É imprescindible impulsar a protección por desemprego e derrogar a reforma laboral

Fecha: 28 Jul 2020

O número de inactivos medrou en Galicia en 50.100, o que evidencia que moitos dos traballadores que perderon o seu emprego a EPA pasa a consideralos inactivos

É imprescindible impulsar a protección por desemprego e derrogar a reforma laboral

As vivendas en Galicia no segundo trimestre do ano 2020 nas que todos os activos están no paro son 57.100 e 38.900 carecen de ingresos


 

Santiago, 28 de abril de 2020.- A Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao segundo trimestre de 2020, publicada hoxe polo INE, mostra que a pandemia está a ter dramáticas repercusións sobre o mercado laboral en Galicia. O paro aumentou en 137.300 persoas no Estado no ano, en Galicia en 2.100 no ano. Con todo, é probable que moitos traballadores que perdesen o seu emprego clasificáronse como inactivos (o seu número creceu en 1.411.100 no ano no Estado, e en Galicia en 50.700) debido a que non puideron cumprir coas condicións de busca de traballo, basicamente polo confinamento ou por situacións como non estar dispoñible por razóns de coidado de persoas dependentes, que a definición de paro da EPA determina para que sexan considerados parados.

No Estado tamén diminúe o número de ocupados en 1.074.000 persoas no segundo trimestre de 2020 respecto ao trimestre anterior (un -5.46%) e se sitúa en 18.607,200. En Galicia cae a ocupación en 32.600 persoas no trimestre, unha caída do 3%, e se sitúa a ocupación en 1.050.400 persoas.

No ano caen os ocupados en 1.197.700 no Estado, o 6,05%, e en Galicia 48.400 menos, o 4.4% de caída. A taxa de paro no Estado é do 15.33%, 3.368.000 parados, en Galicia hai 142.500 parados, o 11.9%.

A taxa de paro, do 11,9%, non amosa a realidade porque moitos parados considéranse inactivos

Non obstante, a taxa de paro non amosa a realidade, moitos parados considéranse inactivos


 

 

Taxa de actividade

Taxa de paro

2008

54,8

8,6

2008/I

54,1

8,3

2008/II

54,6

8,2

2008/III

55,2

8,3

2008/IV

55,0

9,6

2009

54,8

12,4

2010

54,2

15,3

2011

54,8

17,3

2012

55,0

20,5

2013

54,2

22,0

2014

53,8

21,7

2015

53,5

19,3

2016

53,5

17,2

2017

53,3

15,7

2018

53,3

13,3

2018/I

53,0

15,1

2018/II

53,6

14,0

2018/III

53,5

12,2

2018/IV

53,0

12,0

2019

53,1

11,8

2019/I

52,9

12,5

2019/II

53,1

11,3

2019/III

53,5

11,5

2019/IV

53,1

11,7

2020/I

53,0

12,6

2020/II

51,0

11,9


 

Por sexos, as taxas de paro sitúanse no 11,5% nos homes e no 12.4% nas mulleres. Entre os máis mozos, a taxa de desemprego elévase ata o 34,2% .

A situación dos fogares está a ser moi difícil. As vivendas familiares nas que todos os activos están no paro son 57.100 e 38.900 vivendas familiares sen perceptores de ingresos. Estas dúas variables seguen en valores insostibles comparados cos iniciais do terceiro trimestre do ano 2009 (44.800 e 19.700, respectivamente).

O modelo produtivo baseado na estacionalidade e temporalidade, cunha clara incidencia nos servizos, é o máis afectado pola crise

Por sectores, dáse unha forte contracción de emprego nos servizos, 19.200 ocupados menos con respecto ao trimestre precedente e 58.500 menos con respecto ao mesmo trimestre anterior, nos restantes caídas tamén no trimestre de xeito acusado, non así no ano. Era evidente que o modelo produtivo baseado na estacionalidade e temporalidade, cunha clara incidencia no sector servizos, ía ser o mais afectado polo crise actual.

En miles

Total

Agricultura e pesca

Industria

Construción

Servizos

II Trimestre 2020

1.050,40

66,4

183,5

71,9

728,6

Variación trimestre anterior

-32,7

-1,6

-7,4

-4,5

-19,2

Variación relativa

-3,0

-2,4

-3,9

-5,9

-2,6

Variación absoluta mismo trimestre anterior

-48,3

-0,7

6,1

4,8

-58,5

Variación relativa

-4,4

-1,0

3,4

7,2

-7,4

 

Ademais, hai en Galicia 850.000 persoas asalariadas, contraéndose no trimestre en 22.100 e no ano en 26.200.

