UGT-Galicia apunta como prioridade manter o emprego, unha vez superada a crise sanitaria

Fecha: 02 Abr 2020

A protección por desemprego, con 69.000 persoas en Galicia sen ningún tipo de cobertura, segue a ser insuficiente. Nesta crise non se pode deixar a ninguén atrás

UGT-Galicia apunta como prioridade manter o emprego, unha vez superada a crise sanitaria

Para o que é imprescindible abordar a recuperación sobre unhas bases sólidas de futuro


 

Santiago, 2 de abril de 2020.- Os datos ofrecidos hoxe polo Servizo Público de Emprego amosan a irrupción da pandemia do coronavirus no mercado de traballo. O número de persoas en desemprego aumentou no mes nun 5% (un incremento de 8.252 persoas), mentres o crecemento do paro dende marzo de 2019 chega ao 2,13%. O volume total de desempregados é de 174.481 persoas en Galicia, encamiñándose as cifras ao acontecido na última crise.

Estes datos reflicten a finalización dos contratos temporais e o emprego perdido por despedimentos, individuais ou colectivos, o que constata que moitos empresarios optaron por axustar os cadros de persoal do xeito máis lesivo, en lugar de utilizar outros elementos de flexibilidade e en concreto os expedientes de regulación de emprego temporal, a pesar do acordo dos axentes sociais e o real decreto do Goberno para facilitar e axilizar o seu uso. Para estes traballadores, a decisión do Executivo de dificultar os despedimentos, como reclamaba UGT, chegou tarde.

Ademais, os datos do paro non se puideron beneficiar da campaña de semana santa e moitos traballadores e traballadoras con contratos fixos descontinuos non puideron incorporarse de novo aos seus postos de traballo.

Dadas as circunstancias foi necesario reforzar urxentemente a protección por desemprego, a través de diferentes medidas aprobadas polo Goberno, medidas que UGT xa esixira para protexer ás persoas traballadoras e, especialmente, ás máis vulnerables no mercado laboral.

A pesar do importante esforzo de protección social, a cobertura segue a ser insuficiente. Seguen a estar desprotexidos colectivos moi significativos. En febreiro en Galicia había 69.000 persoas sen ningún tipo de cobertura

Pero, a pesar da progresiva extensión da poboación que realizou nas diferentes normas aprobadas e que se trata do maior esforzo de protección da historia de España, a cobertura segue sendo insuficiente. Seguen estando desprotexidos colectivos moi importantes, e en especial as persoas desempregadas, moitos deles parados de longa duración, que esgotaron ou van esgotar a prestación ou subsidio. Ou os que sexan despedidos por contrato indefinido e non teñan cotizado o tempo suficiente. Lembramos que en Galicia hai 69.000 (últimos datos dispoñibles de febreiro) persoas sen ningún tipo de cobertura. Ademais, a contía e duración dalgunhas prestacións aprobadas son insuficientes. Sen esquecer aos que traballan na economía mergullada. Situación que é especialmente gravosa se se ten en conta o confinamento.

UGT-Galicia lembra que as medidas aprobadas, que supoñen un alivio para algúns dos colectivos vulnerables, responden ás actuacións reclamadas polas organizacións sindicais e que é necesario ir máis aló e seguir avanzando dende o marco do Diálogo Social, para non deixar a ninguén atrás.

UGT reclama unha renda suficiente neste período para os que carezan de emprego, prestación ou calquera tipo de renda de subsistencia

Por todo elo, UGT defende que se adopten as medidas necesarias para garantir unha renda suficiente á poboación durante todo este período excepcional afectado pola pandemia, a todas as persoas que carezan de emprego, prestacións ou calquera tipo de renda de subsistencia. O Sindicato considera que o Goberno ten que asegurar a subsistencia de todas as persoas.

De seguido detállanse os datos concretos, aínda que resulta difícil facer comparacións porque estase ante unha situación excepcional, pero si é certo que reflicten un mercado de traballo fráxil.

Ademais dos datos de paro total e incremento xa detallados, as estatísticas indican que provincialmente hai un aumento das cifras do desemprego superior ao 4% en todas. 69.405 persoas desempregadas na de Coruña, co 4,34%. Aumento do 4,84% en Lugo con 17.053 persoas desempregadas, aumentos máis elevados, do 5,03% en Ourense, con 19.322 persoas desempregadas e a máis afectada, a de Pontevedra con 68.701 persoas no paro, o 5,61%, e en todas elas rachándose tamén a tendencia de contracción de desemprego interanual.

Por sexos, no mes, aumento do paro masculino de xeito máis acusado que o feminino, 5,7% fronte a 4,4%. O desemprego feminino achégase as 100.000 mulleres desempregadas.

Son 8.480 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, aumentando o desemprego nun 8% no mes. Evolución moito máis acusada que a do conxunto de idades.

No mes, ao analizar por sectores de actividade, hai crecementos do 6% na construción, do 5,76% nos servizos (6.619 parados máis neste sector que tería que ter unha forte contracción das cifras no mes), do 4% na industria e en menor medida do 1% no colectivo sen emprego anterior. Tan só o primario resistiu diminuíndo o 1,3%.

Cos datos de marzo compróbase que tan só se realizaron 55.917 contratos, caendo con respecto ao mes anterior en 22,8% e no ano 25,97%. Dende 2014 non se rexistraba neste mes unha cifra tan baixa de contratos.

Non ten moito sentido analizar a porcentaxe de contratación indefinida, a forte caída da contratación, maioritariamente temporal neste mes, fai que haxa unha porcentaxe de contratación indefinida á alza, do 11,43%, nun mes no que a Ponte de San Xosé e a Semana Santa darían un nivel de contratación temporal moi elevada.

A Seguridade Social realiza un estudo del impacto na afiliación desde o 12 de marzo, o que implicaría que cae a afiliación en Galicia o 3,54% e no Estado o 4,65%.


 


 

Fuente: UGT-Galicia