Hai que acelerar a recuperación sobre as bases dunha transición xusta, para o que é importante preservar o emprego, sen renunciar a combater a precariedade

Fecha: 04 Ago 2020

Hai que acelerar a recuperación sobre as bases dunha transición xusta, para o que é importante preservar o emprego, sen renunciar a combater a precariedade

A pesar da diminución do paro no mes, a magnitude dos efectos da crise sanitaria reflíctese no incremento do desemprego en máis dun 16% no ano


Santiago, 4 de agosto de 2020.- Os datos de xullo publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego e pola Seguridade Social apuntan a unha consolidación do cambio de tendencia que xa se iniciou no mes de maio. A reapertura económica e a nova normalidade marcan unha mellora, aínda que tímida. Se ben é certo que mensualmente mellora o desemprego, a magnitude da crise que xerou a pandemia sanitaria no eido económico e laboral déixase ver nun incremento de máis do 16% do desemprego en relación ao mesmo mes do ano anterior. Precisamente, a alta precariedade e temporalidade do mercado laboral explican a destrución masiva de emprego nun espazo breve de tempo e esixe derrogar a actual normativa laboral que sustenta esta situación.

UGT-Galicia apoia o mantemento dos ERTE e ir reincorporando ós traballadores nas actividades que se reanudaron, primando os axustes en horas e non en empregos

Neste conxuntura, aínda moi fráxil, á vista das estatísticas facilitadas hoxe, UGT-Galicia apoia o mantemento dos ERTE e reclama a necesidade de impulsar a reincorporación dos traballadores nas actividades que se reanudaron, primando os axustes en horas de traballo e non en empregos. Segundo as estatísticas facilitadas hoxe, hai en Galicia a 31 de xullo un total de 41.366 traballadores en ERTE, dos cales 18.645 son homes e 22.721 mulleres.

Así, a cifra de desemprego en xullo en Galicia sitúase en 175.311 persoas, e ca volta á normalidade caen as cifras de desemprego no mes en 9.343 persoas, entrando de cheo na temporada de verán, hai unha contracción do 5,1% con respecto a xuño. Non así no ano, hai un aumento do 16,2% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, un aumento do paro no ano de 24.390 persoas. No Estado no mes cae o paro en 89.849 persoas, unha caída do 2.33%, pero en termos internuais aumenta en nada menos que un 25.3%, situándose a cifra de desempregados en 3.773.034 e aumentando en 761.601 desempregados nun ano.

Tal magnitude de incremento do desemprego en termos interanuais en Galicia, como se comproba no cadro de evolución, non se constataba dende 2012. E, ademais, rómpese a tendencia de descenso anual do paro que se mantiña xa dende o ano 2014.


 

Ano

Xullo

VAR. Mensual 

Var. Interanual

2008

149.318

-2,2

6,7

2009

192.859

-3,7

29,2

2010

209.789

-4,6

8,8

2011

223.000

-4,5

6,3

2012

260.198

-3,3

16,7

2013

261.102

-4,5

0,3

2014

240.279

-4,8

-8,0

2015

216.371

-5,5

-10,0

2016

195.457

-5,7

-9,7

2017

181.871

-4,1

-7,0

2018

163.412

-3,9

-10,1

2019

150.921

-2,8

-7,6

2020

175.311

-5,1

16,2


 

 

 

Galicia

Estado

2020/ Xullo

175.311

3.773.034

Variación absoluta mes anterior

-9.343

-89.849

Variación relativa

-5,06

-2,38

Variación absoluta mesmo mes do ano anterior

24.390

761.601

Variación relativa

16,16

25,29


 

Provincialmente, o paro cae en todos os territorios. No que máis na provincia de Pontevedra, o 6.2%; 5.3% en Lugo; 4.5 na Coruña; e 3% en Ourense. No ano son destacables os aumentos próximos ao 19% na Coruña e en Lugo; un 14.4% na de Ourense e un 13.4% na de Pontevedra.


 

 

Xullo 2020

Var. Absoluta mes

Var. % mes

Var. Absoluta ano

Var. % ano

A Coruña

71.534

- 3.361

-4,5

11.264

18,7

Lugo

17.218

- 962

-5,3

2.731

18,9

Ourense

19.566

- 596

-3,0

2.465

14,4

Pontevedra

66.993

- 4.424

-6,2

7.930

13,4


 

Por idades, son 8.582 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, diminuíndo no mes o paro con máis incidencia que no conxunto de idades, o 9.19%, pero medrando nada menos que o 33.5% no ano.

