UGT-Galicia presenta a “Estratexia de emprego para a mocidade na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”

Este martes, UGT-Vigo acolleu a celebración da asemblea do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal, na que se presentou a xestión do último mandato, ao fronte do cal estivo o secretario xeral de UGT-Galicia entre os anos 2021 e 2023. Nesta asemblea, José Antonio Gómez tamén lle deu o relevo ao secretario xeral de UGT-Portugal que

Fecha: 25 Oct 2023

rpvigoportugal

UGT-Galicia presenta a “Estratexia de emprego para a mocidade na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”

Este martes, UGT-Vigo acolleu a celebración da asemblea do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal, na que se presentou a xestión do último mandato, ao fronte do cal estivo o secretario xeral de UGT-Galicia entre os anos 2021 e 2023. Nesta asemblea, José Antonio Gómez tamén lle deu o relevo ao secretario xeral de UGT-Portugal que a partir de agora asumirá presidencia do Consello. Lembrar que esta presidencia é rotatoria entre os seus membros, UGT-Galicia, o S.N. de CCOO de Galicia, UGT-Portugal e a CGTP-IN.

Aproveitando a celebración desta asemblea, na sede de UGT-Vigo, tamén se celebrou unha rolda de prensa na que se presentou o estudo “Estratexia de emprego para a mocidade na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, elaborado e dirixido pola Coordinadora do Gabinete Económico de UGT-Galicia, Olga Crespo.

No estudo faise unha contextualización do escenario económico, demográfico e xeográfico, así como, unha análise do mercado laboral da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, coas ocupación e saídas profesional, a inserción laboral segundo o nivel formativo, unha avaliación das políticas públicas dirixidas á mocidade e, finalmente, póñense enriba da mesa os obxectivos e medidas a adoptar para mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas da devandita Eurorrexión.

Ábrese o traballo analizando o contexto macroeconómico de ambas áreas, no que destaca no 2021 unha Eurorrexión liderada polo norte de Portugal cun PIB de 65.000 millóns de euros, superando á economía galega en 1.500 millóns de euros.

Pola contra, se se utiliza o PIB per cápita, un indicador relevante para medir a produtividade, sae gañando Galicia, se no 2012 o galego era de 19.300 euros por habitante, no norte de Portugal era de 13.200 euros. Esta distancia acúrtase nove anos despois a 5.300 euros, pero Galicia segue a manterse á cabeza.

Outro dos indicadores máis importantes do grado de desenvolvemento dunha economía é o gasto en I+D. Un gasto clave na competitividade. Así, este foi, en relación ao PIB do 1,8%, e en Galicia do 1,10%.

Outro dos elementos seleccionados para ofrecer unha diagnose da Eurorrexión é o sector industrial. No 2020 a ocupación neste, incluída a rama da enerxía, foi no norte de Portugal do 26% do total de sectores, fronte ao 16,7% de Galicia.

Dende un punto de vista demográfico, o estudo fixa a poboación menor de 30 anos en Galicia dende o 2008 a 2021 cun descenso do 30%, un 18% en Portugal.

En canto ao mercado laboral, en Galicia diminúe a poboación activa menor de 30 anos en 100.000 persoas en 11 anos, entre o 2010 e o 2021, o que supón o 41%. No norte de Portugal a diminución é de 83.000 persoas, o 22%.

A taxa de temporalidade dos menores de 30 anos no Norte de Portugal é do 39%, moi inferior á galega, que supera o 60% (a media da poboación ten una temporalidade do 24,5%). 

A concentración da mocidade por ramas de actividade, en Galicia, dos case 100.000 afiliados mozos e mozas, o emprego concéntranse no comercio, servizos comidas e bebidas, educación e sanidade. Se a análise se fai polo grado de penetración da mocidade en cada rama en relación ao total de idades, destacan outras actividades científicas e técnicas, actividades relacionadas co emprego e actividades deportivas e recreativas. En todas elas os mozos e mozas representan máis do 25% en relación ao total de idades.

