Nos nove últimos anos Galicia perde o 40% da rede de oficinas financeiras e o 34,80% do emprego no sector

Fecha: 06 Nov 2019

Hai case un ano o sector financeiro de FeSMC-UGT xa denunciaba publicamente a exclusión financeira en Galicia e este feito, tras múltiples fusións, ERE`s e redución de oficinas, conduce, inevitablemente, á diminución tamén de empregos. De feito, se no ano 2010 o emprego no sector financeiro en Galicia ocupaba a 13.000 traballadores (antigas caixas de aforro, bancos e caixas rurais), hoxe, no 2019, esta cifra descende un 34,80%, é dicir, o censo total de traballadores rexistrados é de 8.487 nas distintas entidades que deben dar o mesmo servizo á mesma poboación.

Sirva como exemplo, só o Banco Pastor ocupaba no 2010 preto de 2.000 traballadores. Antes de ser comprado polo Banco Popular e o Santander, posteriormente. Hoxe o censo laboral do Banco Santander en Galicia, despois das eleccións e tras as prexubilacións ata maio, con tres bancos integrados (Banesto, Popular e Pastor), é de 1.916 traballadores.

Dende UGT insístese en que o peche de oficinas nin cesou nin ten visos de cesar. Xa no 2018, no mes de xuño, denunciábase que Galicia perdeu un 40% da súa rede dende o inicio da crise, no ano 2008. Agravando todo isto substancialmente a exclusión financeira que sofre esta Comunidade.

E isto continúa, ao ERE de Caixabank haberá que sumar o do Banco Santander, cunha incidencia en Galicia moi grande (estímase un peche de 135 oficinas). Ademais, haberá que ver tamén a incidencia en peches de oficinas e destrución de emprego coa integración de Banco Caixa Geral en Abanca e Bankia.

Todo isto cando as seis entidades financeiras máis grandes do país declararon uns beneficios en 2018 de 16.676 millóns de euros. Por elo, UGT xa non admite a crise como elemento articulador para continuar destruíndo emprego no sector.

O Sindicato considera que o Goberno e as institucións competentes teñen que intervir, ante o oligopolio que se deixou crear, salvo que queiran seguir sendo cómplices. As entidades financeiras deixaron de ser un servizo á sociedade para converterse en exclusiva nun servizo para aqueles que teñen capacidade de investimento.

En Galicia case o 40% dos concellos só teñen unha ou ningunha oficina (datos 2018). Son preto de 220.000 galegos afectados, o 8% da poboación.

A falta de acceso aos servizos financeiros representa un serio obstáculo para a integración económica e social de calquera persoa. Poderíase pensar que as sucursais son prescindibles porque a día de hoxe pódese operar a través das web das entidades ou as APP`s. Pero a tan profetizada dixitalización non chegou de cheo para todos, a brecha dixital segue sendo tan grande como a brecha económica. En Galicia, cunha alta porcentaxe aínda de poboación no rural e cunha poboación certamente envellecida, esta brecha aínda se fai máis grande.

FeSMC-UGT insiste en que esta situación ten que reverterse xa, a rendibilidade non pode obterse a costa dos custes laborais. Nesta Comunidade desapareceu o 40% da rede de oficinas e a destrución de emprego vai case á par, o 34,80%. Sen embargo, o volume de traballo non baixou na mesma proporción, é máis, o mesmo traballo é desempeñado agora por menos traballadores, incrementándose substancialmente a carga laboral que se suple con grandes presións comerciais pero, sobre todo, cun incremento significativo de horas extras non remuneradas.

Polo tanto, a conclusión desta análise é que o peche de oficinas provoca exclusión financeira; ademais, a brecha dixital e a falta de persoal bancario provoca que en Galicia o mesmo servizo que antes daban numerosas entidades e case 13.000 traballadores, agora o queren suplir cun 40% menos de oficinas, a metade de entidades, e 8.487 traballadores. Todo isto cunha deficiente rede dixital que provoca que a mesma poboación obtén un servizo cada vez peor, agravando ademais a carga laboral con máis tr

Fuente: FeSMC