FeSP-UGT-Saúde denuncia que o Sergas descoida a seguridade e saúde das traballadoras do CHUS que elaboran os citostáticos (fármacos para o tratamento do cancro)

Dende o ano2012 o Sergas, despois de ter feito unha avaliación de riscos através dos servizos de prevención propios, ten coñecemento de queas 11 enfermeiras que elaboran os medicamentos citostáticos nasáreas de preparación do CHUS, na planta 0 do hospital de día deoncoloxía, e na -4, no servizo de farmacia, fan estas tarefas enhabitáculos que non reúnen as condicións estruturais mínimasesixibles para manipular este tipo de substancias, polo que poñen enrisco a diario a súa saúde.

Nonobstante, e a pesar de ter coñecemento xa dende o 2012 destasituación, o Sergas non fixo nada por solucionar o grave problemaque existe e que pon en risco a saúde das 11 traballadoras. Anteesta inacción e falta de responsabilidade, cúrsase denuncia ante aInspección de Traballo que actúa no 2016 e pon de manifesto denovo, coincidindo coa propia avaliación do Sergas, que as áreas detraballo non reúnen as condicións estruturais para ser destinadas ápreparación de citostáticos, entre outras circunstancias porque:

NUMEROSASDEFICIENCIAS DETECTADAS

Nonexisten tres áreas de traballo diferenciadas independentes (almacén,esclusa e sala de cabinas).

Constátaseclimatización deficiente e acumulación de material.

AInspección tamén constata e denuncia que a saída de aire da CBSvai directamente ao patio interior do servizo de farmacia á alturada planta -4 e tamén se observa un acceso restrinxido inaxeitado.

Istoen canto á área de preparación de citostáticos da planta -4, encanto á 0, no hospital oncolóxico de día, tamén se atopan seriasdeficiencias:

Oacceso restrinxido tamén é inaxeitado; a esclusa non é a adecuadaporque non garante a estanquidade con respecto a áreas adxacentes; aclimatización de novo é deficiente porque é común para toda azona do hospital de día e tamén se constata unha acumulación dematerial na sala das cabinas deficiente e inadecuada.

Peroé que a isto súmaselle que ambas áreas de traballo taménpresentan carencias no relativo aos equipos de traballo por unprotocolo de mantemento deficiente; en canto á limpeza non se cumpretampouco o protocolo; ademais, obsérvase a adopción de posturasforzadas no traballo en cabinas e un nivel de iluminacióninsuficiente.

XA NO 2012 O SERGASPROPÓN MEDIDAS CORRECTORAS QUE NUNCA CHEGA A IMPLEMENTAR

Noseu momento, o propio servizo de prevención do Sergas xa propuxounha serie de medidas correctoras:

Unplan funcional de innovación do servizo, onde se redeseñaban osespazos e necesidades técnicas e de infraestruturas, centralizandonunha soa unidade a preparación de citostáticos. Ademais disto,propoñíase a reorganización de funcións e distribución dotraballo na área de preparación de mesturas intravenosas estériles,incluíndo a correspondente a medicamentos citostáticos.

Nonobstante, a Inspección constatou na súa visita que ningunha destasmedidas fora implementada e que todo seguía igual que no 2012. Defeito, a Inspección lémbralle ao Sergas que a parte empresarial tena obriga de realizar a pertinente avaliación de riscos onde seidentifiquen estes e, segundo os resultados, adoptar as medidasnecesarias para corrixir os riscos no caso de ser detectados.

O SERGAS INCUMPRE ALEI

Asío establece a Lei de Prevención de riscos laborais, polo que, ávista dos feitos, o Sergas está incumprindo dun xeito fragrante aLei, polo que a Inspección xa en xuño de 2016 dáballe un prazo deseis meses para resolver os problemas detectados que poñían enserio risco a saúde das traballadoras.

Pasadoeste período, a Inspección comprobou que o Sergas fixera oídosxordos e non resolvera as deficiencias detectadas, polo que, ante aimposibilidade de seguir actuando, derivou o caso á AdministraciónAutonómica, onde está a día de hoxe.

