Secretario de Política Institucional

ESTRUCTURA CONFEDERAL > Comisión Ejecutiva


José Carlos Rodríguez Del Rio


Rodríguez Del Rio
Naceu en Vigo, onde reside na
actualidade.
Traballador do metal. Iniciou a súa andaina sindical como
delegado de persoal en Estaleiros Montenegro (M Cíes) en Vigo.
Despois, é elixido secretario de Organización da Federación de Madeira, Construción e Afíns (FEMCA-UGT) en Vigo.
Pasou, en 1984, a ser secretario xeral da Federación provincial de FEMCA-Pontevedra.
Ocupa a Secretaría xeral de FEMCA-UGT-Galicia. É elixido secretario de Organización da federación de Metal, Construción e Afíns (MCA-UGT-Galicia).
Pasa á Secretaría de Política Sindical e Sectorial de MCA-UGT-Galicia. Dende 2006 ata o 2009 ocupou a Secretaría xeral do Sindicato intercomarcal de MCA-UGT-Pontevedra-Arousa-Deza.
No 2009, no X Congreso de UGT-Galicia, accede á Secretaría de Industria e Innovación de UGT-Galicia e no 2013 foii elixido Secretario de Política Institucional e Territorial do XI Congreso de UGT-Galicia.