O ano da precariedade no emprego

Fecha: 25 Ene 2018

Osdatos da EPA do cuarto trimestre de 2017 evidencian que, aínda quebaixa o desemprego, a precariedade, con contratos estacionais, altastaxas de emprego parcial de carácter involuntario e paro de longaduración segue a ser a tónica dominante.

Entrando de cheo cos datos, estes evidencian que no cuarto trimestrede 2017, con respecto ao trimestre anterior, dáse unha contracciónda ocupación do 1,56 por cento en Galicia, 16.700 ocupados menos. Enrelación a hai un ano a ocupación mellora un 0,59 por cento nestaComunidade, aínda que moi por debaixo das cifras estatais, do 2,65por cento.

Aínda así, as cifras de ocupación son de 1.055.800 persoas, cunhataxa do 45,2 por cento (49,1 por cento no Estado), moi afastada dosvalores previos á crise, con taxas superiores ao 50 por cento.

MENORDINAMISMO DO MERCADO LABORAL GALEGO

O desemprego aumenta en Galicia no trimestre en 400 persoas, o 0,20por cento. No ano cae o 10,82 por cento en Galicia e o 11,12 porcento no Estado. Hai en Galicia 182.100 persoas en situación dedesemprego, segundo datos da EPA, cunha taxa de paro do 14,7 porcento, fronte ao 16,55 por cento do resto do Estado. Esta diferenza,a favor da Comunidade galega, que podería ser un dato positivoconvértese en negativo porque ven causada polo menor dinamismo domercado laboral galego, inmerso nun profundo cambio estrutural polacaída poboacional, especialmente no eido da poboación activa.

94.600PERSOAS LEVAN MÁIS DUN ANO NA PROCURA DE EMPREGO

A precariedade segue empañada polo paro de longa duración, que xa éunha das principais lacras do mercado laboral galego que amosa a súaincapacidade para darlle o seu sitio a 94.600 persoas que levan máisdun ano en busca de emprego, dos que, 69.000 xa levan máis de dousanos.

Tamén se constata outro dato preocupante, a constante diminución dapoboación en idade de traballar. Hai 13.000 persoas menos no ano enGalicia de 16 ou máis anos e, deste total, 1.400 son menores de 25anos.

UNHATAXA DE ACTIVIDADE DE TAN SÓ 53 PUNTOS

E non só cae a poboación en idade de traballar, tamén aquelaspersoas que xa forman parte ou desexan formar parte do mercadolaboral, baixa a poboación activa en 15.900 persoas e medra ainactiva en 2.900. Isto redunda nunha taxa de actividade en Galiciade tan só o 53 por cento, fronte ao 58,8 por cento do resto doEstado.



66.100VIVENDAS CON TODOS OS ACTIVOS NO PARO E 32.600 SEN INGRESOS. ARECUPERACIÓN NON CHEGA ÁS FAMILIAS

Son moitas as sombras que asolagan o mercado laboral galego e asituación das familias é unha das máis significativas. As vivendasnas que todos os activos están no paro son 66.100 e 32.600 xa nonperciben ingresos. Estes valores seguen a ser insostibles, sobretodo, se se comparan cos que se rexistraban en Galicia a comezos doterceiro trimestre de 2009 (44.800 e 19.700, en cada un dos casos.

Dende UGT-Galicia reitérase que a recuperación non está a chegarás familias.

Por sectores, a ocupación, en relación ao trimestre anterior, caeen todos. Destaca a caída nos servizos en termos absolutos, 8.700persoas. O 52 por cento de toda a caída da ocupación dáse noterciario. En relación a hai un ano, a caída máis forte dáse naconstrución, con 4.500 ocupados menos e no primario, con 4.100ocupados menos. Sen embargo, rexístrase un bo dato na industria,onde medra en 7.800 ocupados.

MULLERESE MOZOS, OS MÁIS PREXUDICADOS

Por sexos, a brecha no desemprego continúa, mentres a taxa de paroentre os homes é do 14,3 por cento, entre as mulleres esta sube atao 15,2 por cento.

Outros dos colectivos que sofre o desemprego con maior intensidadeson os máis mozos, os menores de 25 anos soportan en Galicia unhataxa de desemprego do 35 por cento.

UNHATAXA DE TEMPORALIDADE DO 26,77 POR CENTO

A taxa de temporalidade é en Galicia neste cuarto trimestre do 26,77por cento, moi por enriba do 22,54 por cento que se rexistraba nocuarto trimestre do ano 2013 e tamén algo superior á que se dabahai un ano, do 26,66 por cento.