No lado contrario, nas ramas nas que a participación da mocidade é escasa e que, polo tanto, poden ser indicativas de posibilidades de emprego nos vindeiros anos polo relevo xeracional que vai ser preciso, destacan Administración pública e defensa, aquí a mocidade só representa o 2,9% do total de persoas afiliadas.

Que sucede no norte do país veciño? O emprego entre a mocidade concéntrase no comercio, fabricación de téxtil e saúde, así como, en actividades deportivas, consultoría e programación e I+D. En todos estes casos a porcentaxe sobre o total de idades supera os 30 puntos.

No estudo tamén se presenta unha análise DAFO e posteriormente unha serie de medidas co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas da Eurorrexión.

Así, proponse:

  • Débense potenciar os servizos públicos de emprego, para que poidan desenvolver de maneira efectiva a orientación laboral e ser verdadeiros intermediarios de emprego.

  • Débense vincular as políticas activas de emprego con outras políticas e plans encamiñados ao desenvolvemento de sectores estratéxicos que xeren emprego neto e de calidade.

  • Especialización e información dunha oficina limítrofe da Eurorrexión sobre as necesidades de emprego e oferta formativa na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal para a mocidade que queira traballar en lugar distinto á súa rexión de orixe.

  • Garantir medidas e mecanismos con maior eficacia dirixidas ao colectivo de persoas mozas que non estudian nin traballan máis desfavorecidas.

 Medidas de transición ao mercado laboral

 

  • Medidas que faciliten a transición escola-empresa e favorezan a transición suave dos ciclos formativos ao mercado laboral. A actuación conxunta entre os interlocutores sociais cas empresas resulta fundamental para identificar as necesidades formativas

  • Fomentar que as persoas que abandonaron os estudios e están fora do mercado laboral, regresen a el, especialmente ca FP, FP dual, ofrecendo no marco da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal un Portal ca formación con máis inserción laboral co fin de que sexa atractiva para a volta ao mercado laboral.

  • Mapa de oportunidades e necesidades de emprego, no Plan de Garantía xuvenil fai referencia a emprego verde, pero parece máis oportuno en todas as áreas, co fin de orientar á mocidade en onde estase a xerar emprego. Elaborar un mapa de oportunidades de emprego para a mocidade na Eurorrexión.

  • Fomento da iniciativa formativa dual que conectará a “Formación Profesional” cunha oportunidade laboral real e remunerada en empresas locais, con medidas de fomento da contratación específicas na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, tales como o compromiso de contratación da mocidade da zona.

  • Maior difusión das necesidades formativas da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, co fin de que a mocidade teña unha información de calidade que permita unha adecuada elección de formación.

Formación

  • Maior capacidade de adaptación ao mercado de traballo da formación nas diferentes vertentes.

  • Formación nas empresas e organismos, mediante contratos de formación e o contrato en prácticas, para non precarizar o emprego da mocidade.

  • Fomento dos proxectos mixtos de formación e emprego

  • Formación que permita a obtención de título e certificados que acrediten as capacidades e permitan desenvolver prácticas e contratos de formación.

  • Impulsar acordos en materia de educación (homologación de habilitacións) na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

  • Elaboración de itinerarios formativos coherentes dirixidos á mocidade

  • Enfocar a formación aos novos sectores estratéxicos, novas tecnoloxías, enerxías renovables.

  • Formación en competencias dixitais, en competencias brandas, traballo en equipo, liderazgo, etc.

  • Prácticas curriculares en empresas, organismos, etc., establecendo un maior período de tempo e cobertura para todas as persoas tituladas tanto de formación universitaria como formación profesional, como mecanismo de inserción laboral e que ofreza posibilidades reais de contratación. Constituír unha rede con aquelas empresas da Eurorrexión que ofrezan prácticas interesadas na contratación posterior do alumnado.

  • Formación de maior calidade dirixida a autónomos, que permita un emprendemento con maiores garantías de viabilidade, constituíndo unha oficina na Eurorrexión especializada en informar e acompañar durante os tres primeiros anos ás persoas participantes nos proxectos.

