A nova lexislatura debe reforzar a calidade do emprego

O paro de setembro amosa a especial incidencia da reforma laboral no impulso do emprego indefinido

Fecha: 03 Oct 2023

paroset23

UGT-Galicia alerta que o incremento do desemprego é máis significativo en Galicia que no resto do Estado, o Goberno da Xunta debería tomar nota desta realidade

A nova lexislatura debe reforzar a calidade do emprego

O paro de setembro amosa a especial incidencia da reforma laboral no impulso do emprego indefinido


Santiago, 3 de outubro de 2023. Os datos de paro correspondentes ao mes de setembro, publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE), mostran unha evolución do desemprego marcada pola estacionalidade propia do fin do período estival, situando un aumento do paro.

Desta forma, o paro rexistrado crece en 2.918 persoas debido á finalización da tempada alta da campaña de verán, e o número de persoas afiliadas á Seguridade Social baixa en Galicia en 6.799, mentres que no resto do Estado aumenta en 18.296, con motivo do inicio do ano académico e a reapertura de moitas empresas que pechan en vacacións. Tendencia que Galicia non logra manter. Non obstante, en termos xerais, estas tendencias son lixeiramente máis suaves ás rexistradas no mesmo mes de anos anteriores, polo que todo apunta a unha moderación da alta estacionalidade característica do noso mercado laboral. 

En conxunto, o paro rexistrado situouse este mes en 130.643 persoas, 13.466 menos que o mesmo mes do ano anterior, tratándose do dato máis baixo para un mes de setembro desde 1996. Podería dicirse que se mantén o dinamismo do mercado laboral a pesar do difícil contexto económico e político. Non obstante, dende UGT-Galicia alértase que os datos desta Comunidade son peores que os do resto do Estado, tanto en desemprego como en afiliación. 

O que si hai que destacar é que a creación de emprego continúase asentando sobre o emprego de calidade: dos 70.228 contratos rexistrados este mes, 22.050 son indefinidos, supoñendo o 31,40% da contratación; unha cifra que antes da reforma laboral apenas alcanzaba o 10% dos contratos.

É hora de acabar cos problemas do mercado de traballo

Para UGT, unha vez atallado o problema da elevada temporalidade no sector privado, é hora de pasar a resolver outras deficiencias estruturais que aínda continúan enquistadas, impedindo un funcionamento eficiente do mercado de traballo que se traduza nunha mellor calidade de vida das persoas traballadoras. Unha delas é a precariedade laboral que aínda continúan sufrindo miles de persoas nos seus postos de traballo. Algo que, para o sindicato, é totalmente inxustificable para unha economía que pretenda avanzar cara a un modelo de crecemento inclusivo e socialmente xusto a través do emprego de calidade. 

A outra é o desemprego de longa duración, que continúa manténdose en niveis moi elevados, e cuxas causas se atopan nas deficiencias das políticas activas de emprego. Un asunto que, para UGT, non se soluciona coa Lei de Emprego aprobada na anterior lexislatura, en tanto que, entre outros defectos, non prové das ferramentas necesarias para detectar as necesidades das persoas desempregadas, ofrecéndolles un catálogo de ofertas formativas e laborais que directamente non se adecúan ás súas propias traxectorias profesionais. En consecuencia, o 36% das persoas en desemprego o son de longa duración, é dicir, levan máis dun ano buscando emprego.

Por iso, UGT reclama que estas cuestións se poñan no centro do debate político e adquiran a importancia que se merecen na próxima lexislatura, en tanto que toda reforma do marco normativo laboral debe traducirse nunha mellora efectiva da calidade de vida de todas as persoas traballadoras e, por tanto, do conxunto de fogares.

Radiografía desemprego en Galicia

Concretando os datos que se fan públicos hoxe, en Galicia o desemprego subiu en 2.918 persoas con respecto ao mes anterior (2,28%) e no Estado esta cifra aumentou un 0,73%. No ano, pola contra, rexistrouse unha contracción do desemprego, baixando en 13.466 persoas, un 9,34% menos.

Así, o número total de desempregados sitúase en 130.643 persoas, a cifra máis baixa da serie histórica, dende 1996, nun mes de setembro.

