UGT consigue a totalidade dos 27 membros do Comité de empresa de EXTRUGASA

Fecha: 25 May 2018

O 24 de maio celebráronse as eleccións sindicais no grupo empresarial EXTRUGASA situado no concello de Valga para elixir 27 representantes dos traballadores, e onde UGT acadou a totalidade dos 27 representantes a pesares das presións que exerceu a CIG sobre os traballadores aos que lles pedía votaran en branco para que se quedaran sen representantes legais. .

UGT-FICA Pontevedra-Arousa agradece as traballadoras e traballadores a confianza que depositaron nas distintas candidaturas de UGT, que supón avalar a labor desenvolvida durante moitos anos por este sindicato na empresa fora de demagoxias e frentismos que algúns queren impoñer.

Durante os próximos catro anos UGT-FICA Pontevedra-Arousa seguirá loitando para que traballadoras e traballadores de EXTRUGSA sigan avanzando na mellora das condicións de traballo e na conquista de máis dereitos.

Fuente: FICA-UGT Galicia