Sube o desemprego feminino e en menores de 25 anos

Fecha: 04 Sep 2017

UGT-Galicia considera que o bo dato do paro rexistrado do mes de agosto en Galicia non pode ocultar os altos índices de rotación laboral e precariedade, eivas que están lastrando ao mercado laboral da nosa Comunidade. Ademáis, a estacionalidade e a precariadeade na contratación non serven para reducir a brecha laboral e de idade, xa que o paro segue a cebarse no colectivo de mulleres e mozos. Por se non fora pouco, as taxas de cobertura por desemprego seguen moi baixas e as prestacións perden o seu carácter contributivo

En agosto de 2017 estiveron 181.125 persoas desempregadas, segundo os datos publicados hoxe polo SEPE. Esta cifra supón un descenso mensual de -746 persoas con respecto a xullo (o -0,41%) e o dato interanual amosa un descenso do 6,17%, é dicir, 11.920 parados rexistrados menos que no mes de agosto de 2016.

No Estado se incrementa o paro rexistrado en 46.400 persoas con respecto ao mes anterior, o que supón un aumento do 1,39%, e con respecto ao mesmo mes do ano anterior o descenso acada 315.172 desempregados menos o -8,52%.

No mes de agosto o paro rexistrado no Servizo público de emprego reduciuse en termos mensuais en 746 persoas, O paro rexistrado é desigual segundo o sexo, descende en 899 no paro masculino e aumenta en 153 no desemprego feminino.

 

 AgostoVariación mesVariación interanual
20070,2-4,2
20082,18,7
20091,228,1
20100,88,3
20110,76,2
2012-1,114,6
2013-1,40,1
2014-1,4-8,0
2015-1,2-9,8
2016-1,2-9,7
2017-0,41-6,17

A redución do desemprego en agosto de 2017 en 746 persoas, céntrase sobre todo no descenso en dous sectores, agricultura, gandería e na construción, e base en contratos temporais e cada vez más precarios.

E non só precariedade nos que están dentro do mercado laboral, senón que a precariedade chega ao desemprego, as prestacións por desemprego cobren pouco máis da metade dos desempregados.

Por sectores, o desemprego rexistrado diminúe en todos os sectores, pero é máis acusado o descenso en construción con 391 desempregados menos e na agricultura e gandaría con 275 desempregados menos.

 

 Paro totalAgricultura/GanderíaIndustriaConstruciónServizosSen emprego anterior
Variación absoluta mes anterior-746-275-28-391-8-44
Variación relativa-0,41-4,33-0,13-2,14-0,01-0,27

O desemprego segue castigando ás mulleres e aos máis xóvenes

O octavo mes do ano descende o desemprego masculino en 899 persoas, o -1,15%, peor evolución ten o paro feminino que se incrementa en 153 persoas en termos absolutos e o 0,15% en termos relativos, en relación ao mes anterior.

Todo isto amosa a maior debilidade da recuperación do emprego feminino e a brecha mulleres-homes en torno ao desemprego, de feito hai unha tendencia clara de aumento do peso feminino no total, acadando nada menos que o 57,2% do desemprego é feminino.

En agosto continuaban como parados rexistrados 8.621 ozos e mozas menores de 25 anos. O desemprego entre os menores de 25 años aumenta no mes de agosto en 81 persoas, o 0,95%, ao contrario do total de idades, o -746 (-0,41% )

Se segue abusando da contratación temporal

Só o 5,66% dos contratos asinados no mes de agosto foron indefinidos; a maior debilidade da recuperación do emprego feminino fronte ao masculino e a extensión da brecha entre homes e mulleres no desemprego; Hai unha clara estacionalidade no mercado laboral, e cada vez máis acusada, 90.305 contratos rexistrados nun mes son temporais, para un mercado laboral no que hai 998.891 cotizantes á Seguridade Social.

É unha boa noticia que o emprego aumente (a afiliación medrou en 2.293 cotizantes) e que descenda o paro. É o esperable nunha economía que medra a un ritmo do 3%, pero Galicia segue amosando unha crise de emprego, cunha taxa de paro do 16,1%, unha crise non só de cantidade, senón especialmente de calidade.

Porque cos datos de agosto ponse de releve que as empresas galegas seguen facendo só contratos temporais, hai un claro abuso da contratación temporal.

No mes de agosto acádase unha cifra total de 95.720 contratos, inferior a do mes de xullo, pero todavía moi elevada. A porcentaxe de indefinidos é tan so do 5,66%, mentras que os temporais acadaron a cifra de 90.305. Dos contratos asinados, o 94,3% foron temporais.

Trátase polo tanto dun emprego moi precario, xa que a gran maioría son contratos temporais.

Baixa e preocupante cobertura de desemprego

Ademais, as prestacións por desemprego continúan baixo mínimos, a taxa de cobertura no mes de xullo (os datos publícanse cun mes de retraso respecto dos de paro rexistrado) é de tan só o 52,3%. É dicir, pouco máis da metade das persoas desempregadas rexistradas no servizo público de emprego reciben algunha prestación, maioritariamente de carácter asistencial (el 60% es de este tipo, fronte a solo un 40% contributiva).

Só o 5,66% dos contratos asinados no mes de agosto foron indefinidos; a maior debilidade da recuperación do emprego feminino fronte ao masculino e a extensión da brecha entre homes e mulleres no desemprego son as eivas que lastran o mercado laboral de Galicia.

Hai unha clara estacionalidade no mercado laboral, e cada vez máis acusada, 90.305 temporais contratos rexistrados nun mes para un mercado laboral no que hai 998.891 cotizantes á Seguridade Social.

O número de beneficiarios de prestacións en xullo de 2017 (último dato dispoñible) foi de 86.644, amosa unha nova caída mensual, -719 beneficiarios menos que en xuño de 2017. A taxa de cobertura foi do 52,3%, deixando fora do sistema de protección por desemprego a máis de 95.227 desempregados.



Fuente: UGT-Galicia