UGT participa no encontro internacional “O futuro do traballo e o diálogo social” que se celebra en Santiago no marco da Presidencia española da UE

Na súa intervención, Pepe Álvarez avogou porque se manteña a aposta polas políticas sociais europeas destes últimos tempos pero pon enriba da mesa á UE deberes para seguir traballando en materia de igualdade, salario mínimo ou pensións, acompañado todo dunha política económica que garanta o piar social europeo

UGT considera que, coas eleccións ao Parlamento Europeo ás portas, é o momento de traballar nas políticas que afectan ás persoas: unha política industrial verde que xere emprego, políticas en materia de vivenda e políticas de igualdade


UGT participa no encontro internacional “O futuro do traballo e o diálogo social” que se celebra en Santiago no marco da  Presidencia española da UE


Na súa intervención, Pepe Álvarez avogou porque se manteña a aposta polas políticas sociais europeas destes últimos tempos pero pon enriba da mesa á UE deberes para seguir traballando en materia de igualdade, salario mínimo ou pensións, acompañado todo dunha política económica que garanta o piar social europeo

 

UGT está a participar no encontro internacional “O futuro do traballo e o diálogo social”, unha cita organizada en Santiago no marco da Presidencia española da UE, na que ao longo deste xoves e no día de hoxe o Goberno de España, xunto cos seus homólogos europeos e os interlocutores sociais do continente abordan os desafíos que afronta o mundo laboral e o seu encaixe na futura axenda social da UE.


Este xoves o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, interviu na reunión tripartita “Cara unha nova axenda social europea dende o diálogo social”. Neste foro destacou a forza do diálogo social como ese elemento que permite a participación permanente da sociedade na gobernanza do país ou a concertación no caso das relacións entre os axentes económicos e sociais, máis aló das citas electorais cada catro anos. Neste senso, insistiu en que a UE ten un camiño longo por percorrer para darlle aos sindicatos europeos máis espazo de diálogo e concertación coa propia Comisión.


Tamén reflexionou sobre a próxima cita electoral da UE, dentro de nove meses vaise renovar o Parlamento e é o momento de pensar nas políticas que afectan directamente ás persoas para que a cidadanía vote porque sinte como propias as políticas que se van adoptar no Parlamento europeo. Neste senso, considera que hai que apostar pola política industrial verde que xere empregos de calidade e desatascar as políticas de vivenda e igualdade.


Tamén recoñeceu que hoxe chégase a esta reunión despois de que a UE teña desenvolvido máis nos últimos anos as políticas sociais, sobre todo, despois da crise da COVID e pola flexibilidade da propia gobernanza do Executivo da UE que está a favorecer o desenvolvemento do piar social europeo fronte ás políticas de austeridade do pasado que só trouxeron dor e fracaso. Aposta por seguir traballando nesta liña, non volver ás políticas de austeridade e seguir traballando en materia de igualdade, salario mínimo ou sistema de pensións e facer todo isto cunha política económica que o sustente.


Ao longo do día de hoxe unha delegación de UGT-Galicia manterá unha xuntanza co comisario europeo de Emprego e Dereitos Sociais, Nicolas Schmit.

Fuente: UGT-Galicia
UE