UGT e CCOO publican o manifesto 8M Libres e Unidas, conquistando Igualdade

Un ano máis con motivo do Día Internacional das Mulleres, que se celebra o 8 de marzo, UGT e CCOO publicaron un manifesto no que repasan os avances que se produciron no último ano, denuncian as principais discriminacións que sofren as mulleres, e reafirman o seu compromiso ata conseguir a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Fecha: 27 Feb 2024

banner8m

UGT e CCOO publican o manifesto 8M Libres e Unidas, conquistando Igualdade


Un ano máis con motivo do Día Internacional das Mulleres, que se celebra o 8 de marzo, UGT e CCOO publicaron un manifesto no que repasan os avances que se produciron no último ano, denuncian as principais discriminacións que sofren as mulleres, e reafirman o seu compromiso ata conseguir a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Así, aínda que hoxe traballan máis mulleres que nunca, subsiste unha brecha de xénero na taxa de actividade das mulleres, no emprego e no desemprego. Brechas que se traducen tamén na persistencia da brecha salarial.

Pero si hai un dato alarmante é o que fai referencia á violencia que sofren as mulleres. En 2023 foron asasinadas pola súa parella ou exparella 58 mulleres (unha cada seis días). No manifesto lémbrase ademais que outros feminicidios cobráronse a vida de 47 mulleres, no primeiro semestre de 2023.

O manifesto recolle as principais reivindicacións sindicais. Entre elas, impulsar na negociación colectiva medidas e plans de igualdade; seguir incrementando o SMI ata o 60% da media salarial, aumentar os salarios nos convenios e mellorar as políticas activas de emprego, para garantir a inserción laboral das mulleres e asegurar a súa permanencia no mercado de traballo, prestando especial atención ás que teñen maiores dificultades.

Outra cuestión fundamental é que todas as políticas teñan perspectiva de xénero, en todos os ámbitos e, especialmente, en materia de coidados. Piden dignificar este sector e adoptar políticas de corresponsabilidade efectiva. Reclaman que o permiso parental de 8 semanas sexa retribuído na súa totalidade e máis recursos, infraestruturas e servizos relacionados co coidado (dependencia, maiores, sanidade, servizos sociais).

Reiteran, ademais, a necesidade de acometer os aspectos pendentes do Convenio 189 da Organización Internacional do Traballo (OIT), como o dereito efectivo á negociación colectiva das traballadoras do fogar e a plena implementación do Convenio 190 da OIT ratificado por España, sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo. Trátase de conseguir que os espazos de traballo e as relacións laborais estean libres de violencia.

Por último, no manifesto demándase impulsar unha reforma educativa que integre a igualade e o respecto á diversidade e pídese estender as infraestruturas públicas para atender e coidar á poboación de 0 a 3 anos.

 

MANIFESTO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Fuente: UGT-Galicia
8M