As mulleres representan o 57,3% do total do desemprego en Galicia

Un mes máis reflíctense nas cifras de desemprego as brechas por xénero. Constátase a mellor evolución do desemprego no mes no colectivo masculino, cunha baixada do 6.92%, fronte ó 4.14% das mulleres. No ano os aumentos son realmente preocupantes, 20.1% de aumento de desemprego masculino e 13.4% do feminino. En termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 57.3% do total do desemprego en Galicia. Hai nada menos que 100.534 mulleres nesta Comunidade no desemprego, fronte a 74.777 homes.

 

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

2020/xullo

8.582

74.777

100.534

Variación absoluta mes anterior

-789

-5.178

-4.165

Variación relativa

-9,19

-6,92

-4,14

Variación absoluta mesmo mes do ano anterior

2.153

12.487

11.903

Variación relativa

33,49

20,05

13,43


 

No mes, ó analizar por sector de actividade, hai diminución do paro en todos, salvo no colectivo de sen emprego anterior. Destaca en termos absolutos a caída do desemprego nos servizos con 7.614 persoas desempregadas menos, o 5.9%, pola temporada de verán, e aínda que hai un mercado contraído algo repercute na diminución do desemprego; e na construción e industria a baixa foi do 5.49% e 4.8%, respectivamente.

No ano o máis prexudicado foi o sector dos servizos co 17.9% máis de desemprego, achegando nada menos que 18.414 persoas desempregadas. Tamén o primario con 18.1% máis de desempregados. Medra en 2.250 na industria, o 13.15%, e nun 12.7% na construción, 1.559 máis. O menor incremento dáse, co 9.3%, no colectivo sen emprego anterior, 1.242 desempregados máis.

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2020/Xullo

175.311

6.045

19.357

13.862

121.372

14.675

Variación absoluta mes anterior

-9.343

-226

-981

-806

-7.614

284

Variación relativa

-5,06

-3,60

-4,82

-5,49

-5,90

1,97

Variación absoluta mesmo mes do ano anterior

24.390

925

2.250

1.559

18.414

1.242

Variación relativa

16,16

18,07

13,15

12,67

17,88

9,25


 

A afectación do mercado laboral é clara con 34.691 contratos menos que hai un ano

Cos datos de xullo compróbase que tan só se realizaron 86.407 contratos, caendo con respecto ao mesmo mes do ano anterior en 34.691 contratos. Con estes datos é clara a afectación no mercado laboral. En xullo do ano pasado realizáronse 121.098 contratos.


 

 

Total contratos

2020/xullo

86.407

Variación absoluta mes anterior

31.993

Variación relativa

58,80

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-34.691

Variación relativa

-28,65


 

En canto á cobertura por desemprego, a taxa supera o 100% debido a que no numerador da fórmula se contabiliza a persoas que están percibindo prestación contributiva por ERTE, pero que non están incluídas no denominador, ó non ser parados rexistrados por continuar a súa relación laboral coa empresa e permanecer en alta laboral. Así, a cobertura de desemprego é do 111% en xuño (último dato dispoñible).

A afiliación sitúase en Galicia no mes de xullo de media en 1.005.668, medra nun 1,93% no mes pero cae con respecto a hai un ano no 3,1%.


 

 

Galicia

Estado

2020/Xullo

1.005.668

18.785.554,30

 

Variación absoluta mes anterior

19.026

161.217

Variación relativa

1,93

0.9

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-31.814

-747.656

 

Variación relativa

-3,07

-3.8


 

 

Xullo/2020

Var. Absoluta mes

Var. % mes

Var. Absoluta ano

Var. % ano

A Coruña

427.182

6.231

1,5

- 15.063

-3,4

Lugo

121.542

2.326

2,0

- 4.207

-3,3

Ourense

101.667

1.658

1,7

- 2.695

-2,6

Pontevedra

355.278

8.810

2,5

- 9.848

-2,7

GALICIA

1.005.668

19.026

1,9

- 31.814

-3,1

Estado

18.785.554,30

161.217

0,9%

-747.656

-3,8%


 


 

Ante a conxuntura descrita, UGT-Galicia considera que urxe impulsar o Acordo asinado entre o Goberno e interlocutores sociais no mes de xullo co fin de acelerar o proceso de reconstrución económica sobre as bases dunha transición xusta dende o punto de vista social e medioambiental.


 


 

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS. TELÉFONO: 638033482.


 

Fuente: UGT-Galicia