OS ENREDADOS CAMIÑOSBUROCRÁTICOS E ADMINISTRATIVOS DEIXAN NO LIMBO A SAÚDE DE 11TRABALLADORAS DO CHUS

Comose pode observar, esta situación leva navegando dun lado para outrodende o 2012 e, mentres tanto, as afectadas teñen que desenvolver oseu traballo a diario nunhas condicións que no son as máisaxeitadas e que poñen en risco a súa saúde.

Nestecaso, como en moitos outros, os enredados camiños burocráticos eadministrativos deixan no limbo a saúde de 11 traballadoras do CHUSe FeSP-UGT considera que xa chegou a hora de que o Sergas asuma assúas responsabilidade e poñan enriba da mesa as medidas necesariaspara garantir a protección da saúde destas traballadoras que nonpoden agardar máis.

OS CITOSTÁTICOS SONMEDICAMENTOS CON EFECTOS CARCINOXÉNICOS, MUTAXÉNICOS ETERATOXÉNICOS SE AS CONDICIÓNS DE MANIPULACIÓN NON SON ASAXEITADAS

Haique lembrar os graves riscos ocupacionais que entraña a manipulaciónde medicamentos citostáticos -amplamente utilizados no tratamento docancro e, en menor medida doutras enfermidades non oncolóxicas- senon se seguen as normativas establecidas. Trátase de medicamentosque posúen efectos carcinoxénicos, mutaxénicos e teratoxénicos,de tal maneira que os traballadores e traballadoras poden estarexpostos durante a súa preparación para os efectos dos mesmos e,pola súa alta toxicidade, poden ser prexudiciais para o persoal queos elabora ou para o medio no que se preparan, por iso é polo que abioseguridade na súa elaboración sexa un elemento primordial.

Pola súa natureza, os axentes citostáticos estánafectos ao establecido no Real Decreto 665/1997, polo que seestablecen as disposicións mínimas aplicables ás actividades nasque os traballadores estean ou poidan estar expostos a axentescanceríxenos ou mutáxenos como consecuencia do seu traballo,normativa moi esixente respecto das medidas de prevención de riscosa adoptar para a protección dos traballadores e traballadorasexpostos a este tipo de axentes.



De conformidade co establecido no mesmo, entreoutras cuestións, o empresario garantirá unha vixilancia adecuada eespecífica da saúde dos traballadores en relación cos riscos porexposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos, resultando deaplicación ao colectivo de traballadores afectados o protocolo devixilancia da saúde fronte á exposición a axentes citostáticos.Por outra banda, establécese no propio Real Decreto 665/1997 que ostraballadores dispoñerán de lugares separados para gardar demaneira separada as roupas de traballo ou de protección e as roupasde vestir, así como dispoñer dentro da xornada laboral, de dezminutos para o seu aseo persoal antes da comida e outros dez minutosantes de abandonar o traballo.

ADEMAIS, FeSP-UGT ACABA DE DENUNCIAR ANTE AINSPECCIÓN QUE AS TRABALLADORAS NON DISPOÑEN DOS DEZ MINUTOS PARA OSEU ASEO ANTES DA COMIDA OU ANTES DE ABANDOAR O TRABALLO QUEESTABLECE A LEI POR MANIPULACIÓN DESTE TIPO DE SUBSTANCIAS. TAMPOUCODISPOÑEN DE TAQUILLA DOBRE

Non obstante o anterior, por parte do Sergastampouco se facilita ás traballadoras expostas a este tipo de riscosesta vixilancia da saúde específica, cos consecuentes prexuízospara unha adecuada xestión de prevención de riscos laborais destecolectivo profesional, así como tampouco dispoñen de dobretaquilla, nin dos 10 minutos para o seu aseo persoal antes da comidae outros dez minutos antes de abandonar o traballo, aspectos estesque xa foron denunciados ante a Inspección de Traballo e SeguridadeSocial.



O VOCEIRO DESTE TEMA É RAFA VÁZQUEZ,DELEGADO DE FESP-UGT-SANIDADE NO CHUS. TELÉFONO: 696448733.​