  • Orientar os recursos e investimentos na educación profesional, desenvolvendo e consolidando unha rede de ofertas máis diferenciada territorialmente, máis coherente e innovadora, dado o contexto demográfico e as súas repercusións na demografía escolar, a evolución do perfil produtivo rexional, as apostas pola competitividade e cohesión.

  • Información e comunicación intencional e regular entre municipios, escolas, operadores de educación-formación, alumnado, empregadores, como vectores centrais no desenvolvemento da rede.

  • Maior información dirixida ao alumnado e familias e entre empregadores e escolas e entre escolas de ensino secundario e institucións de ensino superior, co coñecemento e prácticas subxacentes á orientación escolar e profesional, coa valorización social das profesións, co recoñecemento do valor das cualificacións e, en termos xerais, coa calidade da información facilitada á mocidade e as súas familias. A creación dunha visión compartida do valor propio dos percorridos de dobre certificación, das saídas profesionais e das competencias a elas asociadas, das necesidades de competencias e das oportunidades de proseguimento de estudos, parece constituír un elemento central no desenvolvemento e calidade da rede de ofertas educativas e formativas.

Políticas fomento e emprego

  • Débese fomentar a substitución xeracional nas empresas, facilitando a saída das persoas que estean nos últimos anos da súa vida laboral substituíndoos por persoas mozas que aprendan da experiencia dos que van substituír. Deste xeito, proponse o fomento da xubilación parcial con contrato de substitución vinculada a unha persoa nova para todos os sectores produtivos.

  • Terminar coa parcialidade involuntaria que menoscaba os dereitos e salarios da mocidade, repercutindo no seu presente e no seu futuro.

  • Continuar na senda de subida dos salarios iniciada como un instrumento de loita contra a discriminación, posto que os traballadores e traballadoras que sofren máis discriminación son os que reciben os salarios máis baixos.

  • Revisar as axudas á contratación para aumentar a súa eficacia.

  • Crear unha axuda dirixida a proxectos que teñan centros de traballo nas dúas rexións da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, que contraten mozos e mozas das dúas zonas.


 

Medidas contra a brecha por idade e de discriminación positiva dirixidas á mocidade

  • Establecer medidas co fin de aproximar os salarios da mocidade traballadora ao resto de persoas empregadas de máis idade.

  • Establecer medidas para lograr un reparto máis equitativo das rendas do traballo da mocidade, que supoñan un aumento dos salarios.

  • Establecer medidas que supoñan unha mellora da xornada laboral.

  • Diminuir a precariedade laboral contractual, tanto no ámbito público como privado, garantindo de que un posto de traballo permanente se conrresponda cun vínculo de traballo efectivo.

  • Cumprimento das condicións de saúde e seguridade nos lugares de traballo.

  • Reforzo dos servizos públicos como garantía de acceso igualitario de toda a ciudadanía.

  • Medidas específicas dirixidas a mocidade para a garantía do dereito á vivenda.

  • Garantizar o cumprimento dos dereitos de maternidade, paternidade e traballador estudiante.

  • As políticas deben ter perspectiva desde o punto de vista da mocidade. Defender que se estableza unha cota de representación da mocidade nas institucións e organismos mínima, acorde coa porcentaxe que representa na poboación.


 

Ámbito Normativo

  • Regulación máis restritiva para a posta ao dispor de persoas traballadoras a través das empresas multiservizo, subcontratas, etc. para a externalización da contratación laboral, que empregan a un alto número de persoas traballadoras novas e esixir sexan de aplicación os convenios de sector, garantindo que por un mesmo posto de traballo téñanse as mesmas condicións laborais que calquera outro traballador do sector ou do centro de traballo.