Por idades, entre os menores de 25 anos, o desemprego medrou nun 15,27%, unha evolución moito máis acusada que no conxunto de idades, e tamén incrementouse no ano nun 1,85%, contrariamente ao que sucede no resto de idades.

Por sexos, no caso dos homes o desemprego sube no mes un 3,54% e no caso das mulleres nun 1,43%. No ano baixou en ambos casos, o 9,71% entre os homes e o 9,1% entre as mulleres. Dende UGT-Galicia alértase que en termos estruturais, as mulleres seguen a representar o 59,17% do total do desemprego en Galicia. O paro afecta a un total de 77.300 mulleres, fronte a 53.343 homes.

En canto aos sectores, dáse unha subida do paro en todos. Así, sube un 2,69% no primario; un 2,35% na industria; o 0,96% na construción; un 3,76% no colectivo sen emprego anterior, e un 2,2% no sector servizos. No ano baixa en todos, un 13,61% no primario; o 12,44% na industria; o 11,23% na construción; o 10,02% no sector servizos. No colectivo de sen emprego anterior subiu un 4,28%.

Territorialmente, sube o desemprego no mes en todas as provincias. Nun 2,67% en Lugo; o 1,75% na Coruña; e o 1,96% en Ourense; e un 2,85% na de Pontevedra. No ano baixa en todas as provincias, en Lugo nun 9,64%; 9,91% en Pontevedra; 8,71% na Coruña; e o 9,38% en Ourense.

O dato de contratación indefinida segue a ser moi bo, do 31,4%, aínda por abaixo do resto do Estado onde é do 44,8%. Realizáronse en setembro un total de 70.228 contratos en Galicia, menos que no ano anterior pero de moita máis calidade.

Por sectores, destacan as porcentaxes de contratación indefinida na construción, do 72,1%. Tamén foron elevadas, aínda que non tanto, nos servizos, do 32%, na industria, do 21,6%, e no primario, do 26,3%.

En canto á taxa de cobertura, esta sitúase no 68,76%, con 79.969 persoas beneficiarias. Deste total, 37.248 perciben subsidios e 4.446 a Renda Activa de Inserción, o que amosa as dificultades que atravesan moitas persoas desempregadas a pesar de percibir prestacións por ser estas con contías moi baixas.

A afiliación á Seguridade Social sitúase en 1.071.112 de media mensual, descendendo un 0,63% no mes e aumentando un 2,07% no ano.



 

GALICIA

2023/Setembro

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

nº 

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas Estado

2.722.468

19.768

0,7

-219.451

-7,5

Nº persoas paradas

130.643

2.918

2,3

-13.466

-9,3

* homes

53.343

1.826

3,5

-5.735

-9,7

* mulleres

77.300

1.092

1,4

-7.731

-9,1

* mozos e mozas < 25 anos

5.443

721

15,3

99

1,9

Por sectores*

* agricultura

4.126

108

2,7

-650

-13,6

* industria

13.176

303

2,4

-1.872

-12,4

* construción

8.828

84

1,0

-1.117

-11,2

* servizos

92.661

1.993

2,2

-10.313

-10,0

* sen emprego anterior

11.852

430

3,8

486

4,3

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (agosto)

79.969

 

(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (agosto)

68,8

Por provincias

A Coruña

52.429

902

1,8

-5.003

-8,7

Lugo

12.516

326

2,7

-1.335

-9,6

Ourense

15.231

293

2,0

-1.577

-9,4

Pontevedra

50.467

1.397

2,8

-5.551

-9,9

CONTRATACIÓN

Nº contratos

70.228

5.721

8,9

-10.777

-13,3

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

22.050

5.960

37,0

-6.694

-23,3

* temporais

48.178

-239

-0,5

-4.083

-7,8

(%) contratos indefinidos

31,40

 

% Indefinidos primario

26,34

% Indefinidos industria

21,62

% Indefinidos construción

72,06

% Indefinidos servizos

31,99

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Estado

20.724.796

18.295

0,1

544.508

2,7

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Galicia

1.071.112

-6.799

-0,6

21.766

2,1

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones



 



 

Fuente: UGT-Galicia