Os nefastos efectos das reformas laborais seguen aí. Aínda que entermos interanuais medran os asalariados nun 1,66 por cento, osindefinidos só soben un 1,5 por cento e un 2,1 por cento ostemporais. Unha clara mostra da tendencia do mercado laboral cara oemprego temporal.

De feito, se se analiza a duración dos 224.600 contratos temporais,detéctanse datos como que 86.500 durarán menos dun ano, ao que selle sumarían os 1.800 asalariados temporais que din non saber cantodurará o seu contrato pero si que menos dun mes; ou os 75.900 quetamén afirman descoñecer a súa duración, aínda que matizan quemáis dun mes; ou os 13.700 que afirman directamente que descoñecena duración da súa contratación. Esta realidade só pode describirinestabilidade e precariedade.

UGT-Galicia insiste en que o maior movemento das cifras deasalariados con contrato temporal que con contrato indefinido, tantono trimestre como no ano, amosan os niveis de rotación existentes nomercado laboral galego marcado forte temporalidade no emprego.

O 58,1POR CENTO DOS CONTRATOS PARCIAIS SON INVOLUNTARIOS

Outra cifra máis que apunta nesta dirección é a cifra referida aoemprego a tempo parcial que afecta xa ao 13,1 por cento dos ocupados,138.200 persoas. Pero é que deste total, o 58,1 por cento afirma terun contratos a tempo parcial en contra da súa vontade.

A crise e as reformas laborais deixaron como herdanza unhaprecarización do mercado laboral e dos dereitos dos traballadores,producindo un aumento dos niveis de desigualdade.

Urxe outra política centrada nas persoas. Unha política queimplemente un plan de choque polo emprego e reduza o desemprego, quecree emprego de calidade e con dereitos e que mellore os salariospara estimular o consumo e o investimento, para que así chegue arecuperación ao conxunto da sociedade.

Unha política que mellore a protección dos desempregados, sobretodo os de longa duración e os maiores de 55 anos, que están sendoarrinconados, e que reduza os altos niveis de desigualdade eexclusión social que existe neste país.


































































2017/IVT
miles

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.336,3

-3,6

-0,2

-13,0

-0,6

Inactivos

1.098,4

12,8

1,2

2,9

0,3

Homes

474,3

5,3

1,1

6,5

1,4

Mulleres

624,1

7,5

1,2

-3,6

-0,6

Activos

1.237,9

-16,3

-1,3

-15,9

-1,3

Homes

643,3

-7,3

-1,1

-13,5

-2,1

Mulleres

594,6

-9,1

-1,5

-2,4

-0,4

Ocupados

1.055,8

-16,7

-1,6

6,2

0,6

Homes

551,6

-12,8

-2,3

-2,5

-0,5

Mulleres

504,1

-4,0

-0,8

8,6

1,7

Asalariados

838,9

-9,0

-1,1

13,7

1,7

Con contrato indefinido

614,2

4,8

0,8

9,0

1,5

Homes

320,3

4,0

1,3

3,9

1,2

Mulleres

293,9

0,8

0,3

5,1

1,8

Con contrato temporal

224,6

-13,9

-5,8

4,6

2,1

Homes

103,5

-12,3

-10,6

-2,0

-1,9

Mulleres

121,2

-1,4

-1,1

6,7

5,9

Parados

182,1

0,4

0,2

-22,1

-10,8

Homes

91,7

5,5

6,4

-11,0

-10,7

Mulleres

90,5

-5,1

-5,3

-11,0

-10,8

Menores 25 anos

20,3

-1,5

-6,9

-1,2

-5,6

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

73,3

-5,0

-6,4

-4,1

-5,3

Industria

173,3

-2,2

-1,3

7,8

4,7

Construción

65,7

-0,8

-1,2

-4,5

-6,4

Servizos

743,5

-8,7

-1,2

7,0

1,0

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

32,6

-1,00

-3,0

-4,50

-12,1

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

66,1

4,40

7,1

-3,50

-5,0

 

 

 

 

 

 


%

2017/IV

2017/III

2016/IV

 

 


Taxa actividade

53,0

53,6

53,4

 

 


Homes

57,6

58,1

58,4

 

 


Mulleres

48,8

49,5

48,7

 

 


Taxa ocupación

45,2

45,8

44,7

 

 


Homes

49,4

50,4

49,3

 

 


Mulleres

41,4

41,6

40,5

 

 


Taxa desemprego

14,7

14,5

16,3

 

 


Homes

14,3

13,2

15,6

 

 


Mulleres

15,2

15,8

17,0

 

 


Menores de 25 anos

35,0

32,6

36,6

 

 


Taxa temporalidade

26,8

28,1

26,7

 

 


Homes

24,4

26,8

25,0

 

 


Mulleres

29,2

29,5

28,4

 

 




Fuente: UGT-Galicia
EPA