Os datos do paro constatan a fraxilidade dun mercado laboral precario, estacionalizado e temporal

Fecha: 04 Feb 2020

Case 14.000 afiliados menos á Seguridade Social. Resulta difícil consolidar esta afiliación por mor da temporalidade e estacionalidade

Os datos do paro constatan a fraxilidade dun mercado laboral precario, estacionalizado e temporal

O sector servizos achega a totalidade do paro, unha vez que remata a campaña de Nadal

Santiago, 4 de febreiro de 2020.- Os datos do paro publicados hoxe constatan a fraxilidade dun mercado laboral precario, estacionalizado e temporal. Despois da campaña de Nadal, é o sector servizos o que en Galicia achega a totalidade do desemprego que se resinte dun xeito máis incisivo entre os máis mozos, principais destinatarios destas contratacións en Nadal. Para UGT-Galicia, urxe repoñer os dereitos dos traballadores e derrogar na súa totalidade a reforma laboral que só está a precarizar as condicións laborais. Tamén resultado moi necesario, á vista dos datos de cobertura por desemprego, que se establezan políticas públicas para protexer ás persoas en desemprego vía prestacións, combinando as axudas con medidas activas de emprego, de orientación, formación e inserción.

Así, os datos indican que en Galicia hai 2.447 persoas máis no desemprego en xaneiro, en relación a decembro, o que supón un aumento do 1,48%. En relación a hai un ano, o desemprego baixa nun 4,03%, 7.045 persoas en situación de desemprego menos. Resulta significativo que neste mes a contracción do desemprego, en relación a hai un ano, é a menor dende o ano 2015.

Por sexos, de novo, o incremento do desemprego foi máis acusado no caso das mulleres, nun 1,8%, fronte ao 1% no caso dos homes. No ano, a contracción foi superior no caso das mulleres, nun 4,3%, fronte ao 3,7%. Aínda así, a brecha no desemprego perdura, 72.387 homes en situación de desemprego, fronte a 95.368 mulleres.

Os máis mozos, os menores de 25 anos, tamén se levan a peor parte, cun incremento do desemprego do 2,38%. Isto evidencia que foron moitos os mozos e mozas que durante a campaña de Nadal foron contratados e, unha vez rematada esta, perderon o emprego. Un síntoma máis da fraxilidade, temporalidade e precariedade do mercado laboral galego.

Por sectores, no mes, foi o sector servizos, cun incremento do desemprego do 2,83%, con 3.202 persoas en desemprego máis, o que achegou a totalidade do paro.

De feito, no resto dos sectores o paro caeu no mes de xaneiro. No ano, rexistrouse unha contracción en todos os sectores, máis forte no caso da construción, do 7,5%; no primario, do 7,5%; e na industria, do 6,82%. No sector servizos tamén se produciu un descenso do paro pero cunha caída máis baixa, do 2,8%.

Territorialmente, o paro aumentou no mes en todas as provincias. Nun 2,1% na Coruña; un 1,4% en Lugo; un 1,1% en Pontevedra; e un 0,8% en Ourense.

Os datos facilitado hoxe tamén indican que se fixeron en xaneiro en Galicia un total de 85.856 contratos, un 10,36% máis que en decembro, cun forte aumento da contratación indefinida, dun 50,8%, deixándose ver que as medidas de fomento comezan a mellorar estas cifras. Non obstante, a contratación indefinida en Galicia segue sen chegar ao 10% do total, sitúase non 9,97%.

Hai que protexer máis aos parados

A precariedade afecta fortemente ao desemprego, cunha taxa de cobertura de tan só 62,1 puntos, por debaixo dos 65,4 que se rexistran no resto do Estado. 94.323 persoas beneficiarias de prestación por desemprego. Ademais, trátase dunha cobertura maioritariamente asistencial. As prestacións contributivas representan o 48,3%, o resto son asistencias.

Outro dato negativo que arroxan as estatísticas é o relativo ás afiliacións á Seguridade Social. 1.006.506 en Galicia, un descenso en relación a decembro de 13.753 afiliados. Resulta difícil que coa estacionalidade e temporalidade que imperan se consoliden as afiliacións á Seguridade Social.


 

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS, SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 638033482.


 

GALICIA

Xaneiro 2020

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

167.755

2.447

1,48

-7.045

-4,0

* homes

72.387

721

1,01

-2.799

-3,7

* mulleres

95.368

1.726

1,84

-4.246

-4,3

* mozos e mozas < 25 anos

7.834

182

2,4

-400

-4,9

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.161

-131

-2,1

-498

-7,5

* industria

18.363

-216

-1,2

-1.343

-6,8

* construción

13.846

-239

-1,7

-1.114

-7,4

* servizos

116.181

3.202

2,8

-3.305

-2,8

* sen emprego anterior

13.204

-169

-1,3

-785

-5,6

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (decembro)

94.323

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (decembro)

62,08

Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (decembro)

70.985

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

85.856

8.058

10,4

3.455

4,2

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

8.561

2.885

50,8

363

4,4

* temporais

77.295

5.173

7,2

3.092

4,2

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.006.506

-13.753

-1,3

14.136

1,4

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social


 


 

Fuente: UGT-Galicia