  • Medidas de eliminación de barreiras legais e administrativas e costes no contexto transfronteirizo

  • Impulsar acordos en materia de mobilidade (autorización de cruzamento da fronteira por parte do transporte colectivo e das crianzas)

Ámbito Investigación

  • Medidas transversais dirixidas a todos os axentes, empresas, universidades e administración, co fin de incrementar o investimento dirixido a I+D no caso de Galicia, xa que se trata dun factor clave de competitividade e atracción de empresas e talento da mocidade, e mantemento do investimento no caso do Norte de Portugal.

  • Impulso dos proxectos de colaboración entre as dúas rexións.

  • Fortalecer as estruturas de investigación de tres sectores industriais clave para a Eurorrexión: os relacionados ca biotecnoloxía aplicados ao sector primario (agroalimentario, forestal, pesca, acuicultura, produción de enerxía) e a saúde, os relacionados ca industria 4.0 (robótica, dixitalización, intelixencia artificial, internet das cousas, nanotecnoloxía, tecnoloxía cuántica) e os relacionados ca economía circular. Estimulando sempre a colaboración entre institucións e organismos de investigación

Ámbito Financeiro

  • Aproveitar os fondos da Unión Europea, aos que se engaden os Fondos Next Generation para mellorar a situación deste colectivo. Amplas vías abren un abano de posibilidades de entrada a mocidade traballadora, polo que é preciso o fomento por parte das políticas públicas na contratación da mocidade, na implantación de proxectos empresariais e nos novos procesos produtivos ligados a novas enerxías, economía circular, etc.

Medidas sector primario

  • Campaña de imaxe positiva con maior valoración sobre as profesións ligadas a agricultura gandería e pesca.

  • Visitas de escolares a granxas avanzadas dende o punto de vista tecnolóxico, que utilicen drons para control de pragas, control remoto de rego, etc. para dar unha imaxe diferente a que se percibe actualmente do sector.

  • Facilitar o acceso á vivenda nas zonas rurais dirixida aos xóvenes

  • Fomentar os postos de traballo asalariados e autónomos nas zonas rurais da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.

  • Fomento da produción de proximidade Km 0

  • Xerar mecanismos facilitadores de uso de terras abandonadas para xerar economías de escala nas explotacións agropecuarias

 

Medidas sector industrial

  • Elaborar un mapa da industria da Eurorrexión identificando as oportunidades de emprego para a mocidade da Eurorrexión.

  • Medidas de relevo xeracional no sector industrial na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, con especial incidencia en profesións máis ofertadas pola industria.

  • Impulsar proxectos na Eurorrexión que opten aos fondos europeos.

  • Impulsar proxectos conxuntos industriais ou de colaboración entre ambas rexións, que completen ciclos produtivos, aproveitamento das sinerxías do tecido industrial.

  • Facilitar a fixación da poboación a través da promoción do emprego industrial

  • Promover a formación e capacitación laboral transfronteiriza con homologacións en ambos países.

  • Axilizar os procesos de apertura de concesións de licencias industriais nos concellos galegos

  • Dispoñibilidade, con suficiencia de oferta e prezo competitivo, de solo industrial nas zonas de maior demanda por parte da industria en Galicia.


 

Medidas turismo

  • Posta en marcha dun programa para o emprego xuvenil no marco do turismo rural, conxuntamente cas asociacións locais de empresas de turismo rural. Incluíndose accións de formación e prácticas relacionadas co uso das TIC, markéting dixital, hostalería e gastronomía, asociacionismo, agricultura e gandería ecolóxica, granxas escola

  • Impulso de proxectos de turismo na Eurorrexión con socios xóvenes de ambas rexións.

Fomento de turismo desestacionalizado na Eurorrexión.

 Medidas mobilidade sustentable

  • Fórmulas de mobilidade local transfronteiriza

  • Ligazón externa para reforzo da competitividade económica

  • Dotar de transporte público tranfronteirizo para favorecer a mobilidade


 LIGAZÓN AO INFORME COMPLETO SOBRE A  ESTRATEXIA DE EMPREGO PARA A MOCIDADE NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
Fuente: UGT-Galicia