A taxa de temporalidade afecta a máis da quinta parte da poboación asalariada. Moitos empregos temporais non puideron acollerse ás medidas para conter a caída do emprego, o que amosa unha das principais debilidades do noso mercado laboral, a forte inestabilidade pola reforma laboral que sofren os traballadores con contratos temporais

A taxa de temporalidade segue manténdose en máis da quinta parte da poboación asalariada, aínda que diminúe, segue presente e iso que o emprego temporal cae en 30.800 persoas no trimestre con respecto ao trimestre anterior. En termos interanuais, tamén se produce unha caída do emprego temporal de nada menos que 45.700. Moitos empregos temporais non puideron acollerse ás medidas aplicadas para conter a caída do emprego, sendo unha das principais debilidades do noso mercado laboral, a forte inestabilidade que sofren pola reforma laboral os traballadores e traballadoras con contratos temporais.

 

Taxa de temporalidade

Total

Homes

Mulleres

2019/I

25,8

24,5

27,2

2019/IV

25,9

23,9

28,0

2020/I

25,1

22,7

27,6

2020/II

22,1

19,7

24,6

Fonte: Elaboración propia UGT Galicia a partir dos datos da EPA do IGE


 


 


 

 

2020 / II trimestre

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.338,8

0,2

0,0

4,5

0,2

Inactivos

1.145,9

47,1

4,3

50,7

4,6

Homes

493,6

22,4

4,8

20,3

4,3

Mulleres

652,3

24,7

3,9

30,4

4,9

Activos

1.192,9

-46,9

-3,8

-46,2

-3,7

Homes

624,6

-22,1

-3,4

-18,3

-2,8

Mulleres

568,3

-24,8

-4,2

-27,9

-4,7

Ocupados

1.050,4

-32,6

-3,0

-48,4

-4,4

Homes

552,8

-22,0

-3,8

-21,2

-3,7

Mulleres

497,6

-10,6

-2,1

-27,2

-5,2

Taxa parcialidade

13,3

-0,6

 

-1,2

 

%Parcialidade involuntaria

47,9

-5,1

 

-5,9

 

Asalariados

850,0

-22,1

-2,5

-26,2

-3,0

Con contrato indefinido

662,0

8,7

1,3

19,6

3,1

Homes

348,5

2,6

0,8

19,1

5,8

Mulleres

313,5

6,1

2,0

0,4

0,1

Con contrato temporal

188,0

-30,8

-14,1

-45,7

-19,6

Homes

85,7

-15,8

-15,6

-28,4

-24,9

Mulleres

102,3

-14,9

-12,7

-17,3

-14,5

Parados

142,5

-14,3

-9,1

2,1

1,5

Homes

71,8

-0,1

-0,1

2,9

4,2

Mulleres

70,7

-14,2

-16,7

-0,7

-1,0

Menores 25 anos

16,6

1,2

7,8

1,7

11,4

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

66,4

-1,6

-2,4

-0,7

-1,0

Industria

183,5

-7,4

-3,9

6,1

3,4

Construción

71,9

-4,5

-5,9

4,8

7,2

Servizos

728,6

-19,2

-2,6

-58,5

-7,4

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

38,9

6,2

19,0

12,5

47,3

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

57,1

-0,1

-0,2

4,9

9,4

 

 

 

 

 

 

%

2020/II

2020/I

2019/II

 

 

Taxa actividade

51,0

53,0

53,1

 

 

Homes

55,9

57,8

57,6

 

 

Mulleres

46,6

48,6

48,9

 

 

Taxa ocupación

44,9

46,3

47,1

 

 

Homes

49,4

51,4

51,4

 

 

Mulleres

40,8

41,6

43,1

 

 

Taxa desemprego

11,9

12,6

11,3

 

 

Homes

11,5

11,1

10,7

 

 

Mulleres

12,4

14,3

12,0

 

 

Menores de 25 anos

34,2

28,0

26,9

 

 

Taxa temporalidade

22,1

25,1

26,7

 

 

Homes

19,7

22,7

25,7

 

 

Mulleres

24,6

27,6

27,6

 

 


 

Para UGT-Galicia, resulta imprescindible reconstruír o noso país aplicando medidas económicas e laborais que protexan ás persoas que perderon o emprego, seguen sen poder acceder a un ou se viron afectados por unha redución de ingresos. Neste sentido, a extensión das medidas de axuste temporal (ERTE) son fundamentais para salvagardar a existencia das nosas empresas, os empregos e o tecido produtivo do noso país.

Ademais, o sindicato considera fundamental volver impulsar as mesas de diálogo social para retomar as negociacións aparcadas pola crise do coronavirus, como a necesidade de derrogar a reforma laboral e substituíla por un acordo entre os axentes sociais. Ademais, é imprescindible abrir xa as mesas de diálogo social asinadas hai unhas semanas, como as do automóbil ou as do sector turístico, e adoptar unha serie de políticas que sitúen a recuperación como unha oportunidade para cambiar o noso modelo produtivo e de benestar social. Neste sentido, é necesario un pacto pola industria, tomando como marco o alicerce europeo de dereitos sociais e realizar unha transición xusta e os obxectivos de desenvolvemento sostible.


 

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS. TELÉFONO: 638033482.



 

EPA