UGT-Galicia constitúe a súa Área de acción climática e transición ecolóxica xusta

Fecha: 25 Oct 2023

medioambientearea

UGT-Galicia constitúe a súa Área de acción climática e transiciónn ecolóxica xusta

 

UGT-Galicia constituíu hoxe en Santiago a súa Área de Acción climática e transición ecolóxica xusta que lle permitirá ao Sindicato converterse nun actor clave na transición ecolóxica e traballar para que esta sexa xusta, é dicir, para que non deixe a ninguén atrás. Ter un área a nivel de Galicia permitirá traballar sobre os problemas máis próximos que poden atentar contra o medio ambiente en calquera dos puntos desta Comunidade autónoma e converter así a loita contra as agresións ao medio nun tema transversal para o Sindicato en todas as súas áreas de acción. Por outra banda, permitiá que o afiliado ou afiliada ou a cidadanía en xeral teñan un punto de traballo e encontro no Sindicato en Galicia para analizar, debater, propoñer e traballar en todos os temas relativos ao medioambiente e transición.
 
O Coodinador desta Área será Daniel Fernández e formarán parte da Comisión permanente María Florinda De la Fuente, Carlos Reija, Carmen Fernández, Ángel Fernández, Jacobo Feijoo e Eladio Quenlle.
Fuente: UGT-Galicia