Nova mobilización para esixir o indulto para Carlos e Serafín

Fecha: 11 Ene 2018

Hoxe celeborouse en Pontevedra un acto en solidariedade con Carlos e Serafin e na súa defensa, xa que o único delito que cometeron foi o de defender os dereitos dos traballadores e das traballadoras.

O Secretario Xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, insistiu en que este é un acto en defensa do dereito de folga e en solidariedade cos case trescentos sindicalistas con xuízos abertos ou condenas nos tribunais españois por exercer este dereito fundamental. "Hoxe esiximos una vez mais que o  goberno de España ten que conceder xa ou indulto a Carlos e Serafin por que e de xusticia", dixo e que é necesario "restituír a dignidade e eliminar a ameaza á liberdade" de Carlos e Serafin.

José Antonio Gómez referiuse tamén a que "hoxe esiximos que o Parlamento de España ten que derrogar o apartado 3 do artigo 315 do Código Penal,  un artigo do Codigo Penal dá época de Franco", "un artigo preconstitucional que criminaliza aos sindicalistas e vulnera o lexítimo dereito de folga. E que curiosamente volveuse a comezar a utilizar a instancias da fiscalía cando comenzou a crise e as protestas e folgas aumentaron".

O Secretario Xeral de UGT-Galicia incidiu en que "sobran razons, no Parlamento  hai unha maioría máis que suficiente para que o artigo 315.3 do Código Penal poida ser eliminado e reafírmese o valor do exercicio dun dereito fundamental da Constitución Española como é o exercicio do dereito de folga". "Si se cuestiona o dereito de folga estase debilitando a democracia"​

Fuente: UGT-Galicia