 

Santiago, 25 de abril de 2023.- O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto coa súa homóloga do S.N. de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, presentaron hoxe ante os medios de comunicación do Primeiro de Maio en Galicia, dando a coñecer as reivindicacións desta edición e os actos que se van celebrar para conmemorar esta data en toda Galicia. Haberá mobilizacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Mariña, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo. O acto central, é dicir, no que van participar os secretarios xerais de ambos sindicatos en Galicia, será en Vigo.

José Antonio Gómez na súa intervención ante os medios de comunicación lembrou o lema baixo o cal se van celebrar os actos, convocados por UGT e CCOO, en toda España esta ano, "Subir salarios, baixar prezos, repartir beneficios". Un lema que aglutina e resume perfectamente as demandas sindicais na actual conxuntura co obxecto de protexer aos fogares e garantir que os máis débiles non sufran máis as consecuencias dunha situación económica como a actual.

Son moitas as reivindicación pero tamén hai que ser xustos, facer un exercicio de memoria e lembrar o conseguido ata o de agora, sobre todo, no seo do diálogo social. Medidas todas elas que melloraron as condicións sociais e laborais dun amplo sector da poboación nesta país, subliñou. As progresivas subas do SMI, con preto de 100.000 persoas beneficiadas na nosa Comunidade, hoxe nos 1.080 euros; incremento das prestacións por desemprego; ou revalorización das contías das pensións, cun incremento do 8,5%, o que mellora o poder adquisitivo no primeiro caso duns 1 770.000 galegos e galegas. Este son algúns dos principais logros.

Aínda así, hai aínda moitos retos no camiño para intentar diminuír os efectos dunha taxa de inflación desbocada ou dun tipos de xuro impostos que están afogando a moitas familias no pago das súas hipotecas. Fronte a isto, os beneficios empresariais seguen a medrar e nalgunhas grandes empresas dun xeito brutal. Beneficios que non están a servir, en ningún caso, para a mellora dos prezos dos seus produtos ou para a mellora dos salarios dos seus traballadores e traballadoras. 

Neste contexto, o secretario xeral de UGT-Galicia fixo un chamamento á CEOE para que se sente e comece a falar e a tratar de pechar un acordo para a mellora dos salarios e, se non é así, anunciou, haberá conflito. A día de hoxe xa se están a desenvolver mobilizacións en determinados sectores, precisamente, para demandar melloras salariais que lles permitan afrontar unha economía marcada pola alta inflación e os elevados tipos de xuro.

Por outra banda, hai enriba da mesa outra importante demanda por parte de UGT, a dignificación das indemnizacións por despedimento. A firma por parte de España en 2021 da Carta Scoial Europea, que é de obrigado cumprimento, obriga a protexer o emprego. E no noso país é aínda barato despedir e demasiado fácil. Temos que avanzar cara un custo do despedimento suficientemente disuasorio.

Concluíu que, aínda que son importantes os logros, os retos tamén son significativos. Por todo isto, fixo un chamamento á participación nos actos e mobilizacións deste Primeiro de Maio.

MANIFESTO

CARTEL

 

 

 

 

 

Fuente: UGT-Galicia