UGT consigue que se declare nulo o despedimento da presidenta do Comité de Empresa de Sargadelos

A Sentenza recoñécelle á traballadora a readmisión no seu posto de traballo nas mesmas condicións de antes do despido, a percepción dos salarios deixados de percibir e a unha indemnización de 30.000 €

​UGT ven de conseguir que o Xulgado do Social nº 3 de Lugo declararef NULO o despedimento da que foi durante moitos anos Presidenta do Comité de Empresa da Fábrica de Cerámica de Sargadelos, SL e que leva mais de 30 anos como Delegada de UGT naquela fábrica.

A Sra. Mariño Pernas foi despedida despois de cuestionar abertamente decisión do Conselleiro Delegado, Segismundo García Rodríguez, de ordenar traballar todos los días media hora mais, sen retribución, entre outras.

A sentenza acolle a demanda da traballadora -defendida polos Servicios Xurídicos de UGT Galicia- e considera probado que os feitos que se lle imputan para despedila, lonxe de tratarse de incumprimentos contratuais que autoricen semellante decisión, forman parte, precisamente, da función sindical que como representante legal dos traballadores ven desempeñando Rogelia Mariño.

A Sentenza condena á inmediata readmisión da traballadora no seu posto de traballo e nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento, con abono dos salarios deixados de percibir dende o 30 de Decembro de 2016.

Igualmente condena a Fábrica de Cerámica Sargadelos, SL, a Fábrica de Cerámicas o Catro, SL e ao Conselleiro Delegado, Segismundo García Rodriguez, a abonarlle a traballadora una indemnización por danos morais que cifra en 30.000 Euros.​

Fuente: UGT-Galicia