Os datos de paro avalan unha reforma laboral que sigue despregando o seu potencial

UGT reclama ao PP que retire o recurso de inconstitucionalidade contra a reforma laboral que está conseguindo un crecemento económico máis estable, inclusivo e equilibrado

Fecha: 04 Jul 2023

paro xullo 23

Os datos de paro avalan unha reforma laboral que sigue despregando o seu potencial

UGT reclama ao PP que retire o recurso de inconstitucionalidade contra a reforma laboral que está conseguindo un crecemento económico máis estable, inclusivo e equilibrado

Santiago, 4 de xullo de 2023.- Os datos de paro rexistrado publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE) reflicten o dinamismo propio do mercado laboral en plena tempada estival, cun novo aumento da afiliación de 8.145 persoas. Tras varios meses consecutivos rexistrando incrementos, o número total de persoas afiliadas sitúase xa en 1.067.230. Pola súa banda, o desemprego volve caer este mes, concretamente en 5.410 persoas, contabilizando unha cifra total de 129.024, o mellor dato da serie histórica, dende 1996.

En canto á afiliación, dáse un crecemento sostido nos seis primeiros meses do ano, partindo de 1.031.000 e chegando aos 1.067.0000, 36.500 máis. Comparando o primeiro semestre de 2023 co mesmo período de 2022, obtéñense en Galicia 14.500 empregos máis.

O máis destacable é que esta expansión do emprego está a darse a través do emprego de calidade de maneira que a reforma laboral segue, por tanto, despregando todo o seu potencial tras ano e medio desde a súa entrada en vigor, profundando na estabilización e a mellora das condicións laborais das persoas traballadoras. Unha mostra diso é que a temporalidade na afiliación continúa manténdose no mínimo histórico do 14%.

Ademais, o número de contratos indefinidos asinados neste mes continúa ascendendo, realizándose en xuño 22.993 contratos, e chegando a supoñer o 31,34% do total de contratos rexistrados. Así, aínda que o número total de contratos rexistrados é menor en comparación con anos anteriores, isto non é máis que unha mostra da estabilidade na que por fin se instaurou o mercado laboral español, que pasou a asentarse sobre a contratación indefinida e non sobre a concatenación sen fin de contratos temporais de moi curta duración.

Xérase emprego estable e de calidade, os feitos desmontan o discurso do Partido Popular

En definitiva, a estas alturas xa non hai dúbidas do impacto tan positivo que está a ter a reforma laboral sobre a creación de emprego de calidade, permitindo ás persoas traballadoras contar coa seguridade e certeza necesarias para levar a bo termo os seus proxectos de vida. Así o está recoñecendo incluso o Partido Popular, que a rexeitou no seu momento co seu voto en contra no Parlamento, e que estivo descualificándoa e opoñéndose á súa aplicación desde a súa entrada en vigor, mesmo cun recurso de inconstitucionalidade que desde UGT reclamamos que retire de inmediato. Os datos son túzaros, e a indubidable mellora da calidade do emprego que implica a reforma laboral obrigou a rectificar o discurso sobre a mesma do PP, que debe agora acompañar cos feitos.

En conxunto, o dinamismo do emprego e a posta en marcha de políticas públicas de carácter social están a dar paso a un crecemento económico máis estable, inclusivo e equilibrado no tempo. E a mellor proba diso é o feito de que, a día de hoxe, a economía española converteuse nunha das máis sólidas de toda a Unión Europea, crecendo catro veces máis que a media europea e sendo a primeira dos países de maior peso da Eurozona en reducir a inflación por baixo do 2%, o nivel de referencia do Banco Central Europeo.

Radiografía desemprego en Galicia

Concretando os datos que se fan públicos hoxe, en Galicia o desemprego baixou en 5.410 persoas con respecto ao mes anterior (4,02%) e no Estado esta cifra baixou un 1,84%. No ano tamén se rexistrou unha contracción do desemprego, baixando en 11.908 persoas, un 8,5% menos.

Así, o número total de desempregados sitúase en 129.024 persoas, a cifra máis baixa nun mes da serie histórica, dende 1996.

Por idades, entre os menores de 25 anos, o desemprego baixou nun 9,74%, unha evolución máis acusada que no conxunto de idades, o que indica unha mellora de expectativas, e baixou no ano nun 17,95%.

Por sexos, o paro cae en ambos casos, entre as mulleres nun 4,01% e nun 4,04% entre os homes. No ano tamén baixou en ambos casos, o 9,58% entre os homes e o 7,65% entre as mulleres. Aínda así, en termos estruturais, as mulleres seguen a representar o 58,93% do total do desemprego en Galicia. O paro afecta a un total de 76.035 mulleres, fronte a 52.989 homes.

En canto aos sectores, dáse unha baixada do paro en todos. Así, baixou un 3,96% no primario; un 3,13% na industria; o 3,27% na construción; un 2,51% no colectivo sen emprego anterior; e nun 4,42% nos servizos. No ano sucede o mesmo, baixa en todos. Baixa un 15,74% no primario; o 12,15% na industria; o 11,28% na construción; e o 8% no sector servizos; e no colectivo de sen emprego baixa o 1,88%.

Territorialmente, cae o desemprego no mes en todas as provincias, nun 3,1% en Lugo; o 4,52% en Pontevedra; o 4,22% na Coruña; e o 2,42% en Ourense. No ano baixa en todas as provincias, en Lugo nun 8,54%; 9,12% en Pontevedra; 7,95% na Coruña; e o 7,84% en Ourense.

O dato de contratación indefinida é do 31,34%, aínda por abaixo do resto do Estado onde é do 42,3%. Realizáronse en xuño un total de 73.138 contratos en Galicia, menos que no ano anterior pero de moita máis calidade.

Por sectores, destacan as porcentaxes de contratación indefinida na construción, do 70,34%, e do 59,43%, no primario. Tamén foron elevadas, aínda que non tanto, nos servizos, do 30,12%, e na industria, do 23,04%.

En canto á taxa de cobertura, esta sitúase no 64,06%, con 78.523 persoas beneficiarias. Deste total, 40.253 perciben subsidio e a renda activa de inserción, 4.688, ambas importes asistenciais, e tan só 33.582 prestacións contributivas, o 42,8% do total.

A afiliación á Seguridade Social sitúase en 1.067.230 de media mensual, medrando un 0,77% no mes e un 1,78% no ano.


 


 

GALICIA

2023/Xuño

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas Estado

2.688.842

-50.268

-1,8

-191.740

-6,7

Nº persoas paradas

129.024

-5.410

-4,0

-11.908

-8,4

* homes

52.989

-2.232

-4,0

-5.612

-9,6

* mulleres

76.035

-3.178

-4,0

-6.296

-7,6

* mozos e mozas < 25 anos

4.636

-500

-9,7

-1.014

-17,9

Por sectores*

* agricultura

4.271

-176

-4,0

-798

-15,7

* industria

13.298

-429

-3,1

-1.840

-12,2

* construción

9.005

-304

-3,3

-1.145

-11,3

* servizos

90.883

-4.203

-4,4

-7.903

-8,0

* sen emprego anterior

11.567

-298

-2,5

-222

-1,9

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (maio)

78.523

 

(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (maio)

64,1

Por provincias

A Coruña

51.833

-2.286

-4,2

-4.474

-7,9

Lugo

12.182

-388

-3,1

-1.138

-8,5

Ourense

15.100

-375

-2,4

-1.285

-7,8

Pontevedra

49.909

-2.361

-4,5

-5.011

-9,1

CONTRATACIÓN

Nº contratos

73.138

9.723

15,3

-7.204

-9,0

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

22.993

2.014

9,6

-6.802

-22,8

* temporais

50.145

7.709

18,2

-402

-0,8

(%) contratos indefinidos

31,44

 

% Indefinidos primario

57,50

% Indefinidos industria

23,48

% Indefinidos construción

72,71

% Indefinidos servizos

32,03

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Estado

20.869.940

54.541

0,3

521.610

2,6

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Galicia

1.067.230

8.145

0,8

18.707

1,8

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 


 

Fuente: UGT-Galicia